Wulfingas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Ylfing"
 
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Monarcas mediante HotCat
Liña 57: Liña 57:
== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

[[Categoría:Monarcas]]

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2016 ás 12:26

A armada de Ylfing, unha ilustración dos poemas sobre Helgi Hundingsbane.

Ylfing, Wulfing ou Wylfing foi un poderoso clan familiar que aparece nos poemas Beowulf, Widsith e as sagas nórdicas. Mentres o autor de Beowulf non cita expresamente a orixe da dinastía, as fontes escandinavas citan a súa posición dominante como gobernantes viquingos de Östergötland, a terra dos gautas orientais.[1]

Etimología

A palabra con w inicial perdeuse antes que as vocais abertas en protonórdico: wulf corresponde a ulf, e Wulfing/Wylfing corresponde a Ylfing, porque a letra i na segunda sílaba provoca un umlaut na primeira sílaban u->y. O nome significa o "clan do lobo".

Lenda

A dinastía Ylfing xoga un papel moi importante en Beowulf cando o pai do heroe (Beowulf) , Ecgþeow, do clan Wægmunding é asasinado por un dos seus homes e foi desterrado por non pagar o wergeld (compensación). O rei de Dinamarca Hroðgar, quen casou con Wealhþeow (muller de orixe Wulfing), pagou o wergeld, e cando Beowulf chegou á corte danesa para matar a Grendel, Hroðgar interpretouno como gratitude de fillo.

As fontes en nórdico antigo, o clan ostenta protagonismo en Heimskringla e Sögubrot af nokkrum fornkonungum. Hjörvard e o seu fillo Hjörmund pertencen ao mesmo. Tamén se menciona en Hyndluljóð e Skáldskaparmál onde Eiríkr o Sabio era un dos seus membros. Pero o máis famoso de todos eles foi probablemente Helgi Hundingsbane, quen dispón de poemas dedicados á súa figura Helgakviða Hundingsbana I e Helgakviða Hundingsbana II, Edda poética, e cuxa historia tamén aparece na saga Völsunga.

A finais do século XIX argumentouse que os Wulfing podía ser sinónimo da dinastía Wuffing do reino de Estanglia, e o clan Helmingas con 'Helmingham' en Norfolk e Suffolk, ambas as prazas foron ocupadas durante a invasión anglosaxoa de Gran Bretaña no período de migracións durante os séculos V e VIN.[2] Dita teoría foi rebatida, pero recentemente volveuse a resucitar como argumento sobre a identidade de Hroðmund.[3][4]

No primeiro poema (Helgakviða Hundingsbana I), Sinfjotli ten a súa residencia en Brávellir (ver Batalla de Brávellir). Estrofa 42:

Sinfiotli qvaþ:
«Þv vart brvþr Semente
a Bravelli,
gvllbitlvþ vart
gor til rasar;
hafda ec þer moþri
mart sceiþ riþit,
svangri vnd sa/þli,
simvl! forbergis.»
Sinfjotli dixo:
"Ti fuches a noiva do cabalo Grani
ti estiveches en Brávellir;
suxeito a unha brida de ouro,
e estabas preparado para correr;
Cabalgueiche costa abaixo
a miúdo,
esvelto, como eras,
baixo a sela de montar"

Helgi Hundingsbane reside en Hringstaðir (posiblemente a moderna Ringstad, e antiga praza real da mesma chaira).

En Heimskringla, Högni era caudillo de Östergötland. As lendas sobre Helgi mencionan que Högni perdeu o trono a favor Helgi Hundingsbane. Doutra banda, Sögubrot cita a Ivar Vidfamne, quen deu o trono dos gautas orientais a Hjörmund, fillo de Hjörvard, tras a morte do infame Ingjald:

Hann setti konunga ok jarla ok lét ser skatta gjalda; han setti Hjörmund konung, on Hervardar Ylfings, yfir Eystra-Gautland, er átt hafði faðir hans ok Granmarr konungr.

Pero isto contradi a lenda Helgi Hundingsbane e Heimskringla onde a dinastía xamais perdeu Östergötland, a menos que Ivar matase a Högne ou Helgi Hundingsbane antes de dar o trono a Hjörmund.

Ylfing

Algúns dos Ylfing máis coñecidos son:

  • Helm Wulfingum ("Temón dos Wulfings", aparece en Widsith).
  • Heaðolaf (Beowulf)
  • Helgi Hundingsbane (Edda, saga Völsunga e Norna-Gests þáttr)
  • Hjörvard (Heimskringla e Sögubrot)
  • Hjörmund (Heimskringla e Sögubrot)
  • Högne (Heimskringla)
  • Hildur, fillo de Högne (Heimskringla)
  • Eric o Sabio (Skaldskaparmal e Hyndluljóð)
  • Rikiwulf ("Lobo rico e poderoso"), asentouse na Flandes en 876 (preto da actual Tielt, onde construíu Rikiwulfinga-haim).
  • Wealhþeow, reina consorte do rei danés Hroðgar, (Beowulf)

Notas

  1. Det svenska rikets uppkomst
  2. Englische Studien
  3. G. Jones
  4. ISBN 9780859914727