Soraya Sáenz de Santamaría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 35: Liña 35:
| almamáter = [[Universidade de Valladolid]]
| almamáter = [[Universidade de Valladolid]]
| sitioweb =
| sitioweb =
| twitter =
| twitter = Sorayapp
| facebook =
| facebook = sorayasaenzdesantamaria
| sinatura =
| sinatura =
}}
}}

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2016 ás 16:07

María Soraya Sáenz de Santamaría Antón
Soraya Sáenz de Santamaría

Actualmente no cargo
Dende o 21 de decembro de 2011
Precedido por Elena Salgado

Actualmente no cargo
Dende o 21 de decembro de 2011
Precedido por Ramón Jauregui

21 de decembro de 2011 – 3 de novembro de 2016
Precedido por José Blanco
Sucedido por Íñigo Méndez de Vigo

Actualmente no cargo
Desde o 17 de maio de 2004

Datos persoais
Nacemento 10 de xuño de 1971 (52 anos) España Valladolid, España
Partido Partido Popular
Profesión Avogada do Estado e profesora de Dereito administrativo
Alma máter Universidade de Valladolid

Na rede
Twitter: Sorayapp Dialnet: 1195515 Editar o valor em Wikidata

María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nada en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Desde o 22 de decembro de 2011 é vicepresidenta e ministra da Presidencia do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy.

Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.

Biografía

Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.[1] Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.[2]

Casou, polo civil e en Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.[3] O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).[4]

Carreira política

En 2000, xa avogada do Estado, iniciouse en política como asesora xurídica do entón ministro Mariano Rajoy,[5] ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.

É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[6]

Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.

Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.

O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.[7]

Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.[8]

O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e portavoz do executivo presidido por Mariano Rajoy.[9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Predecesor:
Eduardo Zaplana
 
Portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados de España
 
2008 - 2011
Sucesor:
Alfonso Alonso
Predecesor:
Elena Salgado
 
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España
 
2011 -
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Ramón Jáuregui
 
Ministra de Presidencia de España
 
2011 -
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
José Blanco
 
Portavoz do Goberno de España
 
2011 -
Sucesor:
No cargo