Socialismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Petillés (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Petillés (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:


* [[Socialismo utópico]] (relacionado co [[anarquismo]]).
* [[Socialismo utópico]] (relacionado co [[anarquismo]]).
* [[Socialismo democrático]] (relacionado ca [[socialdemocracia]]).
* [[Socialismo democrático]] (relacionado coa [[socialdemocracia]]).
* [[Socialismo científico]] (relacionado co [[marxismo]] e a [[socialdemocracia]]).
* [[Socialismo científico]] (relacionado co [[marxismo]] e a [[socialdemocracia]]).
* [[Socialismo cristián]].
* [[Socialismo cristián]].

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2016 ás 22:44

O socialismo é unha denominación xenérica dun conxunto de teorías socioeconómicas, ideoloxías e prácticas políticas que postulan a abolición das desigualdades económicas, sociais e políticas entre as clases sociais e a intervención do Estado en materia económica.

Orixe

O socialismo naceu como reacción ao capitalismo na primeira metade do século XIX xurdido do liberalismo económico e político, baseado na propiedade privada dos medios de produción, na explotación do proletariado e que determinaba que o Estado non debía intervir en cuestións sociais e económicas, o que se traducía na práctica no dominio do débil polo forte. A medida que aumentaba o seu número e a súa miseria aumentou a súa conciencia de clase e se comezou a pensar en facer o mesmo que fixera a burguesía para conseguir o poder, unha revolución que lle dera o poder para conseguir a igualdade social. Foi en Gran Bretaña, o país máis industrializado de Europa onde máis forza tivo o pensamento socialista ao principio, Robert Owen foi un dos primeiros teóricos do socialismo. En Francia Louis Blanc foi outros dos teóricos socialistas da primeira época. Pero o máis importante dos pensadores socialistas do XIX apareceu en Alemaña foi Karl Marx, as súas obras constituíron a base do soporte teórico da ideoloxía socialista e a el débeselle a teorización de que a riqueza debe quedar nas mans do obreiro que a produce e que unha revolución obreira levaría a unha sociedade xusta e libre, na cal cada cidadán daría en función das posibilidades e recibiría en función das súas necesidades.

Karl Marx foi o principal ideólogo do socialismo

Socialismo e socialdemocracia

O socialismo é, ás veces, confundido coa socialdemocracia xa que, hoxe en día, a maioría dos partidos políticos europeos que eran na súa orixe socialistas defínense agora coma socialdemócratas. Sucede así, por exemplo, en España, co Partido Socialista Obrero Español, ou en Francia co Partido Socialista.

Existen diversos tipos de socialismo, entre os que podemos destacar os seguintes:

Véxase tamén

Outros artigos