Zona húmida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1: Liña 1:


[[Ficheiro:Pantanos de Centla 03.JPG|miniatura|[[Pantanos de Centla]], en [[Tabasco]], [[México]]: a zona húmida máis extensa de [[América do Norte|Norteamérica]] e unha das 15 máis importantes do mundo.]]
[[Ficheiro:Pantanos de Centla 03.JPG|miniatura|[[Pantanos de Centla]], en [[Tabasco]], [[México]]: a zona húmida máis extensa de [[América do Norte|Norteamérica]].]]
[[Ficheiro:Wetland-marshall-county-indiana.jpg|miniatura|Pequena zon a húmnida no condado Marshall, [[Indiana]], [[Estados Unidos]].]]
[[Ficheiro:Wetland-marshall-county-indiana.jpg|miniatura|Pequena zon a húmida no condado Marshall, [[Indiana]], [[Estados Unidos]].]]


Unha '''zona húmida''' é unha zona de terras, xeralmente planas, cuxa superficie se inunda de maneira permanente ou intermitentemente. Ao cubrirse regularmente de auga, o solo satúrase, quedando desprovisto de [[oxíxeno]] e dando lugar a un [[ecosistema]] híbrido entre os puramente [[auga|acuáticos]] e os [[terra|terrestres]].
Unha '''zona húmida''' é unha zona de terras, xeralmente planas, cuxa superficie se inunda de maneira permanente ou intermitentemente. Ao cubrirse regularmente de auga, o solo satúrase, quedando desprovisto de [[oxíxeno]] e dando lugar a un [[ecosistema]] híbrido entre os puramente [[auga|acuáticos]] e os [[terra|terrestres]].


A categoría [[bioloxía|biolóxica]] da zona húmida comprende zonas de propiedades [[xeoloxía|xeológicas]] diversas: [[braña (terreo)|brañas]], {{Dic|lameiro}}s, [[estuairo]]s, [[marisma]]s, [[pantano]]s, [[turbeira]]s, así como as zonas de [[costa (xeografía)| costa marítima]] que presentan anegación periódica polo réxime de [[marea]]s (fondo das [[ría]]s e [[manglar]]es, entre outros).
A categoría [[bioloxía|biolóxica]] da zona húmida comprende zonas de propiedades [[xeoloxía|xeológicas]] diversas: {{Dic|braña}}s, {{Dic|lameiro}}s, [[estuario]]s, {{Dic|marisma}}s, [[pantano]]s, [[turbeira]]s, así como as zonas de [[costa (xeografía)| costa marítima]] que presentan anegación periódica polo réxime de [[marea]]s (fondo das [[ría]]s e [[manglar]]es, entre outros).


== Definición de zona húmida, segundo a Convención de Ramsar ==
== Definición de zona húmida, segundo a Convención de Ramsar ==

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2016 ás 18:05

Pantanos de Centla, en Tabasco, México: a zona húmida máis extensa de Norteamérica.
Pequena zon a húmida no condado Marshall, Indiana, Estados Unidos.

Unha zona húmida é unha zona de terras, xeralmente planas, cuxa superficie se inunda de maneira permanente ou intermitentemente. Ao cubrirse regularmente de auga, o solo satúrase, quedando desprovisto de oxíxeno e dando lugar a un ecosistema híbrido entre os puramente acuáticos e os terrestres.

A categoría biolóxica da zona húmida comprende zonas de propiedades xeológicas diversas: brañas, lameiros, estuarios, marismas, pantanos, turbeiras, así como as zonas de costa marítima que presentan anegación periódica polo réxime de mareas (fondo das rías e manglares, entre outros).

Definición de zona húmida, segundo a Convención de Ramsar

Recinto de aves acuáticas na zona húmida de Tuchlovice, na República Checa.
Fotografía aéra do Pantanal Matogrosense, de 195.000 km², que se estende por Brasil, Bolivia e Paraguai.

Segundo o Convención de Ramsar:

"Unha zona húmida é unha zona da superficie terrestre que está temporal ou permanentemente inundada, regulada por factores climáticos e en constante interrelación cos seres vivos que a habitan".

Segundo o artigo 1, parágrafo 1, considéranse xonas húmidas,

"As extensións de marismas, pantanos e turbeiras, ou as superficies cubertas de augas, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de augua mariña cuxa profundidade en marea baixa non exceda de seis metros".

Así mesmo, no artigo 2 parágrafo 1, estipúlase que,

"Porderán comprender as súas zonas ribeirás ou costeiras adxacentes, así como as illas ou extensións de auga mariña dunha profundidade superior aos seis metros en marea baixa, cando se encontren dentro da zona húmida".

O Día Mundial das Zonas Húmidas celébrase cada 2 de febreiro, desde que en 1971 se levara a cabo o Convenio de Ramsar.[1] [2]

O carácter distintivo das zonas húmidas está na escasa profundidade do nivel freático, coa consecuente alteración do réxime do solo. A vexetación especificamente adaptada a estas condicións denomínase hidrófita, cando se sitúa sobre zonas inundadas de auga; e freatófita cando estas zonas están sobre zonas de augua oculta (criptohúmidas); nestes casos substitúe as especies terrestres normais. As peculiaridades do contorno fan que a fauna presente sexa polo xeral endémica e netamente diferenciada da das zonas adxacentes; grandes familias de aves e réptiles están adaptadas unicamente a ambientes deste tipo.

A función principal da zona húmida, á parte de ser un grande ecosistema e un importante hábitat para moits seres vivos, é que actúan como filtradores naturais da auga; isto débese a que as súas plantas hidrófitas, grazas aos seus tecidos, almacenan e liberan auga, e desta forma comenzan co proceso de filtración. Antigamente as zonas húmidas eran drenadas por seren consideradas unha simple (e prexudial) inundación dos terreos, pero hoxe en día sábese que representan un grande ecosistema e valóranse máis.

Nótese que certos papeis das terras húmidas posúen grande importancia institucional. Por exemplo, os peixes son capaces de migrar longas distancias, traspasando fronteiras nacionais. Consecuentemente, a destrución ou degradación das teerras húmedas nun país pode ter impactos directos sobre os recursos biolóxicos doutros. A este respecto cómre recorar, por exemplo, o conflito palestino-israelí polas augas do río Xordán.[3] [4]

A pesar da sú importancia, as terras húmidas en todo o mundo encóntranse ameazadas. Os perigos proveñen da agricultura intensiva ao crecente uso da acuicultura, o desenvolvemento industrial, a cambios hidrolóxicos artificiais ou á degradación por debida á súa explotación excesiva. Este é un dos asuntos máis importantes de cara á súa futura conservación.[5]

Clasificación

Complexo Intermareal Umia-O Grove. Na fotografía, illa da Toxa.
Desembocadura do río Massa, no P. N. de Souss-Massa, Marrocos.

Pódense establecer varios criterios para clasificar as zonas húmidas en función dos obxectivos que se perseguen ou dos estudos nos que se baseen: criterio morfolóxico (xeral, principalmente para divulgación), hidroxenético (segundo a orixe e usos da augua, para demandas de auga), funcional (ecolóxico, segundo os seus hábitats, para a conservación medioambiental), ou os criterios estruturais (desde o punto de vista de xestión), etc.

Tipos morfolóxicos

En 1989 foron clasificados máis de trinta zonas húmidas naturais e nove artificiais. Apesar diso é posíbel identificar cnco grandes tipos morfolóxicos de sistemas de zonas húmidas:[6] [7]

  • Mariños, son aquelas que no son afectados por cursos fluviais. Exemplo delas son os arrecifes de coral e litorais.
  • Ribeiráns, son aquelas terras inundábeis frecuentemente polo desbordamento dos ríos. Exemplo delas son os bosques anegados, lagos de meandro e chairas.
  • Estuarios, son aquelas onde os ríos desembocan no mar e a augua de estes alcanza unha salinidade media entre a da augua doce e a salgada. Exemplo destas so os deltas, marismas e bancos fangosos.
  • Lacustres, son aquelas zonas cubertas de augua permanentemente con baixa circulación. Exemplo delas son os lagos glaciarios de volcáns e as lagoas en xeral.
  • Palustres, son aqueles ecosistemas que conteñen case permanentemente augua, como as marismas, pantanos de papiro, brañas e tremedais.

Tipos estruturais

Desde o punto de vista "estrutural", pódense diferenciar os tipos de zonas húmidas baseadas, por unha parte, no criterio hidrolóxico da estrutura externa ou de superficie e, por outra parte, no criterio hidroxeolóxico que comprende a estrutura interna ou de conexión subterránea. Ao conxunto destes 2 aspectos, tamén pode entenderse como criterio "hidrolóxico-estrutural".[8] Son:

Criterio estrutural hidrolóxico (Aspectos externos):

- Hidrohúmido: presentan case sempre lámina de auga aflorante (practicamente durante todo o ano)
- Higrohúmido: presentan case sempre lámina de auga oculta (practicamente todo o ano)

Criterio estrutural hidroxeolóxico (Aspectos internos):

- Epixénicos: desvinculada a súa estrutura de fluxjos subterráneos localizados próximos.
- Freatoxénicos: vinculada a súa estrutura a fluxjos subterráneos localizados próximos.

E dentro das zonas húmidas freatoxgénicas, poden subdividirse noutros 3 grupos, segundo os seus ámbitos hidroxeológicos de fluxo:

 a) Zonas húmidas de recarga (nos limiares piezométricos localizados de recarga): Navas, charcas de infiltración, tramos de recarga fluviais, etc.
 b) Zonas húmidas de tránsito (as zonas de circulación de fluxo subpaparelo ao terreo ou tendencia plana): Zonas criptohúmidas continentais e litorales, lagoas de lámina aflorante, etc.
 c) Zonas húmidas de descarga (nas zonas de converxencia de fluxo hidroxgeolóxgico): Mananciais encharcados, descargas de fondo, áreas de rezume, etc.

Polo que, combinando entre si ambos os conxuntos de nomenclaturas, para senllos criterios externos e internos, resultarían 7 tipos hidrolóxico-estruturais:

1) Epixénico exclusivo: salinas costeiras, albufeiras, eencoros, etc.
2) Hidrohúmido de recarga: lagoas de infiltración, arrozais, ríos filtrantes, etc.
3) Hidrohúmido de tránsito: lagoas esteparias, charcas freáticas, táboas de augua (como as Tablas de Daimiel), etc.
4) Hidrohúmido de descarga: surxencias mananciais, lagoas fluviais, charcas mananciais, salinas de interior, etc.
5) Higrohúmido de recarga: navas de montaña, charcas en ramblas permeábeis, etc.
6) Higrohúmido de tránsito: zonas criptohúmidas continentais e  litorais, etc.
7) Higrohúmido de descarga: surxencias cársicas estacionais, extrusións cársicas, etc.

Conservación

Se ben a conservación das zonas húmidas estivo favorecida até épocas recentes pola dificultade para habitalas, os proxectos de terraformación recentes constitúen un grave risco para as especies endémicas (recordemos a desecación da lagoa de Antela nos anos 1950). a biodiversidade das zonas húmidas convérteas nun recurso ecolóxico crucial. No ano 1971 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN ou IUCN, súas siglas en inglés) formulou un listado de zonas húmidas ameazadas.

Zonas húmidas galegas incluídas na Lista das zonas húmidas de importancia internacional

No litoral galego hai cinco zonas húmidas incluídas na Lista das zonas húmidas de importancia internacional, as indicadas no cadro seguinte:[9]

Nome Data de designación Superficie
Lagoa da Frouxeira, na zona húmida Lagoa e areal de Valdoviño
Complexo Intermareal Umia-O Grove 5 de decembro de 1989 2.561 ha
Rías de Ortigueira e Ladrido 5 de decembro de 1989 2.920 ha
Complexo de Corrubedo 26 de marzo de 1993 550 ha
Lagoa e areal de Valdoviño 26 de marzo de 1993 485 ha
Ría do Eo 4 de outubro de 1994 1.740 ha

Notas

  1. "2 de febrero - Día Mundial de los Humedales" en Buenos Aiures Provincia. Organismo Provincial para el Desarrollo Sostenible. (en castelán). Consultada o 1 do novembro de 2016.
  2. 2 de febrero - Día Internacional de los Humedales en Calendario medioambiental. Ambientum.com. (en castelán) Consultada o 1 do novembro de 2016.
  3. El río Jordán en disputa, en UnitedExplanations. (en castelán). Consultada o 1 de novembro de 2016.
  4. Edmundo Fayanás Escuer: El agua en el conflicto palestino-israelí en Rebelion. (en castelán). Consultada o 1 de novembro de 2016.
  5. El proyecto internacional Ecolagunes finaliza tras dos años de trabajo centrado en la conservación de humedales.
  6. The Ramsar Convention (actualizada a 4 de xullo de 2011). The Annotated Ramsar List: Argentina Consultado o 1 de novembro de 2016.
  7. Tipos de Humedales Ramsar. CREHO 2010. (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2016.
  8. Reconocimiento de Humedales hidrológico-estructurales
  9. Designación de sitios Ramsar, 4ª ed. (en castelán) Consultada o 1 de novembro de 2016.

Véaxse tamén

Bibliografía

  • Banco Mundial. 1986. "Wildlands: Their Protection and Management in Economic Development". Nota Política Operacional, 11.02. Banco Mundial, Washington, D. C.
  • Crisp, P. 1986. Coastal Wetlands. Wellington, Nueva Zelandia: Nature Conservation.
  • Dugan, P.J., ed. 1990. Wetland Conservation, A Review of Current Issues and Required Action. Gland, Suiza: IUCN.
  • Drijver, C.A., y M. Marchand. 1985. Taming the Floods: Environmental Asoects of Floodplain Development in Africa, Leiden, Países Bajos: Centro de Estudios ambientales.
  • Ledec, G., y R. Goodland. 1988. Wildlands: Their Protection and Management in Economic Development. Washington, D.C.: Banco Mundial.
  • Lugo, A.E., y otros. 1989. Forested Wetlands Nueva York: Elsevier Scientific Publications.
  • Scodari, P.F. 1990. Wetlands Protection: The Role of Economics.Washington, D.C.: Environmental Law Institute.
  • Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza. Wetland Conservation and Sustainable Development Gland, Suiza.

Outros artigos

Ligazóns externas