Cemiterio de Montjuïc: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis de ca.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 42: Liña 42:
{{Portal|Barcelona}}
{{Portal|Barcelona}}
{{commonscat|Montjuïc Cemetery}}
{{commonscat|Montjuïc Cemetery}}
=== Bibliografía ===
* ''Mapa-Guía dels personatges il·lustres del Cementiri de Montjuïc''. Ed. Institut Municipal dels Serveis Funeraris DL ([[Ajuntament de Barcelona]]), 2006.
* Jaume Nolla i Margarita Puig. ''Morts il·lustres als cementiris de Barcelona: tot el que cal saber dels que ens han precedit'', Ed. Angle, 2007, ISBN 978-84-96970-14-4
* Neus Aguado. ''Guia del Cementiri de Montjuïc'', Ed. Institut Municipal dels Serveis Funeraris DL ([[Ajuntament de Barcelona]]), 1993.


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 1 de novembro de 2016 ás 20:25

Coordenadas: 41°21′02″N 02°09′16″L / 41.35056, -2.15444

Camposanto de Montjuïc
Vista desde o cimo

O cemiterio de Montjuïc (en catalán: Cementiri de Montjuïc) é o maior do termo municipal de Barcelona, e ocupa a práctica totalidade da ladeira sur da montaña de Montjuïc. Ten unha superficie duns 567 934 metros cadrados e unhas 152 774 sepulturas. Abrangue practicamente toda a parte sur da montaña. Xa durante a Idade Media, na montaña había un cemiterio exclusivo para xudeus.[1]

Historia

O camposanto foi inaugurado en marzo de 1883. Esta obra foi posible debido á expansión demográfica unida á forza económica da burguesía barcelonesa. Este grande espazo viu suplir o problema que se suscitaba na cidade coa falta do mesmo nos pequenos camposantos de barrio repartidos pola cidade, que por unha parte xa non podían crecer debido á presión urbanística dos seus arredores, e que ademais agotaran xa a súa capacidade de inhumación. Camposantos históricos como os de Poblenou, Horta, Sant Gervasi, Les Corts, Sant Andreu, foran quedándose pequenos para a cidade, e Montjuïc era a solución momentánea a este problema. Posteriormente pasaría o mesmo co novo camposanto, pois a cidade seguía crecendo demograficamente e o espazo libre íase acabando. Houbo que abrir un novo camposanto fóra do termo municipal de Barcelona, que tivese un uso como camposanto metropolitano. Así naceu o Camposanto de Collserola, no termo de Cerdanyola del Vallès.

Hai unha placa conmemorativa facendo referencia ó día 17 de marzo de 1883, cando foi bendicido o recinto católico. Do deseño do camposanto encargouse o arquitecto municipal Leandre Albareda. O eclecticismo é o trazo arquitectónico máis característico neste camposanto: un eclecticismo mimético, por unha parte, combinado co carácter innovador que dará paso ó modernismo.

Personaxes ilustres

Notas

  1. Montjuïc, la muntanya de la ciutat. Institut d'Estudis Catalans. 2000. p. 17. ISBN 8472834905. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mapa-Guía dels personatges il·lustres del Cementiri de Montjuïc. Ed. Institut Municipal dels Serveis Funeraris DL (Ajuntament de Barcelona), 2006.
  • Jaume Nolla i Margarita Puig. Morts il·lustres als cementiris de Barcelona: tot el que cal saber dels que ens han precedit, Ed. Angle, 2007, ISBN 978-84-96970-14-4
  • Neus Aguado. Guia del Cementiri de Montjuïc, Ed. Institut Municipal dels Serveis Funeraris DL (Ajuntament de Barcelona), 1993.