Constitución: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Poño category en maiúscula
Loveless (conversa | contribucións)
m robot Añadido: az:Konstitusiya
Liña 27: Liña 27:
[[ar:دستور]]
[[ar:دستور]]
[[ast:Constitución]]
[[ast:Constitución]]
[[az:Konstitusiya]]
[[be-x-old:Канстытуцыя]]
[[be-x-old:Канстытуцыя]]
[[bg:Конституция]]
[[bg:Конституция]]

Revisión como estaba o 28 de xuño de 2007 ás 12:04

Magna Carta

Denomínase Constitución á norma fundamental, básica, dun Estado, escrita ou non, que regule o réxime de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns, e os poderes (a forma de partición dos poderes, en xeral en tres: Executivo, Lexislativo e Xudicial) e institucións da organización política. Considérase a Constitución a lei básica, pois todas as outras leis do país deben estar de acordo cos principios expresados na Consitución.

Clasificación das constitucións

Constitucións Escritas X Constitucións Non Escritas

Cando se fala de constitución non escrita nun país, isto non quer dicir que non existan naquel país leis cuxo contido sexa materia constitucional (ou sexa, dereitos e liberdades dos cidadáns, e distribución dos poderes e insitucións do Estado), mais si que estas leis non están corporificadas nun único texto, que se elaborara dunha soa vez. O exemplo máis citado de constitución non escrita é a Constitución Inglesa, que se pode considerar composta pola suma de leis como a Magna Carta de 1215 e outras leis posteriores que dan forma ó conxunto de dereitos e garantías fundamentais dos cidadáns ingleses, e definen (outras destas leis) a estrutura dos poderes no Reino Unido. Xa as constitucións da maioría dos países (exemplos: España, Francia, Estados Unidos, Portugal, India, Romanía, Brasil, etc.) están expresas nun único texto.

Constitucións Ríxidas X Constitucións Flexíveis

  • Constitución Ríxida é a que necesita, para ser mudada, dun rito lexislativo especial, diferente dunha lei común. Isto non significa dicir que non sexa posíbel mudala, mas si que é mais traballoso modificar o texto constitucional do que os outros textos legais do país. Pode ser necesario máis dunha votación, ou unha cantidade de votos de representantes do pobo (deputados, senadores) máis grande que o das leis comúns, etc, conforme o que determinar, para tanto, o propio texto da constitución.
  • Constitución Flexíbel é a que non necesita, para ser mudada, de rito diferenciado en relación ao das outras leis do país. É dicir que a constitución, ou os textos componentes da consitución, son leis comúns.

Constitucións Sintéticas X Constitucións Detallistas

Hai textos de constitucións que conteñen poucos artigos, restrinxíndose a enumerar os dereitos e garantias básicos dos cidadáns e a forma de organización do Estado e dos poderes. Un exemplo é a constitución dos Estados Unidos. Más hai tamén constitucións que detallan outros aspectos, por exemplo, no campo do Dereito Civil (como o dereito de familia), Tributario (impostos que existirán no país), Dereito do Traballo (xornada de traballo, dereito de asociación en sindicatos, etc), tornando así o texto constitucional máis extenso. Un exemplo desa última é a constitución do Brasil.

Ver tamén