Disquete: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=outubro de 2016}}
[[Ficheiro:Floppy disk 90mm.JPG|miniatura|dereita|Disquete 90mm (3½ inch)]]
[[Ficheiro:Floppy disk 90mm.JPG|miniatura|dereita|Disquete 90mm (3½ inch)]]
[[Ficheiro:Floppy disk 5.25 inch.JPG|miniatura|dereita|Disquete 5 1/4]]
[[Ficheiro:Floppy disk 5.25 inch.JPG|miniatura|dereita|Disquete 5 1/4]]
Liña 10: Liña 11:
'''7.''' Sector do disco]]
'''7.''' Sector do disco]]


O '''disquete''' (ou '''''a''''' disquete) é un disco removible de almacenamento fixo de datos. O termo equivalente en [[Lingua inglesa|inglés]] é ''floppy-disk'', que significa "disco flexíbel".
Un '''disquete'''{{drag|disquete}} é un disco removible de almacenamento fixo de datos. O termo equivalente en [[Lingua inglesa|inglés]] é ''floppy-disk'', que significa "disco flexíbel".


Pode ter o tamaño de 3,5 polgadas con capacidade de almacenamento de 720 [[Byte#Kilobyte (KB)|KB]] (DD, ''Double Density'') até 2,88 [[Byte#Megabyte (MB)|MB]] (ED, ''Extra Density''), aínda que o máis común actualmente sexa 1,44 [[Byte#Megabyte (MB)|MB]] (HD, ''High Density''), ou 5,25 polgadas con almacenamento de 160 [[Byte#Kilobyte (KB)|KB]] (''Single Side'' = ''Face Simples'') até 1,2 [[Byte#Megabyte (MB)|MB]] (HD).
Pode ter o tamaño de 3,5 polgadas con capacidade de almacenamento de 720 [[Byte#Kilobyte (KB)|KB]] (DD, ''Double Density'') até 2,88 [[Byte#Megabyte (MB)|MB]] (ED, ''Extra Density''), aínda que o máis común actualmente sexa 1,44 [[Byte#Megabyte (MB)|MB]] (HD, ''High Density''), ou 5,25 polgadas con almacenamento de 160 [[Byte#Kilobyte (KB)|KB]] (''Single Side'' = ''Face Simples'') até 1,2 [[Byte#Megabyte (MB)|MB]] (HD).
Liña 201: Liña 202:
O disquete considerouse na súa época como un dispositivo con gran capacidade de almacenamento, porén hoxe en día quedou obsoleto por almacenar pouca información para os padróns esixidos polo mercado. Outros soportes substituíron a súa función, tales como: [[e-mail]], [[tarxeta de memoria]] (''memory stick'' ou ''flash''), [[pen drive]] (moitas veces en formato de chaveiro), [[CD-ROM]] e [[DVD]] regrabable etc.
O disquete considerouse na súa época como un dispositivo con gran capacidade de almacenamento, porén hoxe en día quedou obsoleto por almacenar pouca información para os padróns esixidos polo mercado. Outros soportes substituíron a súa función, tales como: [[e-mail]], [[tarxeta de memoria]] (''memory stick'' ou ''flash''), [[pen drive]] (moitas veces en formato de chaveiro), [[CD-ROM]] e [[DVD]] regrabable etc.


==Notas==
{{Listaref}}

==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
== Ligazóns externas ==
== Ligazóns externas ==
{{Commons|category:floppy disk}}
[http://inventors.about.com/library/weekly/aa110198.htm Informacións diversas en inglés]
[http://inventors.about.com/library/weekly/aa110198.htm Informacións diversas en inglés]



Revisión como estaba o 31 de outubro de 2016 ás 15:06

Disquete 90mm (3½ inch)
Disquete 5 1/4
Compoñentes internos dun disquete de 3½:
1. Rañura de protección contra a escrita
2. Eixo (hub)
3. Tampa móbil
4. Caixa de plástico
5. Anel de papel
6. Disco magnético
7. Sector do disco

Un disqueteDefinicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para disquete. é un disco removible de almacenamento fixo de datos. O termo equivalente en inglés é floppy-disk, que significa "disco flexíbel".

Pode ter o tamaño de 3,5 polgadas con capacidade de almacenamento de 720 KB (DD, Double Density) até 2,88 MB (ED, Extra Density), aínda que o máis común actualmente sexa 1,44 MB (HD, High Density), ou 5,25 polgadas con almacenamento de 160 KB (Single Side = Face Simples) até 1,2 MB (HD).

Historia

Os disquetes (cuxo nome foi escollido para ser similar á palabra "casete"), gozaron dunha gran popularidade nas décadas dos oitenta e os noventa, usándose en ordenadores domésticos e persoais ("PC") tales como Apple II, Macintosh, Commodore 64, Amiga e IBM PC para distribuír software, transferir datos entre ordenadores e crear pequenas copias de seguridade. Antes da popularización dos discos duros nos PC, os disquetes usábanse para almacenar sistemas operativos, aplicacións informáticas e outros datos. Moitas PC almacenaban de forma permanente o núcleo dos seus sistemas operativos en memorias ROM, pero gardaban os seus sistemas operativos nun disquete, como ocorría con CP/M ou, posteriormente, con DOS.

Tamén foi usado na industria dos videoxogos, cando Nintendo fixo un formato propio de disquete, parecido ao actual de 3 1/2, para usar cun periférico deseñado para a consola Famicom chamado Famicom Disk Drive. No entanto, só foi lanzado en Xapón. Tamén se vendían disquetes en branco, para gravar xogos na rúa, mediante máquinas automáticas instaladas nalgúns lugares do Xapón.

Coa chegada da década dos noventa, o aumento do tamaño do software fixo que moitos programas fosen distribuídos en conxuntos de disquetes. Cara ao final dos noventa, a distribución do software foi migrando gradualmente cara ao CD-ROM, e introducíronse formatos de copias de seguridade de maior densidade, como os discos Zip de Iomega. Coa chegada do acceso total á Internet, das redes Ethernet baratas e das memorias USB, os disquetes deixaron de ser necesarios para a transferencia de datos. A partir de entón, as copias de seguridade empezaron a ser realizadas en cintas magnéticas de alta capacidade como cintas de audio dixitales (DAT) ou streamers, ou a escribirse en discos compactos (CD) ou DVD. Un intento a finais dos noventa (sen éxito no mercado), de continuar cos disquetes foi o SuperDisk (LS-120), cunha capacidade de 120 MB (en realidade 120.375 MiB 6848 cilindros x 36 bloques/cilindro x 512 bytes, sendo o lector compatible cos disquetes estándar de 3½ polgadas).

Con todo, os fabricantes negábanse a suprimir a disqueteira dos seus equipos persoais pola compatibilidade e porque os departamentos da tecnoloxía da información de moitas empresas apreciaban un mecanismo de transferencia de arquivos integrado que sempre funcionase correctamente sen requirir ningún controlador. Apple Computer foi o primeiro fabricante que eliminou a disqueteira nun dos seus ordenadores coa chegada do modelo iMac en 1998, e Dell fixo que a disqueteira fose opcional nalgúns dos seus modelos en 2003. Con todo, ata a data, estes movementos aínda non marcaron o fin dos disquetes como medios populares de almacenamento e intercambio de datos.

Formatos

Formato do disquete Ano de introdución Capacidade de almacenamento
(en kb se non está indicado)
Capacidade
comercializada
8-polgadas (só lectura) 1969 80
8-polgadas 1972 183.1 1.5 Megabits
8-polgadas 1973 256 256 kB
8-polgadas DD 1976 500 0.5 MB
5¼-polgadas (35 pistas) 1976 89.6 110 kB
8-polgadas de dúas caras 1977 1200 1.2 MB
5¼-polgadas DD 1978 360 360 kB
3½-polgadas
HP dunha cara
1982 280 264 kB
3-polgadas 1982 360
3½-polgadas (posta á venda DD) 1984 720 720 kB
5¼-polgadas QD 1984 1200 1.2 MB
3-polgadas DD 1984 720
3-polgadas
Mitsumi Quick Disk
1985 128 to 256
2-polgadas 1985 720
5¼-polgadas Perpendicular 1986 100 MiB
3½-polgadas HD 1987 1440 1.44 MB
3½-polgadas ED 1990 2880 2.88 MB
3½-polgadas LS-120 1996 120.375 MiB 120 MB
3½-polgadas LS-240 1997 240.75 MiB 240 MB
3½-polgadas HiFD 1998/99 150/200 MiB 150/200 MB
Acrónimos:  DD =Dobre Densidade; QD= Cuádrupla Densidade; HD =Alta densidade ED=Densidade Estendida; LS= Servo Láser; HiFD = Disquete de alta capacidade

Formatos máis usados

Formatos de disquete 5"1/4
Tipo Usado en Sectores por pista pistas por cara Capacidade Taxa de transferencia de bits
Dobre densidade P.C./XT 8 40 160/320 KB 250 KBit/s
Dobre densidade P.C./XT 9 40 180/360 KB 250 KBit/s
Alta densidade AT 15 80 1,2 MB 500 KBit/s
Formato de disquete 3"1/2
Tipo Usado en Sectores por pista Pistas por cara Capacidade Taxa de transferencia de bits
Dobre densidade P.C./XT 9 80 720 KB 250 KBit/s
Alta densidade AT 18 80 1,44 MB 500 KBit/s
Alta densidade extra AT 36 80 2,88 MB 1 MBit/s

Desuso

O disquete considerouse na súa época como un dispositivo con gran capacidade de almacenamento, porén hoxe en día quedou obsoleto por almacenar pouca información para os padróns esixidos polo mercado. Outros soportes substituíron a súa función, tales como: e-mail, tarxeta de memoria (memory stick ou flash), pen drive (moitas veces en formato de chaveiro), CD-ROM e DVD regrabable etc.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Informacións diversas en inglés