HTML: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
engado control de autoridades
Liña 35: Liña 35:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galizaweb.net/html4/cover.html Tradución galega da especificación da versión HTML 4.01]
* [http://www.galizaweb.net/html4/cover.html Tradución galega da especificación da versión HTML 4.01]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Internet]]
[[Categoría:Internet]]

Revisión como estaba o 31 de outubro de 2016 ás 14:31

Código fonte dun documento HTML.

A Linguaxe de Etiquetaxe de HiperTexto (HTML ou HyperText Markup Language, en inglés) é unha linguaxe de marcas deseñada para crear páxinas web con hipertexto e calquera outra información que se queira para seren vistas cun navegador web.

Historia

O HTML foi desenvolvido orixinalmente por Tim Berners-Lee cando traballaba no CERN e procuraba un medio de intercambio de información que facilitase a publicación de textos facilmente referenciábeis. O protocolo que creou converteuse na World Wide Web (www, Rede Mundial) e popularizouse co navegador Mosaic, realizado no NCSA. Durante a década de 1990, floreceu co medre explosivo da Rede. Durante este tempo, a HTML expandiuse a moitos ámbitos.

As primeiras versións de HTML definíronse con regras sintácticas moi laxas, que axudaron á súa adopción por parte dos non iniciados coa publicación na rede. Os navegadores de internet normalmente deducían o significado en certas seccións e amosaban a páxina web. Co tempo, a tendencia dos normativas oficiais foi a de crear unha sintaxe da linguaxe cada vez máis estrita, a pesar de que os navegadores continúan amosando páxinas que aínda están moi afastadas do HTML válido.

Características

A característica máis notoria do HTML é a presenza de vínculos que permiten "saltar" a outros lugares desa páxina ou doutras. Xorde da base SGML para converterse nunha linguaxe estrutural de contidos hipertextuais.

A evolución da informática no tempo e o uso masivo por parte dos internautas propiciou que houbese varias variantes da linguaxe ao longo do tempo, con propósitos específicos que van dende a incidencia semántica e interpretabilidade dos contidos, ata a hipermedia que fundamenta a interacción efectiva cos usuarios, pasando por etapas intermedias de gran inestabilidade ligadas a dominancia no competitivo mercado de navegadores.

Actualmente se atopa nun estado bastante estable, dende que a finais dos noventa se especificase a súa integración na sintaxe de XML, mantendo unha política de forte compromiso con semánticas simples no que é o entorno actual da vertente social da rede, con maior incidencia en contidos textuais e relacionais entre individuos que en autoprodución multimedia, e evolucionando cara a varias vertentes, por un lado de aplicacións web (HTML 5) e por outro incidindo na difusión da actual web social (XHTML 2). A estabilidade da Rede depende de que os autores de páxinas e as empresas comparten as mesmas convencións de HTML.

O HTML permite:

Debido a que as páxinas web poden ser mostradas en multitude de modos distintos (navegadores de só texto, distintas configuracións de pantalla, papel, audio etc.), o seu deseño céntrase na presentación da información mediante estilos de texto, tabelas etc. que cada navegador decide como interpretar. A HTML non instrúe sobre, por exemplo, onde se debería colocar unha imaxe; isto déixase ao navegador, que interpreta as intencións do autor. Actualmente, a HTML compleméntase con outras linguaxes, como as follas de estilo, que si explicitan como se mostra o contido, e outras linguaxes de guión, como JavaScript ou PHP, que realizan distintas operacións.

A HTML é un padrón internacional (ISO/IEC 15445:2000) e é mantida polo World Wide Web Consortium (W3C, Consorcio da Rede Mundial). Trátase dunha linguaxe non de programación, senón de etiquetaxe: está orientada cara a presentación de documentos de texto con formatos. Estes documentos de textos créanse cun editor e almacénanse nun ficheiro de texto coa extensión ".html" ou ".htm". Os ficheiros residen nun servidor web que os envía mediante o protocolo HTTP cando o solicita un computador.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas