Campañó, Pontevedra: Diferenzas entre revisións
m →Deportes: Arranxos varios |
Sen resumo de edición |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
==Datos diversos== |
==Datos diversos== |
||
Conta con varias institucións educativas: o [[CEIP Parada]], cuns 100 alumnos e alumnas, e o colexio privado |
Conta con varias institucións educativas: o [[CEIP Parada]], cuns 100 alumnos e alumnas, e o colexio privado Los Sauces. |
||
Ten diversas industrias, e na parroquia está o [[polígono industrial do Vao]], lindeiro co concello de [[Poio]]. |
Ten diversas industrias, e na parroquia está o [[polígono industrial do Vao]], lindeiro co concello de [[Poio]]. |
Revisión como estaba o 30 de outubro de 2016 ás 08:23
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Coordenadas: 42°27′51″N 08°39′50″O / 42.46417, -8.66389
Campañó | |
---|---|
Ficheiro:Campañó.jpg igrexa parroquial | |
Concello | Pontevedra |
Coordenadas | 42°27′51″N 8°39′50″O / 42.46416667, -8.66388889Coordenadas: 42°27′51″N 8°39′50″O / 42.46416667, -8.66388889{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Poboación | 1.892 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 31 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.024 habitantes.
Sitúase ao pé do monte Castrove, a 3 quilómetros da cidade de Pontevedra. Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.
Patrimonio
É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas. Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó. Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI. A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.
O templo é de orixe románica, pero reformouse no século XVIII. No interior presenta variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo; hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV.
Festividades
Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño). A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro.
Datos diversos
Conta con varias institucións educativas: o CEIP Parada, cuns 100 alumnos e alumnas, e o colexio privado Los Sauces.
Ten diversas industrias, e na parroquia está o polígono industrial do Vao, lindeiro co concello de Poio.
Deportes
O Campañó ADX (camiseta dourada, pantalón negro e medias negras) está en 3ª Rexional . Hai dous equipos na liga de veteranos da provincia: o Santo Paio (equipamento vermello) e o Campañó (camiseta verdibranca a raias verticais, pantalón branco e medias verdes).
Lugares e parroquias
Lugares de Campañó
Lugares da parroquia de Campañó no concello de Pontevedra | |
---|---|
Altabón | Barragáns | O Bispo | A Boca | Cabaleiro | O Cachapal | Campañó de Arriba | Carballiños | O Casal de Rei | Casal do Mendo | O Cochón | A Corredoira | Ferreiros | O Freixo | A Galiana | Moldes | Os Muíños | Parada | Pedreira | Piñeiro | O Ribeiro | Sabarís | Soutonovo | O Vao |