Zarautz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
engado control de autoridades
Liña 57: Liña 57:


{{Concellos de Guipúscoa}}
{{Concellos de Guipúscoa}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Concellos de Guipúscoa|Zarautz]]
[[Categoría:Concellos de Guipúscoa|Zarautz]]

Revisión como estaba o 27 de outubro de 2016 ás 00:26

Coordenadas: 43°17′11″N 2°10′29″O / 43.28639, -2.17472 Modelo:Cidade Zarautz é unha cidade e un concello vasco con 14 km² e 22.323 habitantes (2006), situada no centro da costa de Guipúscoa. Forma un elegante centro balneario a 20 km de Donostia, capital provincial, con a praia máis longa de Euskadi, duns 2.500 m.

Historia

Entre as primeiras noticias históricas acerca de Zarautz está a concesión de carta foral polo rei Fernando III de Castela en 1237. A súa poboación dedicouse tradicionalmente á pesca, especialmente a de baleas. Esta tradición mariñeira continuou até o século XVI, pasou a dedicarse en boa medida a actividades industriais como ferrerías, estaleiros navais, confección téxtil e de mobles.

Na segunda metade do XIX douse unha importante evolución na economía local, cando a raíña Isabel II de España colleu o costume de pasar un tempo de repouso no verán, e escolleu a vila de Zarautz como lugar de estancia; á raíña foi seguida de familias nobiliarias e outras persoalidades que arrastraban consigo un numeroso séquito. Zarautz pasou a converterse nunha das primeiras localidades turísticas de España. A localidade enriqueceuse con construcións luxuosas e o ritmo mantívose durante a primeira metade do século XX.

Monumentos

  • Palacio de Narros de 1536, arrodeado dun xarín á inglesa. Nel hospedouse a raíña Isabel II e outras personalidades.
  • Casa-Torre dos Zarrautz de fins do século XV.
  • Torre Luzea, tamén do XV.
  • Casa Portu do século XVI; hoxe Casa do Concello.
  • Casa Makatza do XV, con aspecto de casa-torre defensiva.
  • Casa Dotorqua do XVI, exemplo arquitectónico tradicional vasco.
  • Igrexa Parroquial de Santa Maria la Real, con transformacións ao longo dos séculos.
  • Convento dos Padres franciscanos, del 1610, contén unha importante biblioteca vasca.
  • Convento de Santa Clara de 1611.

A cidade está dotada de moitos xardíns e parques: Parque de Vista Alegre', Parque de Mutxio, Parque de Torre Luzea, Parque de Pagoeta (cun museo no mesmo parque e cunha antiga ferraría).

Proximidades

Festas

As máís importantes son a patronais de San Pelaio do 25 ao 27 de xuño. Tamén a festas da Virxe, do 14 ao 17 de agosto e as Euskal Jaiak o 9 de setembro.

Véxase tamén

Ligazóns externas