Pías, Ponteareas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
literatura popular
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 29: Liña 29:


== Pías na literatura popular ==
== Pías na literatura popular ==
* ''Como o sol reloce/ a Virxe de Pías/ no viaxe primeiro/ destas romerías'' <ref>[[Vicente Risco]]: "Cultura espritual", en ''Historia de Galiza'' I, 1962 (reed. Akal 1979), 393.</ref>.
* ''Como o sol reloce/ a Virxe de Pías/ no viaxe primeiro/ destas romerías'' <ref>Refírese a [[Pías, Ponteareas|Santa Mariña de Pías]], unha parroquia de Ponteareas próxima á Franqueira. [[Vicente Risco]]: "Cultura espritual", en ''Historia de Galiza'' I, 1962 (reed. Akal 1979), 393.</ref>.


== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==

Revisión como estaba o 26 de outubro de 2016 ás 18:24

Pías
Igrexa de Santa Mariña de Pías.
ConcelloPonteareas
Coordenadas42°13′02″N 8°29′40″O / 42.217138888889, -8.4944444444444Coordenadas: 42°13′02″N 8°29′40″O / 42.217138888889, -8.4944444444444
Poboación450 hab. (2014)
Entidades de poboación10
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña de Pías é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 463 habitantes (247 mulleres e 216 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 450 habitantes, sendo 214 homes e 236 mulleres.

Situación

Pías está situada entre Ponteareas e Mondariz, a seis quilómetros de Ponteareas e a tres quilómetros de Mondariz.

Patrimonio

Na parroquia localízase o castro de Troña.

A igrexa parroquial de Santa Mariña de Pías é do século XVIII, considérase unha igrexa de estilo neoclásico, aínda que sufriu diversas reformas e engadidos posteriores. Ten un retablo de San Bieito, tallado en 1774, e un grupo escultórico de alabastro que representa a San Xoán Bautista bautizando a Cristo. É moi coñecida pola sona milagreira de San Bieito de Pías, na honra do que se que se celebran (dúas veces ao ano) as festas máis importantes.

Fronte a igrexa está a casa reitoral, construída en 1781, con corpo de torre e escudo.

Hai dúas capelas: a do Doce Nome, sobre o castro de Troña, e a de Santa Tegra con interesante romería.

Tradicións

A tradición di que se a unha persoa lle aparece unha verruga nalgunha parte do corpo e quere quitala, ten que ofrecerse a San Benito de Pías. A ofrenda consiste nunha ducia de ovos, que teñen que ser recollidos na aldea do ofrecido, pedindo un ovo a cada veciño. Unha vez conseguida a ducia de ovos, hai que levarlla e acenderlle unha candea. En pouco tempo a verruga desaparece.

Pías na literatura popular

  • Como o sol reloce/ a Virxe de Pías/ no viaxe primeiro/ destas romerías [1].

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Pías

Lugares da parroquia de Pías no concello de Ponteareas (Pontevedra)

Chans | A Costeliña | Cotobade | A Cruz | A Ermida | A Lenguda | O Outeiro | A Pontacóns | O Souto do Pazo | O Toxo

Parroquias de Ponteareas

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponteareas

Angoares (San Pedro) | Arcos (San Breixo) | Areas (Santa María) | Arnoso (San Lourenzo) | Bugarín (Santa Cristina) | Celeiros (San Fins) | Cristiñade (San Salvador) | Cumiar (Santo Estevo) | Fontenla (San Mamede) | Fozara (San Bartolomeu) | Guillade (San Miguel) | Guláns (San Xulián) | Moreira (San Martiño) | Nogueira (San Salvador) | Oliveira (Santiago) | Padróns (San Salvador) | Paredes (San Cibrán) | Pías (Santa Mariña) | Ponteareas (San Miguel) | Prado (San Nicolao) | Ribadetea (San Xurxo) | San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) | San Mateo de Oliveira (San Mateo) | Xinzo (Santa Mariña)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. Refírese a Santa Mariña de Pías, unha parroquia de Ponteareas próxima á Franqueira. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979), 393.