Bersant Celina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso]]
{{enuso}}
'''Bersant Eduar Celina''' , nado o 9 de setembro de 1996,  é un futbolista noruegués-[[República de Kosovo|kosovar]] que xoga como centrocampista para o [[FC Twente]], cedido polo [[Manchester City F.C.|Manchester City]].
'''Bersant Eduar Celina''' , nado o 9 de setembro de 1996,  é un futbolista noruegués-[[República de Kosovo|kosovar]] que xoga como centrocampista para o [[FC Twente]], cedido polo [[Manchester City F.C.|Manchester City]].



Revisión como estaba o 25 de outubro de 2016 ás 17:46

Bersant Eduar Celina , nado o 9 de setembro de 1996,  é un futbolista noruegués-kosovar que xoga como centrocampista para o FC Twente, cedido polo Manchester City.

Traxectoria

Celina medrou na cidade norueguesa de Drammen, onde residiu dende que tiña dous anos.[1] Xogou nas seccións infantís do Strømsgodset IF.. En 2012 ofrecéronlle unha bolsa para perfeccionarse na Manchester City Reserves and Academia en Inglaterra, e alí pasou os dous anos seguintes.

Manchester City

O 1 de xullo de 2014, Celina firmou un contrato profesional por tres anos e medio co Manchester City.[2] Ao pouco lesionouse e pasou por cirurxia, mentres estivo en rehabilitación permaneceu co equipo xuvenil.

A finais de decembro de 2014, o adestrador Manuel Pellegrini convocouno para o primeiro equipo por mor do ateigado programa de nadal do club, con catro partidos nunha semana.[3] Seleccionado para o partido da FA Cup contra o Sheffield Wednesday o 4 de xaneiro de 2015, non chegou a saír ao campo, e o partido  acabou cunha vitoria do City 2–1.[4]

O 19 de xaneiro de 2015 marchou co primeiro equipo e algúns alumnos da academia do club para un campamento de adestramento en Abu Dhabi e Celina fixo a súa primeira aparición no primeiro equipo do City nun amigagle contra o  Hamburger SV.[5]

Así e todo o seu primeiro partido oficial co primeiro equipo foi o  9 xaneiro 2016 nna FA Cup contra o Norwich City, saíndo ao terreo de xogo no minturo 85 minutos nunha vitoria 3–0 .[6]

Na Premier League a súa primeira participación foi como substituto nunha derrota 3-1 contra o  Leicester City o 6 de  febreiro, logrando unha asistencia para Sergio Agüero no único gol do Manchester City.[7].

FC Twente

O 25 de agosto de 2016, Celina uniuse ao equipo da Eredivisie FC  Twente nunha cesión por un ano.[8] Debutou o 10 de setembro, como substituto no minuto 67 e logrou o seu primeiro gol para o seu novo equipo .[9]

Carreira internacional

Noruega

Nos seus primeiros anos no nivel internacional, a Celina catro veces para xogar con Noruega sub-15 e tres no equipo sub-16.

 Bård Flovik chamouno para xogar no equipo sub-17 na Eurocopa sub-17 , xogou no segundo partido contra Islandia substituíndo no minuto  77 a Joachim Eriksen. nun partido que rematou nunha vitoria 2–0 .[10]  

Xogou tamén na selección sub-21 contra Inglaterra. Xogou o 7 de setembro de 2015 como reserva, saínda no minuto 87 .[11]

Kosovo

Apenas FIFA permitiu á selección nacional de Kosovo xogar partidos amigables con outros membros da  FIFA, en marzo 2014, convocaron a Celina para o encontro contra Haití.[12] Non chegou a saír ao campo  e o partido remato nun empate sen goles.o para o partido, o cal acabou nun goalless sorteo. Volveu ao equipo nacional no partido contra Omán do  7 de setembro  de 2014.[13] Xogou 83 minutos antes de sustituílo Enis Bunjaki. O partido acabou cunha primeira vitoria histórica para Kosovo, cun 1–0 .[14] 

Notas