Igrexa de San Martiño de Rebordelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Arquitectura: Arranxos varios using AWB
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 3: Liña 3:
[[Ficheiro:Rebordelo.jpg|200px|dereita|miniatura]]
[[Ficheiro:Rebordelo.jpg|200px|dereita|miniatura]]

A '''igrexa de San Martiño de Rebordelo''' é a [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] parroquial de [[Rebordelo, Cotobade|Rebordelo]], [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] do concello [[provincia de Pontevedra|pontevedrés]] de [[Cotobade]].
A '''igrexa de San Martiño de Rebordelo''' é a [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] parroquial de [[Rebordelo, Cerdedo-Cotobade|Rebordelo]], [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] do concello [[provincia de Pontevedra|pontevedrés]] de [[Cerdedo-Cotobade]].

== Arquitectura ==
== Arquitectura ==
A igrexa actual é de feitura moderna agás a [[ábsida]] da construción [[arquitectura románica|románica]] primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao [[muro (construción)|muro]] oriental do templo e utilízase como [[sancristía]].

Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha saeteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.
Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha seteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.

Ábrese o muro setentrional cunha moderna [[porta]] [[lintel|alintelada]].
Ábrese o muro setentrional cunha moderna [[porta]] [[lintel|alintelada]].
Liña 25: Liña 25:
* [[Arquitectura románica]]
* [[Arquitectura románica]]

{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Cotobade]]
[[Categoría:Cerdedo-Cotobade]]
[[Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra|Rebordelo San Martino]]
[[Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra|Rebordelo San Martino]]

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2016 ás 15:26

Coordenadas: 42°27′57″N 08°29′23″O / 42.46583, -8.48972

A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Arquitectura

A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.

Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha seteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.

Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.

No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.

A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.

En outubro de 2010 un raio provocou o desprendemento de varias das pedras da cúpula do campanario[1].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos