SST Records: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 31: Liña 31:


=== Expansión e diversificación ===
=== Expansión e diversificación ===
A pesar dos seus problemas legais, SST continuou publicando discos de artistas como [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]], [[Saccharine Trust]] e [[Meat Puppets]]. En [[1982]] o grupo hardcore de [[Minneapolis]] [[Hüsker Dü]] converteuse na primeira banda do selo que non era da costa oeste. Tras a resolución do problema con Unicorn Records, SST publicou catro álbums de Black Flag en [[1984]].
A pesar dos seus problemas legais, SST continuou publicando discos de artistas como [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]], [[Saccharine Trust]] e [[Meat Puppets]]. En [[1982]] o grupo hardcore de [[Minneapolis]] [[Hüsker Dü]] converteuse na primeira banda do selo que non era da costa oeste. Tras a resolución do problema con Unicorn Records, SST publicou catro álbums de Black Flag en [[1984]]. Os múltiples traballos de Black Flag, xunto coa edición dos álbums duplos ''[[Zen Arcade]]'' e ''[[Double Nickels on the Dime]]'' de [[Hüsker Dü]] e Minutemen respectivamente, aumentaron os recursos do selo. Aínda que SST cría que ''Zen Arcade'' tería un éxito considerable no ''underground'', os lanzamentos dunhas 5.000 copias eran un territorio descoñecido para o selo, polo que cometeron o erro de ser demasiado cautos e non fabricar máis dese número de copias na edición inicial. Premiado coa aclamación da crítica en varios medios ''mainstream'', ''Zen Arcade'' esgotouse rapidamente e estivo descatalogado durante meses.<ref>Azerrad, p. 182-83</ref> Ginn decidiu recortar os custes de promoción dos álbums de Black Flag lanzándoos nunha sucesión rápida e tendo á banda de xira tras os lanzamentos.<ref>Azerrad, p. 44-45</ref>

== Notas ==
{{listaref}}

== Bibliografía ==
* Azerrad, Michael. ''Our Band Could Be Your Life''. Little, Brown and Company, 2001. ISBN 0-316-78753-1


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2016 ás 21:55

SST Records
Fundado en1978
FundadorGreg Ginn
Estadoactiva
Distribuidorasauto-distribución
Xénero(s)hardcore punk, punk rock, rock alternativo, indie rock, jazz
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónTaylor, Texas
sstsuperstore.com

SST Records é un selo independente estadounidense formado en 1978 en Long Beach, California polo músico Greg Ginn. A compañía inicialmente chamouse Solid State Tuners debido a que Ginn vendía equipamentos electrónicos. Ginn transformouna nun selo discográfico para editar material da súa banda Black Flag.

SST inicialmente centrouse na edición de material de bandas de hardcore punk de Southern California. Coma moitas das bandas do selo trataban expandirse máis aló das limitacións do xénero, SST editou moitos álbums clave na evolución do rock alternativo estadounidense, incluíndo a bandas coma Minutemen, Hüsker Dü, Meat Puppets, Sonic Youth ou Dinosaur Jr. Despois de alcanzar o seu pico de edición a finais dos anos 80, SST comezou a aventurarar con publicacións de jazz. SST está hoxe en día baseado en Taylor, Texas. Sonic Youth, Dinosaur Jr. e Meat Puppets reclamron os dereitos do material de SST antes de deixar o selo.

Historia

Primeiros anos

Greg Ginn creou Solid State Tuners (SST) cando tiña 12 anos. SST era un negocio de podidos por correo que vendía equipos de radio da Segunda Guerra Mundial modificados. A empresa era pequena pero prosperou durante os seus primeiros anos.

En 1976 Ginn formou a banda de punk rock Panic. Panic gavou oito cancións en xaneiro de 1978, pero ningún selo se interesou en editar ese material agás a discográfica de Los Angeles Bomp! Records. Cara finais de ano Bomp aínda non accedera formalmente a pubicar a súa música nun disco, polo que Ginn decidiu que tiña a suficiente experiencia nos negocios con SST como para publicalo el mesmo. SST Records editou a música gravada pola banda de Ginn (agora chamada Black Flag) como o EP Nervous Breakdown en xaneiro de 1979.

Moitos dos primeiros concertos de Black Flag remataban con violencia, a miúdo coa aparición da policía de Los Angeles. Como resultado disto, a policíu intervíu os teléfonos do selo e mantivo a oficina de SST baixo vixilancia. Ginn afirma que policías de incógnito disfrazados como xente sen fogar sentábanse preto da porta de SST. A banda foi incapaz de contratar un avogado debido á falta de cartos. Cara 1980 os clubs de Los Angeles comezaron a prohibir os concertos de hardcore punk, sumando así máis problema a SST.

SST lanzou o EP de estrea de Minutemen, Paranoid Time, como a súa segunda edición e 1980. As cancións graváronse e mesturáronse nunha noite por 300 dólares. Encarando a hostilidade cara o hardcore punk, os grupos de SST como Black Flag e Minutemen tocaron onde puideron, principalmente festas en casas particulares e en sótanos. Black Flag comezou a viaxar pola costa californiana para tocar no Mabuhay Gardens de San Francisco, facendo sete viaxen en total ata alí. O produtor da SST, Spot, acompañounos como técnico de son e mánager de xira, un traballo que faría durante varios anos, ademais de axudar a gravar gran parte da música do selo.

SST vendeu as súas edicións a pequenos distribuidores a un prezo deliberadamente baixo; porén, xa que os distribuidores normalmente vendían discos de importación, as gravacións normalmente acabaan en tendas especializadas onde se vendían a prezos altos. Ginn decidiu publicar o primeiro álbum de Black Flag, Damaged (1981), a través dun gran distribuidor. SST chegou a un acordo con MCA Records para co-editar Damaged a través de Unicorn Records, un pequeno selo distribuído por MCA. Xusto antes ao lanzamento do disco, MCA decidiu non facelo, citando a súa temática "anti-pais". SST demandou a Unicorn alegando que o selo non pagara os dereitos e os gastos do álbum. Unicorn respostu con outra demanda e obtivo unha medida cautear que impedía a Black Flag editar máis material ata que o case se resolvese. Cando SST lanzou o recompilatorio da banda Everything Went Black, Unicorn demandou a SST en xullo de 1983. Ginn e o baixista de Black Flag, Chuck Dukowski (que se convertera en co-propietario de SST) foron acusados de incumplir a medida cautelar e foron enviados á prisión do condado de Los Angeles cinco días. Posteriormente nese mesmo ano Unicorn entrou en bancarrota e Black Flag puido editar discos novamente.

Expansión e diversificación

A pesar dos seus problemas legais, SST continuou publicando discos de artistas como Minutemen, Saccharine Trust e Meat Puppets. En 1982 o grupo hardcore de Minneapolis Hüsker Dü converteuse na primeira banda do selo que non era da costa oeste. Tras a resolución do problema con Unicorn Records, SST publicou catro álbums de Black Flag en 1984. Os múltiples traballos de Black Flag, xunto coa edición dos álbums duplos Zen Arcade e Double Nickels on the Dime de Hüsker Dü e Minutemen respectivamente, aumentaron os recursos do selo. Aínda que SST cría que Zen Arcade tería un éxito considerable no underground, os lanzamentos dunhas 5.000 copias eran un territorio descoñecido para o selo, polo que cometeron o erro de ser demasiado cautos e non fabricar máis dese número de copias na edición inicial. Premiado coa aclamación da crítica en varios medios mainstream, Zen Arcade esgotouse rapidamente e estivo descatalogado durante meses.[1] Ginn decidiu recortar os custes de promoción dos álbums de Black Flag lanzándoos nunha sucesión rápida e tendo á banda de xira tras os lanzamentos.[2]

Notas

  1. Azerrad, p. 182-83
  2. Azerrad, p. 44-45

Bibliografía

  • Azerrad, Michael. Our Band Could Be Your Life. Little, Brown and Company, 2001. ISBN 0-316-78753-1

Véxase tamén

Ligazóns externas