Plinio o Vello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4072435 de MAGHOI (conversa)
mSen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Tras estudar en [[Roma]], comezou a súa carreira militar na [[Xermania Superior|Xermania]], durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano [[57]] volveu a [[Roma]] en tempos do emperador [[Nerón]], para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos en tempos do emperador [[Vespasiano]], que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa ''Naturalis Historia'', rematada no ano [[77]], e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]]. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre [[Cosmoloxía]] e [[Astronomía]] (1 libro), [[Xeografía]] e [[Historia]] (4 libros), [[Zooloxía]] (5), [[Botánica]] e [[Agricultura]] (8), [[Medicina]] (13), [[Xeoloxía]], [[Mineraloxía]], [[Metalurxia]] e [[Arte]] (5)<ref>{{Cita web|url=http://remacle.org/bloodwolf/erudits/plineancien/|páxina-web=|título=Para ler en liña Naturalis Historia (fr)|data-acceso=12-10-2016}}</ref>.
Tras estudar en [[Roma]], comezou a súa carreira militar na [[Xermania Superior|Xermania]], durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano [[57]] volveu a [[Roma]] en tempos do emperador [[Nerón]], para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos en tempos do emperador [[Vespasiano]], que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa ''Naturalis Historia'', rematada no ano [[77]], e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]]. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre [[Cosmoloxía]] e [[Astronomía]] (1 libro), [[Xeografía]] e [[Historia]] (4 libros), [[Zooloxía]] (5), [[Botánica]] e [[Agricultura]] (8), [[Medicina]] (13), [[Xeoloxía]], [[Mineraloxía]], [[Metalurxia]] e [[Arte]] (5)<ref>{{Cita web|url=http://remacle.org/bloodwolf/erudits/plineancien/|páxina-web=|título=Naturalis Historia {{fr}}|data-acceso=12-10-2016}}</ref>.


No libro ''Historia Natural'' mestura un grande número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a [[Idade Media]], cunha grande influencia no [[bestiario]] desas épocas.
No libro ''Historia Natural'' mestura un grande número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a [[Idade Media]], cunha grande influencia no [[bestiario]] desas épocas.

== Notas ==
{{Listaref}}


{{Historia natural}}
{{Historia natural}}

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2016 ás 16:52

Plinio o Vello

Caio Plinio Segundo, coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que asolagou as cidades de Pompeia e Herculano.

Traxectoria

Tras estudar en Roma, comezou a súa carreira militar na Xermania, durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano 57 volveu a Roma en tempos do emperador Nerón, para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos en tempos do emperador Vespasiano, que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa Naturalis Historia, rematada no ano 77, e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador Tito. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre Cosmoloxía e Astronomía (1 libro), Xeografía e Historia (4 libros), Zooloxía (5), Botánica e Agricultura (8), Medicina (13), Xeoloxía, Mineraloxía, Metalurxia e Arte (5)[1].

No libro Historia Natural mestura un grande número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a Idade Media, cunha grande influencia no bestiario desas épocas.

Notas

  1. "Naturalis Historia (en [[lingua francesa|francés]])". Consultado o 12-10-2016.  Ligazón wiki dentro do título da URL (Axuda)