Sacos, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jglamela (conversa | contribucións)
Cerdedo-Cotobade
Jglamela (conversa | contribucións)
m Jglamela moveu a páxina "Sacos, Cotobade" a "Sacos, Cerdedo-Cotobade": Fusión dos concellos
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2016 ás 18:59

Santa María de Sacos
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°30′36″N 8°28′24″O / 42.51009261, -8.47347055Coordenadas: 42°30′36″N 8°28′24″O / 42.51009261, -8.47347055
Área12,5 km²
Poboación244 hab. (2015)
Densidade19,52 hab./km²
Entidades de poboación5
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1], en 2015 contaba con 244 habitantes (111 homes e 133 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.

Patrimonio

A súa igrexa parroquial é un templo dunha soa nave cunha ábsida rectangular, que conserva elementos do románico tardío ou protogótico. Os perpiaños moi irregulares distribúense en fiadas dando como resultado, pola contra, uns paramentos ben rematados. Segundo Bango Torviso o estilo do beiril da ábsida, principalmente, indica un estilo de orixe ourensán, da zona de Oseira ou Terra do Carballiño, de finais do último terzo do século XII.

Hai dúas capelas no Cádavo e en Dorna, e no leste da parroquia consérvanse os restos da capela de San Lourenzo, restaurados en 2010. Amais, hai dous petróglifos, unha mámoa e dous cruceiros.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Santa María de Sacos

Lugares da parroquia de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

O Cádavo | Dorna | As Eiras | Vila de Abaixo | Vila de Arriba

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos