Matt Stainbrook: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 45: Liña 45:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Geramipoor, Aaron}}
{{ORDENAR:Stainbrook, Matt}}
[[Categoría:Nados en 1992]]
[[Categoría:Nados en 1992]]
[[Categoría:Nados en Manchester]]
[[Categoría:Nados en Ohio]]
[[Categoría:Pivotes de baloncesto]]
[[Categoría:Pivotes de baloncesto]]
[[Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán]]
[[Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán]]

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2016 ás 09:36

Matt Stainbrook
Cafés Candelas Breogán
Información persoal
Nacemento 5 de marzo de 1992 (32 anos)
Dayton, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 122 kg (269 lb)
Posición Pivote
Liga LEB
Información da carreira
Instituto St. Edward (Ohio)
Universidade Western Michigan (2010–2012)
Xavier (2013–2015)
Carreira desde 2015
Historial de equipos
Crailsheim Merlins (2015–2016) BBL
CB Breogán (2016–presente) LEB

Matthew Harrison "Matt" Stainbrook, nado o 5 de marzo de 1992 en Dayton, Ohio, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado nas universidades de Western Michigan e Xavier, onde foi un dos líderes de anotación e rebotes do equipo. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán de Lugo, no que se desenvolve na posición de pivote cunha altura de 2,08 metros.[1]

Traxectoria

Nado en Dayton, Ohio, Stainbrook é fillo de Dave Stainbrook, destacado xogador de fútbol americano universitario na década de 1980 e posteriormente enxeñeiro de sofware para a NASA. Criado nas aforas de Cleveland, nunha entrevista en 2015 co New York Times admitiu que durante a súa época no instituto pasou desapercibido, non conseguindo ser xogador do equipo de baloncesto até o seu último ano no mesmo. Ao acabar no intituto tiña planificado xogar na Case Western Reserve University da terceira división da NCAA, aínda que finalmente recibe unha oferta da Western Michigan University da primeira división.[2]

A pesar de ser ignorado no instituto, na universidade gañouse moi pronto o posto de pivote titular no equipo, debutando na competición ante Xavier con 10 puntos e 7 rebotes. O adestrador de Xavier comentou despois do encontro que como se puidera escapar do reclutamento un xogador co cabelo alborotado, protectores en xeonllos e cotobelos, e gafas protectoras. Curiosamente, Stainbrook terminaría por ser transferido á universidade de Xavier. Con todo, pedíronlle antes de xogar que se cortase o cabelo, que deixase de usar os protectores e que perdese 23 kg (50 lb). Tamén tentaron que deixase as gafas, mais o xogador declarou que estaban baixo prescripción e as necesitaba. En Xavier foi nomeado no segundo mellor equipo da Conferencia Big-East con 12 puntos e 7 rebotes, axudando ao seu equipo a chegar aos oitavos de final (Sweet 16) da NCAA. Ao acabar a temporada participou co equipo universitario de lanzamento de disco e peso.

Tras final a súa etapa universitaria, xogou nas ligas de verán da NBA cos Indiana Pacers e os Golden State Warriors. O 28 de agosto de 2015 asina o seu primeiro contrato profesional cos Crailsheim Merlins da Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto alemán, onde fixo unha media de 7,83 puntos, 4,59 rebotes e 1,34 asistencias por partido.[3] Tras finalizar a temporada en alemaña, o 20 de outubro de 2016 anúnciase a súa incorporación ao Club Baloncesto Breogán de Lugo, equipo que xa o quixera contratar a anterior temporada para substituír a Gary Mc Ghee.

Clubs

Vida persoal

Notas

  1. "Matt Stainbrook completa el juego interior del Cafés Candelas Breogán". CBBreogan.gal. 20 de outubro de 2016. 
  2. Branch, John (26 de marzo de 2015). "Matt Stainbrook Drives Strangers Around, and Xavier Onward". The New York Times (en inglés). 
  3. "Matthew Stainbrook". BBL (en alemán). 

Véxase tamén

Ligazóns externas