Floruit: Diferenzas entre revisións
+foto |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{título en cursiva}} |
{{título en cursiva}} |
||
[[Ficheiro:JohnThrockmortonEsqFloruit1609.png|miniatura|John Throckmorton, Esq., ''floruit'' 1609, pai de [[Sir Robert Throckmorton, 1º Baronet]] (1599-1650).]] |
[[Ficheiro:JohnThrockmortonEsqFloruit1609.png|miniatura|John Throckmorton, Esq., ''floruit'' 1609, pai de [[Sir Robert Throckmorton, 1º Baronet]] (1599-1650).]] |
||
'''''Floruit''''' (a miúdo abreviado '''fl.''' ou '''flor.''') é unha voz proveniente do [[lingua latina|latín]], a terceira persoa de singular do pretérito |
'''''Floruit''''' (a miúdo abreviado '''fl.''' ou '''flor.''') é unha voz proveniente do [[lingua latina|latín]], a terceira persoa de singular do [[pretérito de indicativo]] do verbo ''florere'' 'florecer, prosperar'. |
||
Emprégase para facer referencia a un período de tempo durante o cal unha persoa se atopaba nunha etapa florecente, unha escola, un movemento ou mesmo unha especie biolóxica, e úsase cando non se coñece con seguridade nin a data de inicio (nacemento, formación, creación etc.) nin a data de finalización (morte, ruptura, destrución etc.), só algúns fitos que amosan a actividade de tal persoa, escola, movemento ou especie. |

Revisión como estaba o 18 de outubro de 2016 ás 13:35
Floruit (a miúdo abreviado fl. ou flor.) é unha voz proveniente do latín, a terceira persoa de singular do pretérito de indicativo do verbo florere 'florecer, prosperar'.
Emprégase para facer referencia a un período de tempo durante o cal unha persoa se atopaba nunha etapa florecente, unha escola, un movemento ou mesmo unha especie biolóxica, e úsase cando non se coñece con seguridade nin a data de inicio (nacemento, formación, creación etc.) nin a data de finalización (morte, ruptura, destrución etc.), só algúns fitos que amosan a actividade de tal persoa, escola, movemento ou especie.
O uso desta expresión comezou entre os gregos, onde se facía referencia á idade das celebridades (políticas, literarias, filosóficas) tendo en conta só o momento no que acadara o cumio (ἀκμή transliter. akmé ou acmé) da súa actividade, que en xeral se asociaba a un evento determinado (os Xogos Olímpicos, o acceso ó poder dun gobernante etc.).