Diferenzas entre revisións de «Eduardo Vincenti»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
{{Outros homónimos|Vicenti}}
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti, de Compañy.jpg|miniatura|dereita|200px|Eduardo Vincenti en ''La Ilustración Española y Americana'' 1905 foto Manuel Compañy.]]
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti, de Compañy.jpg|miniatura|dereita|200px|EstatuaEn ''[[La Ilustración Española y Americana]]'', 1905, foto enManuel PontevedraCompañy.]]
[[Ficheiro:Sepulcro Eduardo Vincenti.jpg|dereita|miniatura|200px|Sepulcro no [[cemiterio de San Amaro de Pontevedra]].]]
'''Eduardo Vincenti Reguera''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de outubro]] de [[1857]] e finado en [[Madrid]] o [[4 de abril]] de [[1924]], foi un político galego.
 
Realizou os estudos de dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Deuse a coñecer no periódico ''[[El Eco de Tambo]]'' e desenvolveu unha notable carreira política: militando no [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]], foi deputado por [[Pontevedra]] desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros.
En [[1897]] dirixiu en Madrid o ''Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional''. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en ''[[La Revista Popular]]'' (1904).
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti.jpg|miniatura|150px|Estatua en Pontevedra.]]
 
Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de [[Eugenio Montero Ríos]], de quen foi aliado político.
 
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en [[1907]] unha proposición de lei sobre [[Foro (contrato)|foros e subforos]].
[[Ficheiro:Sepulcro Eduardo Vincenti.jpg|dereita|miniatura|200px|Sepulcro no [[cemiterio de San Amaro de Pontevedra]].]]
 
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en [[1916]], nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o ''Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional'' a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da [[Xunta de Ampliación de Estudos]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=77 Eduardo Vincenti no Álbum da ciencia] [[CCG]].
{{commons|category:Eduardo Vincenti}}
 
183.823

edicións

Menú de navegación