Andrómeda (constelación): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Andrómeda}}
{{Outroshomónimos|Andrómeda}}
{{Constelación

{{Constelación|
| nome=Andromeda
| nome=Andromeda
| latino=Andrómeda
| latino=Andrómeda
Liña 22: Liña 21:
* [[Pisces]]
* [[Pisces]]
* [[Triangulum]]
* [[Triangulum]]
| latmax = 90 |
| latmax = 90
| latmin = 40 |
| latmin = 40
| mes = Novembro |
| mes = novembro
}}
}}

'''Andrómeda'''<ref>{{cita web|apelidos=Cambados Márquez|nome=Xoaquín Evaristo|título=Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións|url=http://ilg.usc.es/agon/wp-content/uploads/2013/10/34.Cambados.pdf|dataacceso=12 de outubro de 2016}}</ref> é unha [[constelación]] boreal situada ó Sur de [[Cassiopeia]] e preto de [[Pegasus]]. Toma o seu nome da princesa [[Andrómeda (mitoloxía)|Andrómeda]]. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada [[Alpheratz]] ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto [[astronomía|astronómico]] máis importante da constelación é a [[Galaxia de Andrómeda]] que se atopa a máis de 2 millóns de [[ano luz|anos luz]] e é visible a simple vista.
'''Andrómeda'''<ref>{{cita web|apelidos=Cambados Márquez|nome=Xoaquín Evaristo|título=Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións|url=http://ilg.usc.es/agon/wp-content/uploads/2013/10/34.Cambados.pdf|dataacceso=12 de outubro de 2016}}</ref> é unha [[constelación]] boreal situada ó Sur de [[Cassiopeia]] e preto de [[Pegasus]]. Toma o seu nome da princesa [[Andrómeda (mitoloxía)|Andrómeda]]. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada [[Alpheratz]] ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto [[astronomía|astronómico]] máis importante da constelación é a [[Galaxia de Andrómeda]] que se atopa a máis de 2 millóns de [[ano luz|anos luz]] e é visible a simple vista.



Revisión como estaba o 14 de outubro de 2016 ás 13:47

Andromeda
Andromeda
Nome latino Andrómeda
Abreviatura And
Xenitivo Andromedae
Simboloxía A princesa Andrómeda
Ascensión recta 1 h
Declinación 40°
Área 722 graos cadrados

Rango 19°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante Alpheratz (α And)

(magnitude ap. 2,1)

Choiva de meteoros

Andromédidas (Biélidas)

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −40°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de novembro

{{{notas}}}

Andrómeda[1] é unha constelación boreal situada ó Sur de Cassiopeia e preto de Pegasus. Toma o seu nome da princesa Andrómeda. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada Alpheratz ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto astronómico máis importante da constelación é a Galaxia de Andrómeda que se atopa a máis de 2 millóns de anos luz e é visible a simple vista.

Estrelas principais

Obxectos notables do espazo profundo

  • Galaxia de Andrómeda (M31), (NGC 224). Ascensión Recta: 00h 42m 42.0s Declinación: +41°16'00" (Época 2000). A unha distancia de 2,2 millóns de anos luz é a galaxia de gran tamaño máis próxima á Vía Láctea. A simple vista observase coma un glóbulo neboento, o seu centro percíbese co uso de binoculares. Nos telescopios de aficionado apreciase coma unha mancha difusa amarelenta. Ten dúas compañeiras: M32 (NGC 221) Ascensión Recta: 00h 42m 42.0s Declinación: +40°52'00" (Época 2000) e M110 (NGC205) Ascensión Recta: 00h 40m 24.0s Declinación: +41°41'00" (Época 2000). Poden ser observadas con binoculares ou telescopios de baixo aumento, a primeira é máis brillante cá segunda.
  • Andrómeda I e Andrómeda II, tamén galaxias satélites da galaxia de Andrómeda, pero de brillo tan feble que non poden ser observadas polos astrónomos afeccionados.
  • NGC 752. Ascensión Recta: 01h 57m 48.0s Declinación: +37°41'00" (Época 2000). Cúmulo aberto a 4.5º de γ Andromedae.
  • NGC 891. Ascensión Recta: 02h 22m 36.0s Declinación: +42°21'00" (Época 2000). Galaxia espiral que en telescopios de gran apertura amosa unha liña central escura. A 4º o leste de Gamma And.
  • NGC 7662. Ascensión Recta: 23h 25m 54.0s Declinación: +42°33'00" (Época 2000). Tamén coñecida coma bola de neve azul, é unha nebulosa planetaria que se atopa a 2,5 º suroeste de ι Andromedae. 3´ o sur atopase NGC 7640 Ascensión Recta: 23h 22m 06.0s Declinación: +40°51'00" (Época 2000) é unha galaxia espiral barrada.

Mitoloxía

Representación da constelación de Andrómeda.

Casiopea e Cefeo, reís de Etiopía eran os pais de Andrómeda. A raiña Casiopea facía alarde da beleza da súa filla, e comparábaa cás Nereidas, fillas do deus do mar Poseidón. As deusas mariñas, en resposta a esta afronta, exisironlle a Poseidón vinganza e foi así coma este enviou un monstro mariño (Cetus) a asola-las costas do país.

Cefeo acudiu ó oráculo de Zeus quen lle aconsellou coma a única forma de calma-la ira dos deuses e librarse do monstro, era sacrificando a súa filla Andrómeda atándoa a unha pena no acantilado para que o monstro a collese.

Nese intre Perseo viña de regreso da súa expedición contra a Gorgona, e vendo á vítima, namorou dela. Acudiu ó rei e propusolle libera-la súa filla a cambio da súa man. Perseo matou ó monstro amosándolle a cabeza de Medusa, que traía coma trofeo da súa última aventura, converténdoo en coral.

Fineo, tío da princesa e con quen se comprometera en matrimonio, xurou vingarse de Perseo e cos seus partidarios acurralaron ó heroe para matalo. Este non tivo máis recurso que utiliza-la cabeza de Medusa converténdoos en pedra con tan mala fortuna que os pais de Andrómeda tamén se converteron en pedra.

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas