Nino Farina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 582: Liña 582:
|-
|-
| 1954
| 1954
| [[1000 km de Buenos Aires de 1954|1000 km Buenos Aires]] <ref name="racingsportscars.com"/>
| [[1000 km de Buenos Aires de 1954|1000 km Buenos Aires]] <ref name="racingsportscars.com">{{cite web|url=http://www.racingsportscars.com/results/Buenos_Aires-1954-01-24-2301.html|title=1000 km Buenos Aires|publisher=}}</ref>
| style="background:#ffffbf;"| '''1º'''
| style="background:#ffffbf;"| '''1º'''
| [[Scuderia Ferrari]]
| [[Scuderia Ferrari]]

Revisión como estaba o 13 de outubro de 2016 ás 20:26

Modelo:Expiloto de F1

Dottore Giuseppe Emilio "Nino" Farina, nado en Torino o 30 de outubro de 1906 e finado en Aiguebelle 30 de xuño de 1966, foi un piloto de Fórmula 1 italiano, e o primeiro campión mundial da categoría, gañando o título en 1950. Foi tamén o Campión de Italia en 1937, 1938 e 1939. Durante a súa carreira de trinta anos como piloto sufriu varios accidentes.

Primeiros anos

Nacido en Torino, Farina foi o maior dos irmáns Farina, o seu pai Giovanni, xunto ao seu irmán Battista Farina, fundara a empresa de carrozarías de coche Carrozzeria Pininfarina. Giuseppe comezou a pilotar un Temperino de dous cilindros, á idade de tan só nove anos. Converteuse en Doutor en Ciencias Políticas (aínda que algunhas fontes din enxeñería), tamén destacou no esquí, fútbol e atletismo. Rematou unha carreira curta como oficial de cabalería do exército italiano para satisfacer unha ambición diferente: as carreiras de motor.[1][2][3][4][5]

Traxectoria

Cando aínda era un universitario Farina comprou o seu primeiro coche, un Alfa romeo de segunda man, e correu na subida Aosta-Gran San Bernardo de 1925. Ao tratar de vencer ao seu pai, estrelouse, rompendo o ombreiro e sufrindo cortes no rostro, establecendo unha tendencia que continuou ao longo da súa carreira propensa aos fallos. O seu pai terminou en cuarto lugar.[1][2][4][6]

Alfa Romeo 8C-35 de Farina estrelado no Gran Premio de Deauville de 1936

As súas primeiras experiencias en pista fíxoas con Maserati, aínda que a súa carreira comezaría a florecer co seu pase a Alfa Romeo, onde tivo como compañeiro de equipo a Tazio Nuvolari. A fins da década dos 30, Farina gañou varios Gran Premios menores, que lle permitiron obter o título de campión italiano de pilotos durante tres anos seguidos (1937-1939). No ano seguinte lograría o seu primeiro triunfo grande, no Gran Premio de Trípoli de 1940, en Libia. No momento en que estaba chegando á súa madurez como piloto, desatouse a Segunda Guerra Mundial, e pasarían oito anos antes de que Farina puidese gañar outro Gran Premio.

Na posguerra, Nino tomou parte en varios grandes premios cun Maserati propio, logrando desta forma un triunfo no Gran Premio de Mónaco de 1948. Cando a Fédération Internationale de l'Automobile anunciou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, Farina asegurouse unha praza no equipo Alfa Romeo, xunto a Juan Manuel Fangio e ao italiano Luigi Fagioli, ao mando dun dos aparentemente invencibles 158 Alfetta. Farina obtivo 3 vitorias nas 7 carreiras do campionato, e logrou así o seu primeiro campionato mundial na categoría. Era o cumio da súa carreira.

En 1951, viuse obrigado a facer o papel de escudeiro de Fangio, cuxo ritmo de carreira foi demasiado para Farina. O italiano logrou un único triunfo no Gran Premio de Bélxica, aínda que gañou algunhas das carreiras non válidas para o campionato. Tras o seu pase a Ferrari en 1952, Farina viuse outra vez pasado por un piloto máis novo, esta vez Alberto Ascari, quen logrou 9 vitorias consecutivas en carreiras polo campionato entre 1952 e 1953.

O primeiro triunfo de Farina en Ferrari, que á vez sería o último dos seus 5 triunfos no campionato mundial de F1, produciuse no Gran Premio de Alemaña de 1953, disputado en Nürburgring. Nese ano, tamén formou un equipo co seu amigo da F1 Mike Hawthorn, para disputar e gañar as 24 horas de Spa. A principios de 1954, Farina gañou unha proba do Campionato Mundial de Auto Deportivos, aínda que tempo despois sufriu graves queimaduras nun accidente na saida de Monza. O italiano intentou regresar ás pistas en 1955 tomando calmantes, e logrou finalizar na zona de puntos en algunha carreira. Con todo, dándose conta de que non podería alcanzar o seu nivel de outrora, decidiu retirarse ao final desa tempada.

En 1956, Farina planificou o seu regreso nas 500 millas de Indianápolis, pero sufriu unha lesión no seu pescozo durante unha carreira menor en Monza. Tras a súa recuperación, intentou regresar ás pistas en Indianápolis, pero desistiu tras presenciar a morte dun compañeiro que estaba probando o auto que lle correspondía a Farina.

Figura notable dos primeiros anos da Fórmula 1, Farina era recoñecido polo seu estilo de manexo e a súa intelixencia, pero tamén pola súa petulancia e o seu desprezo polos seus rivais na pista.

Morte

Logo da súa retirada, Farina involucrouse nas distribuidoras de Alfa Romeo e Jaguar e máis tarde asesorou á fábrica de Pininfarina.[1][2]

Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, cando ía como espectador camiño do Gran Premio de Francia de 1966, Farina perdeu o control do seu Lotus Cortina nos Alpes de Savoia, cerca Aiguebelle, chocou contra un poste de telégrafos e morreu no acto. Non só asistía como espectador, senón tamén por unha película, ao longo da tempada fora o asesor e o dobre na pilotaxe do actor francés Yves Montand, que interpretaba a un ex campión do mundo na película Gran Premio.[1][2][6][7][8]

Rexistro de carreiras

Palmarés

Tempada Series Posición Equipo Coche
1933 Coppa Principessa di Piemonte [9] Alfa Romeo 2300
1934 Masarykuv Okruh [10] Scuderia Subalpina Maserati 4CM
Giro d’Italia [11] Lancia Astura V8
Gran Premio de Biella [2] Scuderia Subalpina Maserati 4CM
1935 Bergamo GP [2] Scuderia Subalpina Maserati 4CM
Gran Premio de Biella [2] Scuderia Subalpina Maserati 4CM
AIACR European Championship [12] 21º Gino Rovere Maserati 6C-34
1936 Mille Miglia [13] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C 2900 A
Penya Rhin Grand Prix [2] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35
Circuito di Milano [2] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35
Gran Premio di Modena [2] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35
AIACR European Championship [14] 14º Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35
1937 Italian Championship [1] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36
Gran Premio di Napoli [15] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36
Mille Miglia [13] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C 2900 A
Turin Grand Prix [15] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36
Circuito di Milano [16] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36
AIACR European Championship [17] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35
AAA National Championship [18] Scuderia Ferrari Alfa Romeo 8C-35
1938 Italian Championship [1] Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 316
Pontedecimo-Giovi [19] Alfa Corse Alfa Romeo 2900B MM
Coppa Ciano [15] Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 316
Coppa Acerbo [15] Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 316
Gran Premio d’Italia [20] Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 316
AIACR European Championship [21] Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 312
Alfa Romeo Tipo 316
1939 Campionato Italiano [1] Alfa Corse Alfa Romeo 158
GP d’Anvers [22] Alfa Corse Alfa Romeo 8C 2900B/412S
Coppa Ciano [23] Alfa Corse Alfa Romeo 158
Prix de Berne [24] Alfa Corse Alfa Romeo 158
Coppa Acerbo [25] Alfa Corse Alfa Romeo 158
AIACR European Championship [26] 13º Alfa Corse Alfa Romeo 158
1940 Gran Premio di Tripoli [27] Alfa Corse Alfa Romeo 158
Mille Miglia [28] Alfa Romeo 6C 2500 SS Spider Touring
1946 Grand Prix des Nations [29] Alfa Romeo 158
1948 Gran Premio Internacional del General San Martín [30] Scuderia Milano Maserati 8CL
Grand Prix des Nations [31] Maserati 4CLT
Grand Prix Automobile de Monaco [32] Maserati 4CLT
Circuito di Garda [33] Ferrari 125
1949 Copa Acción de San Lorenzo [34] Scuderia Ferrari Ferrari 125C
Lausanne Grand Prix [35] Maserati 4CLT/48
Grande Prêmio da Cidade de Rio de Janeiro [34] Scuderia Ferrari Ferrari 125C
Daily Express BRDC International Trophy [36] Scuderia Ferrari Ferrari 125
1950 Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 [37] 1 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158
Alfa Romeo 159
Gran Premio do Reino Unido de 1950 [38] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158
Gran Premio de Suíza de 1950 [39] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158
Gran Premio di Bari [40] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158
Daily Express BRDC International Trophy [41] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158
Gran Premio de Italia de 1950 [42] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158
Gran Premio Internacional del General San Martín [43] Dott G. Farina Maserati 4CLT
Copa Acción de San Lorenzo [43] Dott G. Farina Maserati 4CLT
1951 Gran Premio de París [44] Scuderia Milano Maserati 4CLT
Ulster Trophy [44] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A
Gran Premio de Bélxica de 1951 [45] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A
Woodcote Cup [46] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159
Festival of Britain Trophy [46] Scuderia Milano Maserati 4CLT
Grand Prix de Pau [44] Scuderia Milano Maserati 4CLT
Gran Premio de Suíza de 1951 [47] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A
Gran Premio de Italia de 1951 [48] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159M
Gran Premio de España de 1951 [49] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159M
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 [50] Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A
Alfa Romeo 159M
1952 Gran Premio di Napoli [51] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio dell’Autodromo di Monza [52] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1952 [53] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Francia [54] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de París [55] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Bélxica de 1952 [56] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Grand Prix de la Marine [57] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Francia de 1952 [58] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Alemaña de 1952 [59] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Grand Prix de la Comminges [60] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio dos Países Baixos de 1952 [61] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Woodcote Cup [62] 2nd G.A. Vandervell Ferrari 375 Thinwall
Gran Premio di Siracusa [63] Scuderia Ferrari Ferrari 500
1953 Gran Premio Ciudad de Buenos Aires [64] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio di Napoli [65] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Grand Prix de Rouen-les-Essarts [66] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Daily Express Trophy [67] G.A. Vandervell Ferrari Thinwall
24 Heures de Spa Francorchamps [68] Scuderia Ferrari Ferrari 375 MM Pinin Farina Berlinetta
Gran Premio de Alemaña de 1953 [69] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Internationales ADAC-1000 km Rennen Weltmeisterchaftslauf Nürburgring [70] Automobili Ferrari Ferrari 375 MM Vignale Spyder
12 h Casablanca [71] Scuderia Ferrari Ferrari 375 MM Berlinetta
Gran Premio dos Países Baixos de 1953 [72] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Suíza de 1953 [73] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio de Italia de 1953 [74] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1953 [75] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio do Reino Unido de 1953 [76] Scuderia Ferrari Ferrari 500
Gran Premio di Monza [77] Scuderia Ferrari Ferrari 250 MM Vignale Spyder
1954 1000 km Buenos Aires [78] Scuderia Ferrari Ferrari 375 MM
Gran Premio di Siracusa [79] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Grand Prix d’Agadir [80] Scuderia Ferrari Ferrari 375 Plus
Gran Premio de Arxentina de 1954 [81] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Gran Premio Ciudad de Buenos Aires [82] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954 [83] Scuderia Ferrari Ferrari 625
1955 Gran Premio de Arxentina de 1955 [84] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Gran Premio de Bélxica de 1955 [85] Scuderia Ferrari Ferrari 625
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1955 [86] Scuderia Ferrari Ferrari 625

Resultados Completos en Fórmula 1

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos Puntos
1950 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 158/50 Alfa Romeo 8 en liña GBR
1
MON
Ret
500
SUI
1
BEL
4
FRA
7
ITA
1
30
1951 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159A Alfa Romeo 8 en liña SUI
3
500
BEL
1
FRA
5
19 (22)
Alfa Romeo 159B GBR
Ret
ALE
Ret
Alfa Romeo 159M ITA
3*
ESP
3
1952 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña SUI
Ret
500
BEL
2
FRA
2
GBR
6
ALE
2
NED
2
ITA
4
24 (27)
1953 Scuderia Ferrari Ferrari 500 Ferrari 4 en liña ARX
Ret
500
NED
2
BEL
Ret
FRA
5
GBR
3
ALE
1
SUI
2
ITA
2
26 (32)
1954 Scuderia Ferrari Ferrari 625 Ferrari 4 en liña ARX
2
500
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
ESP
NCG
6
Ferrari 553 BEL
Ret
1955 Scuderia Ferrari Ferrari 625/555 Ferrari 4 en liña ARX
2**
10 1/3
Ferrari 625 MON
4
Ferrari 555 500
BEL
3
Lancia D50 Lancia V8 NED
GBR
ITA
NTS

* Indica unidade compartida
** No Gran Premio de Arxentina de 1955, Farina finalizou en 2º (compartido con Trintignant e González) e 3º lugar (compartido con Maglioli e Trintignant). Concedeuselle un terzo dos puntos de cada resultado.

Predecesor:
-
Campión da Fórmula 1
1950
Sucesor:
Juan Manuel Fangio

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Giuseppe Farina". 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "THE GOLDEN ERA OF GP RACING 1934-40 - DRIVERS (F)". 
  3. "Giuseppe Farina Profile - Drivers - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". 
  4. 4,0 4,1 "Nino Farina". Formula 1® - The Official F1® Website. 
  5. "Grand Prix History - Giuseppe Farina". 
  6. 6,0 6,1 "8W - Who? - Nino Farina". 
  7. Allen Brown. "Giuseppe Farina". 
  8. "Giuseppe Farina". F1 Fanatic. 
  9. "Coppa Principessa di Piemonte". 
  10. "Voiturette 1934 - Brno, 30.09". 
  11. "Giro d'Italia". 
  12. [1][Ligazón morta]
  13. 13,0 13,1 "Mille Miglia". 
  14. [2][Ligazón morta]
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 [3][Ligazón morta]
  16. "II° Circuito di Milano 1937 standings - Driver Database". 
  17. [4][Ligazón morta]
  18. "AAA National Championship 1937 standings - Driver Database". 
  19. "Pontedecimo-Giovi (hillclimb)". 
  20. "1938 GRAND PRIX SEASON - PART 6". 
  21. [5][Ligazón morta]
  22. [6][Ligazón morta]
  23. "Coppa Ciano, 30.07". 
  24. "Voiturette 1939 - Bremgarten, 20.08". 
  25. "Voiturette 1939 - Coppa Acerbo, 15.08". 
  26. [7][Ligazón morta]
  27. "1940-41 GRAND PRIX SEASON". 
  28. "Mille Miglia". 
  29. "1946 Nations GP". 
  30. "South American Formula Libre/Temporada Races 1946-1952". 
  31. "1948 Nations GP". 
  32. "1948 Formula One Races". 
  33. "1948 Garda Circuit". 
  34. 34,0 34,1 "South American Formula Libre/Temporada Races 1946-1952". 
  35. "1949 Lausanne GP". 
  36. "1945 Robert Benoist Cup". 
  37. "Results 1950 Formula 1 Season". F1 Fansite. 
  38. "Results 1950 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. 
  39. "Results 1950 Formula 1 Grand Prix of Switzerland". F1 Fansite. 
  40. "1950 Bari GP". 
  41. "15 Robert Benoist Cup". 
  42. "Results 1950 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. 
  43. 43,0 43,1 "South American Formula Libre/Temporada Races 1946-1952". 
  44. 44,0 44,1 44,2 "1951 Non-World Championship Formula One Races". 
  45. "Results 1951 Formula 1 Grand Prix of Belgium". F1 Fansite. 
  46. 46,0 46,1 "1951 Formula Libre Races". 
  47. "Results 1951 Formula 1 Grand Prix of Switzerland". F1 Fansite. 
  48. "Results 1951 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. 
  49. "Results 1951 Formula 1 Grand Prix of Spain". F1 Fansite. 
  50. "Results 1951 Formula 1 Season". F1 Fansite. 
  51. "Formula 2 1952 - Napoli GP". 
  52. "Formula 2 1952 - Monza GP". 
  53. "Results 1952 Formula 1 Season". F1 Fansite. 
  54. "Formula 2 1952 - Final Tables". 
  55. "Formula 2 1952 - Paris GP". 
  56. "Results 1952 Formula 1 Grand Prix of Belgium". F1 Fansite. 
  57. "Formula 2 1952 - GP de la Marne". 
  58. "Results 1952 Formula 1 Grand Prix of France". F1 Fansite. 
  59. "Results 1952 Formula 1 Grand Prix of Germany". F1 Fansite. 
  60. "Formula 2 1952 - GP de Comminges". 
  61. "Results 1952 Formula 1 Grand Prix of the Netherlands". F1 Fansite. 
  62. "1952 Formula Libre Races". 
  63. "Formula 2 1952 - Siracusa GP". 
  64. "Formula 2 1953 - Buenos Aires City GP". 
  65. "Formula 2 1953 - Napoli GP". 
  66. "Formula 2 1953 - Rouen GP". 
  67. [8][Ligazón morta]
  68. "Spa 24 Hours". 
  69. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of Germany". F1 Fansite. 
  70. "Nürburgring 1000 Kilometres". 
  71. "12 h Casablanca". 
  72. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of the Netherlands". F1 Fansite. 
  73. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of Switzerland". F1 Fansite. 
  74. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. 
  75. "Results 1953 Formula 1 Season". F1 Fansite. 
  76. "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. 
  77. "GP Monza". 
  78. "1000 km Buenos Aires". 
  79. "Formula 1 1954 - GP Siracusa, 11.04". 
  80. "Agadir Grand Prix - Sports +2000 cc". 
  81. "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Argentina". F1 Fansite. 
  82. "Formula 1 1954 - Buenos Aires GP". 
  83. "Results 1954 Formula 1 Season". F1 Fansite. 
  84. "Results 1955 Formula 1 Grand Prix of Argentina". F1 Fansite. 
  85. "Results 1955 Formula 1 Grand Prix of Belgium". F1 Fansite. 
  86. "Results 1955 Formula 1 Season". F1 Fansite. 

Véxase tamén

Ligazóns externas