Diferenzas entre revisións de «Francisco Javier González Pérez»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
(→‎Véxase tamén: + bibliografía)
'''Francisco Javier González Pérez''', máis coñecido como '''Fran''', nado en [[Carreira, Ribeira|Carreira]] ([[Ribeira]]) o [[14 de xullo]] de [[1969]], é un ex [[futbolista]] [[Galicia|galego]]. Xogaba de [[Posicións no fútbol|centrocampista]] e foi internacional coa [[Selección de fútbol de España|selección española]].
 
Foi posiblemente o xogador galego máis destacado desde [[Luis Suárez Miramontes|Luis Suárez]]{{cómpre referencia}}. Interior zurdo cun toque de balón excepcional e unha non menor visión de xogo, destaca sobre todo polos seus precisos centros dende a banda esquerda. FoiÉ posiblementeirmán odo xogadortamén galego máis destacado desdefutbolista [[LuisJosé SuárezRamón MiramontesGonzález Pérez|LuisJosé SuárezRamón]].
 
Actualmente é o seleccionador, xunto con [[Míchel Salgado]], da [[Selección de fútbol de Galicia|selección galega]].
 
== Traxectoria ==
Comezou a súa carreira deportiva no equipo da súa vila natal, o [[Carreira CF]] até que se incorporou á disciplina deportivista. Na tempada 1987–88 debutou co [[Deportivo B|Fabril Deportivo]] en [[Terceira División Española|Terceira División]], conseguindo un 6º posto na clasificación. Na tempada seguinte debutou co [[Deportivo da Coruña]] en [[Segunda división española|Segunda División]], xogando esa campaña 4 partidos. O seu debut foi o [[17 de xaneiro]]  de [[1988]] contra o [[Real Burgos]] en [[Estadio de Riazor|Riazor]], sendo [[Luis Rodríguez Vaz]] o adestrado branquiazul. O seu primeiro gol como deportivista chegou na tempada [[Segunda división española 1990/91|1990–91]], na xornada 14, con vitoria a domicilio sobre o [[UD Las Palmas]] (1–3). Fran marcou o terceiro dos tantos branquiazuis.
 
Fran foi cotizado polos grandes clubs españois: [[Real Madrid CF]], co que asinou un precontrato que debería entrar en vigor na tempada [[Primeira división española 1995/96|1995–96]] e que [[Augusto César Lendoiro|Lendoiro]] recomprou a tempo por 260 millóns de pesetas; e [[FC Barcelona]], onde [[Johan Cruyff]] ao final desa mesma tempada insistiu na súa fichaxe debida á súa afinidade co estilo de xogo do equipo culé, mais a intransixencia de Lendoiro a negociar o traspaso, a menos que pagasen os 2.000 millóns da súa cláusula, disuadiu ao club catalán de calquera intento de contratalo. A tempada [[Primeira división española 1995/96|1995–96]], con [[John Toshack]] no banco, foi persoal e colectivamente unha das peores para Fran. Por distintos motivos nunca chegou a render ao nivel que tiña afeitos aos seus seguidores, e ademais unha lesión pechoulle todas as portas, se tiña aberta algunha, de acudir á [[Eurocopa 1996|Eurocopa de Inglaterra]]. Foi operado do xeonllo esquerdo o [[9 de maio]] de [[1996]], intervención que lle obriga estar tres meses de baixa. Nos anos seguintes os éxitos do Deportivo e de Fran continuaron chegando á culminación co título de liga logrado no ano [[2000]], ano en que Fran ademais foi convocado para a [[Eurocopa 2000|Eurocopa de Holanda e Bélxica]].
 
=== Selección nacional ===
Convocado coa [[Selección de fútbol de España|selección española]] desde abril de 1992, debutou co conxunto vermello o [[27 de xaneiro]] de [[1993]], nun encontro contra [[Selección de fútbol de México|México]] que rematou con empate (1–1), nun partido de clasificación para o [[Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994|Mundial de Estados Unidos 1994]]. O seu primeiro gol co conxunto nacional chegou o [[27 de marzo]]  de [[1999]], marcando o último tanto da goleada que España lle endosou a [[Selección de fútbol de Austria|Austria]] (9–0). En total, coa selección Fran xogou 16 partidos e marcou dous goles.
 
=== Selección galega ===
129.055

edicións

Menú de navegación