Benito Losada Astray: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 13: Liña 13:
Unha vez xubilado do seu posto de xeneral médico militar, comezou a dedicarse á creación literaria. Tras o falecemento da súa muller, sumiuse nunha gran tristura que reflectiu nos versos "Recordos". Logo viría a novela curta ''Votos eternos'' de estilo romántico. En 1883 rematou outra das súas novelas en castelán ''Paca'', na que narra minuciosamente as longas xornadas dunha viaxe en dilixencia de Santiago a Madrid a mediados do XIX. Consérvase un manuscrito en castelán dun relato tráxico romántico titulado "Mario", que non chegou a publicarse.

Da súa obra destacan ''Poesías'' (1878), o seu libro máis romántico; ''Soazes d’un vello'' (1886) premio literario de ''[[La Voz de Galicia]]'' e publicado por esta editorial e posteriormente con "Contiños dá Terra" na terceira parte de ''Soazes d´un vello''. Ten publicada por entregas un novela curta co título "Por un retrato" na revista ''Galicia'' da Coruña. Tampouco están publicadas dúas das súas novelas en castelán ''Lola'' e ''Votos Eternos''. A lenda "Afronta, daga e vieira" incluída en ''Soazes d´un vello'' é un fermoso relato en tempo medieval na que aparecen castelos e paraxes da bisbarra do Ulla, nobres violentos e sufridas heroínas, na que está presente encontros, amores secretos, fuxida fracasada, xuramento, anagnórises, arrepentimento e múltiple desenlace infausto. Pero polo que é máis coñecido Benito Losada é pola trintena de poemas soltos ''Contiños'' (1888) de signo costumista e polos seus epigramas. Estas composicións, posúen un marcado carácter picaresco, cheas de alusións maliciosas, o cal motivo algunhas críticas, entre elas de [[Pardo Bazán]], por considerar que resultaban chocarreras e de mal gusto.

Foi Benito Losada un poeta áxil e solto que coñecía ben o galego. Negábase a ser fotografado, como ben recorda o seu amigo [[Enrique Labarta Pose]] en versos que escribe na revista da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]. Só se coñecía a súa imaxe a través do debuxo que figura na portada do número 6 da revista ''[[La Pequeña Patria]]''. Finalmente atopouse unha fotografía escrita no reverso que di"Lector se o nome saber lle agrada direino ao momento Benito Losada".

En [[1922]] [[Aubrey Fitz Bell]] dedicoulle un apéndice de ''Portuguese Litarature'' ao renacemento literario galego onde salienta sobre todo o seu populismo porque presenta cadros coloridos, íntimos e interesantes da vida de campo en Galicia. Hai un amplo e detallado estudo biográfico e bibliográfico de Benito Losada Astray de [[Antonio Couceiro Freijomil]] (1952) e de [[Ricardo Carballo Calero]] (1975). En 1991, con motivo do centenario do seu falecemento, [[José Filgueira Valverde]], dedicoulle un artigo en ''[[Faro de Vigo]]''.

Liña 23: Liña 23:
* [http://www.galegos.info/gl/benito-losada-astray Ficha en galegos.info]
* [http://www.galegos.info/gl/benito-losada-astray Ficha en galegos.info]

{{ORDENAR:Losada Astray, Benito}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Losada Astray, Benito}}
[[Categoría:Militares de Galicia]]
[[Categoría:Militares de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]

Revisión como estaba o 11 de outubro de 2016 ás 01:54

Benito Ramón Hipólito Losada Astray, nado en Santiago de Compostela o 19 de novembro de 1824 e finado en San Mamede de Ribadulla o 11 de setembro de 1891, foi un médico, militar e escritor galego.

Traxectoria

Fillo de Benito Alvarez-Losada Pardo, catedrático de Dereito Penal, e Teresa Astray-Caneda Calvelo. Licenciouse en Medicina e ingresou no Corpo de Sanidade Militar. Exerceu de médico militar no País Vasco durante a guerra carlista e máis tarde en Cuba. Convencido anticlerical, interesouse na política liberal, afiliándose ao partido republicano, o que o levou a participar no levantamento de Solís de 1846. Colaborador de diversas publicacións, como El Heraldo Gallego e Revista Gallega, pódese adscribir á xeración provincialista, polo que forma parte da nómina de poetas tardíos do Rexurdimento.

Consérvase un manuscrito que titula "Os que ensinan a orella" no que arremete implacablemente contra o clero polo seu desexo de exclusividade no ensino público e que lle valeu unha forte campaña de desprestixio por parte dun mozo director dun xornal compostelán, pero ao que veu a darlle a razón o Real Decreto sobre o ensino libre do Ministerio de Fomento, presidido por Pidal.

Casou en Cuba con Adelaida Ferrant Ajuria; non tiveron fillos.

Obra

La Pequeña Patria, Santiago, 30 de decembro de 1890, n.º 6.

Unha vez xubilado do seu posto de xeneral médico militar, comezou a dedicarse á creación literaria. Tras o falecemento da súa muller, sumiuse nunha gran tristura que reflectiu nos versos "Recordos". Logo viría a novela curta Votos eternos de estilo romántico. En 1883 rematou outra das súas novelas en castelán Paca, na que narra minuciosamente as longas xornadas dunha viaxe en dilixencia de Santiago a Madrid a mediados do XIX. Consérvase un manuscrito en castelán dun relato tráxico romántico titulado "Mario", que non chegou a publicarse.

Da súa obra destacan Poesías (1878), o seu libro máis romántico; Soazes d’un vello (1886) premio literario de La Voz de Galicia e publicado por esta editorial e posteriormente con "Contiños dá Terra" na terceira parte de Soazes d´un vello. Ten publicada por entregas un novela curta co título "Por un retrato" na revista Galicia da Coruña. Tampouco están publicadas dúas das súas novelas en castelán Lola e Votos Eternos. A lenda "Afronta, daga e vieira" incluída en Soazes d´un vello é un fermoso relato en tempo medieval na que aparecen castelos e paraxes da bisbarra do Ulla, nobres violentos e sufridas heroínas, na que está presente encontros, amores secretos, fuxida fracasada, xuramento, anagnórises, arrepentimento e múltiple desenlace infausto. Pero polo que é máis coñecido Benito Losada é pola trintena de poemas soltos Contiños (1888) de signo costumista e polos seus epigramas. Estas composicións, posúen un marcado carácter picaresco, cheas de alusións maliciosas, o cal motivo algunhas críticas, entre elas de Pardo Bazán, por considerar que resultaban chocarreras e de mal gusto.

Foi Benito Losada un poeta áxil e solto que coñecía ben o galego. Negábase a ser fotografado, como ben recorda o seu amigo Enrique Labarta Pose en versos que escribe na revista da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Só se coñecía a súa imaxe a través do debuxo que figura na portada do número 6 da revista La Pequeña Patria. Finalmente atopouse unha fotografía escrita no reverso que di"Lector se o nome saber lle agrada direino ao momento Benito Losada".

En 1922 Aubrey Fitz Bell dedicoulle un apéndice de Portuguese Litarature ao renacemento literario galego onde salienta sobre todo o seu populismo porque presenta cadros coloridos, íntimos e interesantes da vida de campo en Galicia. Hai un amplo e detallado estudo biográfico e bibliográfico de Benito Losada Astray de Antonio Couceiro Freijomil (1952) e de Ricardo Carballo Calero (1975). En 1991, con motivo do centenario do seu falecemento, José Filgueira Valverde, dedicoulle un artigo en Faro de Vigo.

Véxase tamén

Ligazóns externas