N-536: Diferenzas entre revisións
formato |
m →top: Arranxos varios |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{vía |
|||
| nome = N-536 |
| nome = N-536 |
||
| tipoloxía = Estrada convencional | rede = [[Rede de estradas do Estado]] | tipo = nacional |
| tipoloxía = Estrada convencional | rede = [[Rede de estradas do Estado]] | tipo = nacional |
Revisión como estaba o 11 de outubro de 2016 ás 00:12
N-536 | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 57 km |
Localización | |
Inicio | Ponferrada N-VI |
Fin | A Rúa OU-603 |
A N-536 é unha estrada de categoría nacional que decorre entre Ponferrada e A Rúa.
Historia
Foi creada como estrada de primeira orde Ponferrada-Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Parte do treito, entre Arcos e Vilamartín de Valdeorras é compartido co trazado da N-120, que une Logroño e Vigo.
En 1987 esta estrada nacional foi subdividida en varios treitos con diversas denominacións: a N-536 entre Ponferrada e A Rúa, e baixo titularidade autonómica a OU-533 entre A Rúa e Freixido de Abaixo (Petín), a OU-636 entre Freixido de Abaixo e A Pobra de Trives e a OU-536 entre A Pobra de Trives e Ourense.
Trazado actual
A estrada une a comarca do Bierzo coa comarca ourensá de Valdeorras. Trátase da alternativa sur que une as capitais comarcais de Ponferrada co Barco de Valdeorras xa que a N-120 tamén decorre entre estas dúas comarcas.
O trazado da N-536 comeza na N-VI á altura do barrio ponferradino de Fuentesnuevas, pasa por diversas localidades bercianas en dirección suroeste, como Villalibre de la Jurisdicción, Priaranza del Bierzo, Santalla del Bierzo, Carucedo, Sobredo, Salas de la Ribera e A Ponte de Domingo Flórez antes de internarse en Galicia. En terreo ourensán a estrada pasa pola ribeira do Sil ata rematar na Rúa.