Torbeo, Ribas de Sil: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa María mediante HotCat |
m →Xeografía: Arranxos varios |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
==Xeografía== |
==Xeografía== |
||
Está situada á beira do [[río Sil]], e a súa vexetación está composta en boa medida por [[Souto (botánica)|souto]]s de [[castiñeiro]]s. Ten 16,2 |
Está situada á beira do [[río Sil]], e a súa vexetación está composta en boa medida por [[Souto (botánica)|souto]]s de [[castiñeiro]]s. Ten 16,2 km², dos cales 4,81 son montes veciñais. |
||
==Historia== |
==Historia== |
Revisión como estaba o 11 de outubro de 2016 ás 00:03
Torbeo | |
---|---|
Pía bautismal da igrexa de Santa María de Torbeo. | |
Concello | Ribas de Sil |
Coordenadas | 42°26′35″N 7°22′41″O / 42.443027777778, -7.3780555555556Coordenadas: 42°26′35″N 7°22′41″O / 42.443027777778, -7.3780555555556 |
Poboación | 115 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 19 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Torbeo é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2011 contaba con 115 habitantes (57 homes e 58 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 207 habitantes.
Xeografía
Está situada á beira do río Sil, e a súa vexetación está composta en boa medida por soutos de castiñeiros. Ten 16,2 km², dos cales 4,81 son montes veciñais.
Historia
Hai referencias do mosteiro de Torbeo entre os séculos XII e XVI. Na abadía de Torbeo estaba soterrado Vasco Peres de Quiroga, nado en 1135, tendo a sía lápida a seguinte inscrición: Aquí iace el Bon Quiroga rico ome de Castella. Fo muy umilloso e caritativo que a ninguen dexo morrer de fame; requiescat in pace.
En 1555, na obra de Hernán Núñez Refranero o proverbios en romance, aparece recollido "Quando fores a Torbeo leva o pan no seo". Na época de Filipe II de España a súa abadía contaba con 100 vasalos.
Na última etapa do Antigo Réxime Torbeo constituía xurisdición de seu, e a comezos do século XIX transformouse en concello.
Filomena Arias Armesto (1865-1938), coñecida como "A Bruxa" ou "A Sabia de Torbeo", foi unha curandeira e adiviñadora de tal sona no seu momento que levaba á parroquia xentes desde toda Galiza, León, Ponferrada e Asturias. Sobre ela falou Vicente Risco no estudo de etnografía da obra Historia de Galiza de Otero Pedrayo. Tamén aparece mencionada en Madera de Boj, de Camilo José Cela.
Patrimonio
Consérvase a igrexa románica, do século XII. Outro coñecido e singular edificio é o Pazo da Casa Nova.
Da súa gastronomía ten sona a variedade endémica de castaña torbeana, recollida na listaxe de cultivos de castaña realizada pola FAO.
Lugares e parroquias
Lugares de Torbeo
Lugares da parroquia de Torbeo no concello de Ribas de Sil (Lugo) | |
---|---|
O Barrio | Campos | O Carballiño | As Cortes | A Covela | Figueiro | As Fontes | Lama de Paio | Moreiras de Abaixo | Morreiras de Arriba | Moreiras do Medio | O Outeiro | Pacios | Paredes | As Pozas | San Lourenzo | San Martiño | A Ventosa | Os Vilares |
Parroquias de Ribas de Sil
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- www.torbeo.com, blog de Antonio Rodríguez sobre a parroquia.