Provincia de Cidade Real: Diferenzas entre revisións
engado control de autoridades |
|||
Liña 46: | Liña 46: | ||
{{Concellos de Cidade Real}} |
{{Concellos de Cidade Real}} |
||
{{Provincias de España}} |
{{Provincias de España}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Provincias de España|Cidade Real]] |
[[Categoría:Provincias de España|Cidade Real]] |
Revisión como estaba o 10 de outubro de 2016 ás 22:24
Capital | Cidade Real |
Área | 19.813 km² |
Poboación | 515.529 hab. (2010) |
Densidade | 26,72 hab./km² |
Concellos | 102 |
Xentilicio | Ciudadrealeño/a |
A provincia de Cidade Real[1] (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).
Xeografía
Relevo
A súa paisaxe está definida pola Meseta Central Ibérica na súa metade setentrional: trátase dun extenso altiplano de horizonte chairo apenas interrompido por outeiros de pouca altura. O sur da provincia está delimitado pola Serra Morena, na que o principal paso cara Andalucía está en Despeñaperros; mentres que no Norte érguense os Montes de Toledo, unha cadea montañosa non moi elevada.
Grande parte do territorio pertence á comarca da Mancha, arredor da cal aparecen as subcomarcas do Campo de Calatrava, o Campo de San Juan e o Campo de Montiel.
Hidrografía
O río Guadiana é a principal cunca hidrográfica; nace nas lagoas de Ruidera, na parte oriental da provincia, desaparecendo e volvendo a aparecer nos arredores da localidade de Villarrubia de los Ojos. Algúns dos seus afluentes importantes na provincia son o Cigüela, o Záncara e o Jabalón.
Clima
O clima da provincia é continental, caracterizado por invernos fríos e veráns moi calorosos.
Notas
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Cidade Real |