Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
Liña 26: Liña 26:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración|nome= Rafael|apelidos= Vallejo Pousada|ligazónautor= |autor2= Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan|ano= 2005|editorial= [[Deputación Provincial de Pontevedra|Deputación Provincial]] |isbn= 84-8457-255-2}}

* [[Julio Prada Rodríguez|Prada Rodríguez, Julio]] e López Blanco, Rogelio (2001): "Galicia", pp. 349-382 en [https://books.google.es/books?id=QY99T3Mg5ykC&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false ''El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923)'']
* [[Julio Prada Rodríguez|Prada Rodríguez, Julio]] e López Blanco, Rogelio (2001): "Galicia", pp. 349–382 en [https://books.google.es/books?id=QY99T3Mg5ykC&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false ''El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923)'']
* {{Cita libro |artigo=Bugallal Araújo, Gabino |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume= |páxinas=141-142 |editorial=[[Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita libro |artigo=Bugallal Araújo, Gabino |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume= |páxinas=141-142 |editorial=[[Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita enciclopedia |artigo=Bugallal y Araújo, Gabino |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |id=ISBN 84-87804-88-8 }}

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2016 ás 21:29

Bugallal.

Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego, conde de Bugallal.

Traxectoria

Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

A Gabino Bugallal en Ponteareas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, onde repousa[1].

Predecesor:
Eduardo Dato
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar

Familia

Irmán de Isidoro Bugallal, foi neto do xornalista Isidoro Araújo. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos