Manuel Gómez del Valle: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
consello de guerra
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 17: Liña 17:
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/9973/ Ficha en Nomes e Voces]
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/9973/ Ficha en Nomes e Voces]


{{ORDENAR:Gomez del Valle, Manuel}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Gomez del Valle, Manuel}}
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2016 ás 21:26

Manuel Gómez del Valle, nado na Habana en 1906 e finado en Ourense o 11 de agosto de 1936, foi un xornalista, poeta e profesor galego.

Traxectoria

Fillo de emigrantes galegos en Cuba, estableceuse en Ourense en 1918 onde estudou o bacharelato. Foi profesor en Amoeiro e Vilamarín. Cando se produciu a sublevación do 18 de xullo de 1936, xunto ao socialista Fernando Cordón García, funcionario de aduanas en Verín, trasladáronse á Gudiña para unirse a quen estivera disposto a facer fronte á sublevación militar. Foron detidos en Xinzo de Limia pola Garda Civil o 21 de xullo e trasladados a Ourense.

Foi sometido a un consello de guerra sumarísimo que o condenou á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense, a pesar das peticións de indulto do daquela sacerdote Fernando Quiroga Palacios, máis tarde cardeal, que asistiu ao fusilamento. A súa nai, María del Valle Lozano, foi detida por ter pedido a conmutación da pena capital, internada no cárcere de Celanova e asasinada en Xinzo de Limia. O seu irmán, Ricardo Gómez del Valle, foi obrigado a participar na guerra como soldado do bando franquista, sendo asasinado cara o final da mesma, trala toma de Valencia, por un falanxista.

A súa obra está dispersa en distintas publicacións. En prosa na revista Escuela del Trabajo ("Krupp 42"), a poesía (Rebeldía, Poema, Manifiesto pastoril a los niños pobres del campo etc) en Heraldo de Galicia, Cristal e Vieiros.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas