Guillerme I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 22: Liña 22:
{{Conquista normanda de Inglaterra}}
{{Conquista normanda de Inglaterra}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Reis de Inglaterra]]
[[Categoría:Reis de Inglaterra]]
[[Categoría:Finados en 1087]]
[[Categoría:Finados en 1087]]

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2016 ás 21:22

Guillerme I de Inglaterra

Guillerme I de Inglaterra, nado en 1027 e finado o 9 de setembro de 1087, foi o primeiro rei normando de Inglaterra, tras a morte de Harold II de Inglaterra na Batalla de Hastings. Tamén foi chamado Guillerme o Conquistador e Guillerme de Normandía, e mesmo Guillerme o Bastardo, por ser fillo ilexítimo do seu pai, Roberto o Magnífico, duque de Normandía.

Traxectoria

Guillerme naceu no 1027 e accedeu ao ducado de Normandía á idade de sete anos. Aos 15 foi nomeado cabaleiro por Henrique I de Francia, e aos 19 xa facía fronte a rebelións internas no ducado. Tras a morte do seu tío, Eduardo o Confesor, rei de Inglaterra, Guillerme reclamou o trono, que dicía lle deixara en herdo o seu tío, argumentando ademais que Harold Godwinson, o maior terratenente de Inglaterra, o recoñecera como rei. Pero Harold converteuse en Harold II de Inglaterra, e Guillerme reclamou os seus dereitos mediante a guerra, tras recibir a aprobación do papa.

A batalla definitiva da Conquista Normanda de Inglaterra foi a de Hastings, onde Harold II morreu, atravesado o seu ollo por unha frecha. Os restantes nobres saxóns non tardaron en rendirse ao poder normando, e Guillerme foi proclamado rei.

Durante o seu reinado, Guillerme fixo grandes cambios que permanecerían durante séculos. Baixo o seu mandato compilouse o primeiro catastro da historia, chamado Domesday Book. Guillerme tamén reformou a lei, mesturando as leis anglosaxoas coas normandas. Por último, impuxo o francés normando como lingua das clases altas durante tres séculos, ata que se mesturase a gramática e vocabulario básico inglés cunha enorme cantidade de léxico de orixe latino do francés normando ata crear a base do inglés moderno.

Predecesor:
Roberto I de Normandía
Duque de Normandía
10351087
Sucesor:
Roberto II de Normandía
Predecesor:
Harold II de Inglaterra
Rei de Inglaterra
10661087
Sucesor:
Guillerme II de Inglaterra