Manuel Soto Freire: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Manuel Soto y Freire.jpg|miniatura|Manuel Soto y Freire.]]

'''Manuel Soto Freire''', nado en [[Lugo]] o [[26 de xaneiro]] de [[1826]] e finado en [[Pantón]] o [[27 de marzo]] de [[1897]], foi un xornalista e editor galego.
'''Manuel Soto Freire''', nado en [[Lugo]] o [[26 de xaneiro]] de [[1826]] e finado en [[Pantón]] o [[27 de marzo]] de [[1897]], foi un xornalista e editor galego.


Liña 13: Liña 13:
{{Galería
{{Galería
|title=Arquivos en formato [[PDF]].
|title=Arquivos en formato [[PDF]].
|width=190
|width=175
|height=220
|height=220
|lines=4
|lines=4
|align=center
|align=center
|Ficheiro:Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono, 1866.pdf|''Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono'', 1866
|Ficheiro:Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono, 1866.pdf|''Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono'', 1866
|Ficheiro:Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia por don José Villa-Amil y Castro, 1873.pdf|A''ntigüedades prehistóricas y célticas de Galicia'', [[José Villa-Amil y Castro]], 1873.
|Ficheiro:Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia por don José Villa-Amil y Castro, 1873.pdf|A''ntigüedades prehistóricas y célticas de Galicia'', [[José Villa-Amil y Castro|José Villa-amil]], 1873.
|Ficheiro:Descripcion histórico-artística-arqueológica de la Catedral de Santiago.pdf|''Descripcion histórico-artística-arqueológica de la Catedral de Santiago'', 1866.
|Ficheiro:Descripcion histórico-artística-arqueológica de la Catedral de Santiago.pdf|''Descripcion histórico-artística-arqueológica de la Catedral de Santiago'', 1866.
|Ficheiro:Gramática gallega 1868 Juan A. Saco Arce.pdf|''Gramática gallega'', 1868, Juan A. Saco Arce.
|Ficheiro:Gramática gallega 1868 Juan A. Saco Arce.pdf|''Gramática gallega'', 1868, Juan A. Saco Arce.

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2016 ás 21:21

Manuel Soto y Freire.

Manuel Soto Freire, nado en Lugo o 26 de xaneiro de 1826 e finado en Pantón o 27 de marzo de 1897, foi un xornalista e editor galego.

Traxectoria

Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras.

Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1860), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El Boletín del Clero (1861), El Gallego (1867), La Paz (1869-1873), La Fe (1873) e El Lucense (1883). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia.

Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de Manuel Murguía, e a Gramática Gallega (1868) de Saco y Arce, amais de obras de Rosalía de Castro. Foi autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1892), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.

Galería de ficheiros

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas