Backgammon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Regras: Amplío de es.wiki
m Bot: Cambios estética
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Backgammon_board.jpg|miniatura|300px|Taboleiro de backgammon con dous xogos de quince fichas, dous dados e un gobelete cada un.]]
[[Ficheiro:Backgammon_board.jpg|miniatura|300px|Taboleiro de backgammon con dous xogos de quince fichas, dous dados e un gobelete cada un.]]

O antigo [[xogo de mesa]] para dous xogadores chamado '''táboas reais''', rebautizado como '''chaquete''' ao volver introducirse desde Francia, actualmente é coñecido co nome inglés '''backgammon'''.
O antigo [[xogo de mesa]] para dous xogadores chamado '''táboas reais''', rebautizado como '''chaquete''' ao volver introducirse desde Francia, actualmente é coñecido co nome inglés '''backgammon'''.

Nas partidas cada xogador ten quince '''fichas''' que vai movendo entre vinte e catro triángulos (''puntos'') segundo o que saia nos seus dous dados. O obxectivo do xogo é ser o primeiro en conseguir mover as súas quince fichas fora do [[taboleiro de xogo|taboleiro]].

==Historia==
== Historia ==
[[Ficheiro:Old Backgammon Vasa.jpg|miniatura|300px|Taboleiro antigo de backgammon]]
[[Ficheiro:Old Backgammon Vasa.jpg|miniatura|300px|Taboleiro antigo de backgammon]]
O '''backgammon''' é o xogo de mesa máis antigo do que se teñen rexistros. Crese que tivo a súa orixe no [[antigo Exipto]], [[Sumeria]] ou [[Mesopotamia]] baixo o [[Imperio Persa]](نرد) (actualmente [[Irán]], [[Iraq]] e [[Siria]]). A forma actual do backgammon foi inventada en [[Persia]] por [[Buzurgmihr]]. Tamén é chamado Table (pronúnciase tal como se escribe), Tawle, Taule, entre outros, especialmente polos [[Arabia|árabe]]s. Para este pobo é parte das súas tradicións.
O '''backgammon''' é o xogo de mesa máis antigo do que se teñen rexistros. Crese que tivo a súa orixe no [[antigo Exipto]], [[Sumeria]] ou [[Mesopotamia]] baixo o [[Imperio Persa]](نرد) (actualmente [[Irán]], [[Iraq]] e [[Siria]]). A forma actual do backgammon foi inventada en [[Persia]] por [[Buzurgmihr]]. Tamén é chamado Table (pronúnciase tal como se escribe), Tawle, Taule, entre outros, especialmente polos [[Arabia|árabes]]. Para este pobo é parte das súas tradicións.

Fabrícanse de moitos materiais, pero destacan os feitos polos árabes en ''"cuncha e perla"'', en especial os dun pobo de [[Palestina]], próximo a [[Belén]], [[Bait-Sahour]], feitos a man por artesáns.

==Regras==
== Regras ==
O backgammon é un [[xogo]] sinxelo con profundos elementos estratéxicos. Non fai falla moito tempo para aprender a xogar, aínda que en ocasións aparecen escuras situacións que requiren unha coidadosa interpretación das regras. A duración de cada xogo é curta, así que cando non é xogado por diñeiro (apostas) este é xogado en roldas ou partidas, por exemplo o primeiro en facer cinco puntos.

Liña 57: Liña 57:
Unha vez transcorrida esta xogada, se aínda non se decidiu o xogo, restablécense as regras normais, é dicir, que é posible valerse novamente do cubo dobrador co que o xogador que marcha atrasado pode aproveitar esta oportunidade e converterse en vencedor. Por último, os xogadores non reciben bonificación por puntos adicionais alcanzados durante cada xogo, o importante é conseguir a vitoria e chegar á seguinte fase e polo tanto o número de puntos acumulados non é determinante.

==O dado de apostas==
== O dado de apostas ==
O backgammon xógase por unha aposta acordada (ou un número de puntos nos xogos de torneo). Durante o transcurso do xogo, un xogador que cre ter a vantaxe suficiente pode propor duplicar as súas apostas. Só poderá facelo ao chegar a súa quenda e antes de tirar os dados. Un xogador ao que se ofreza dobrar, pode rexeitalo, pero, nese caso, dará por perdida a partida e pagará a aposta orixinal. A alternativa é aceptar o dobre e seguir xogando pola nova aposta máis alta. Un xogador que acepta un dobre convértese no propietario do dado e só el poderá realizar o seguinte dobre. Os dobres subseguintes nunha mesma partida chámanse redobres. Se un xogador rexeita un redobre, deberá pagar a aposta que estaba en xogo antes do redobre. Se non o rexeita, converterase no novo propietario do dado e o xogo continuará cunha aposta dobre á anterior. Os redobles poden aumentar a aposta orixinal ata en 64 veces.<ref name="play65">''play65.es'' [http://www.play65.es/Backgammon.html#BG_Lnk_7 "Reglas del backgammon."] A ultima ves que se acedeu a ela foi o [[2 de febreiro]] [[2008]].</ref>

Liña 70: Liña 70:
* '''Tapa''': variante macedonia do backgammon.
* '''Tapa''': variante macedonia do backgammon.

==Notas==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}
==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
{{Commons}}
{{Commons}}

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2016 ás 19:49

Taboleiro de backgammon con dous xogos de quince fichas, dous dados e un gobelete cada un.

O antigo xogo de mesa para dous xogadores chamado táboas reais, rebautizado como chaquete ao volver introducirse desde Francia, actualmente é coñecido co nome inglés backgammon.

Nas partidas cada xogador ten quince fichas que vai movendo entre vinte e catro triángulos (puntos) segundo o que saia nos seus dous dados. O obxectivo do xogo é ser o primeiro en conseguir mover as súas quince fichas fora do taboleiro.

Historia

Taboleiro antigo de backgammon

O backgammon é o xogo de mesa máis antigo do que se teñen rexistros. Crese que tivo a súa orixe no antigo Exipto, Sumeria ou Mesopotamia baixo o Imperio Persa(نرد) (actualmente Irán, Iraq e Siria). A forma actual do backgammon foi inventada en Persia por Buzurgmihr. Tamén é chamado Table (pronúnciase tal como se escribe), Tawle, Taule, entre outros, especialmente polos árabes. Para este pobo é parte das súas tradicións.

Fabrícanse de moitos materiais, pero destacan os feitos polos árabes en "cuncha e perla", en especial os dun pobo de Palestina, próximo a Belén, Bait-Sahour, feitos a man por artesáns.

Regras

O backgammon é un xogo sinxelo con profundos elementos estratéxicos. Non fai falla moito tempo para aprender a xogar, aínda que en ocasións aparecen escuras situacións que requiren unha coidadosa interpretación das regras. A duración de cada xogo é curta, así que cando non é xogado por diñeiro (apostas) este é xogado en roldas ou partidas, por exemplo o primeiro en facer cinco puntos.

Posición inicial das fichas.

Un xogo de backgammon consta de dúas fases: a fase de contacto, que é cando as fichas máis atrasadas dos xogadores aínda poden ser capturadas, e a fase de carreira, na cal as fichas dos xogadores xa non poden ser capturadas e só depende do valor dos dados para retirar as fichas.

Cada lado do taboleiro ten doce casas adxacentes, formadas por triángulos alargados. As casas ou puntos imaxina que están conectadas unhas con outras, formando unha cadea de vinte e catro triángulos alargados. Os triángulos alternan a cor e están agrupados en catro cuadrantes de seis triangulos cada un. Os cuadrantes son exteriores ou interiores para cada xogador. Os cuadrantes exteriores e os interiores están separados por unha barra.

Os puntos están numerados do 1 ao 24, coas fichas sempre movéndose dos puntos coa numeración máis alta cara á máis baixa. Os dous xogadores moven as súas fichas en direccións opostas, dando como resultado que o punto 1 para un xogador é o punto 24 para o outro. Con todo, algúns xogos manteñen a numeración dos puntos desde a perspectiva dun xogador.

A numeración é a seguinte:

13 14 15 16 17 18   19 20 21 22 23 24

12 11 10  9  8  7    6  5  4  3  2  1

Porén, algúns xogos manteñen a numeración dos puntos dende a perspectiva dun xogador.

Cada xogador comeza con dúas fichas no seu punto 24, tres fichas no seu punto 8, cinco fichas no seu punto 6 e outras cinco fichas no seu punto 13. As fichas dos xogadores son de distinta cor, un escuro e o outro claro.

Dado compartido.

Cada xogador ten o seu propio par de dados e un dado compartido. Este dado é para o dobrado cos números 2, 4, 8, 16, 32 e 64, úsase para gardar o valor final do xogo.

Desenvolvemento da partida

O xogo comeza cunha tirada de dados para decidir quen inicia o xogo, que é o que obteña maior puntuación. Posteriormente, o xogador que ten o turno tira os dados e move as fichas segundo as seguintes regras:

  • Se a puntuación dos dados é "A" e "B", o xogador pode mover unha ficha "A" posicións, e outra "B" posicións. Para mover unha pieza "A"+"B" posicións, a posición resultante de sumar "A" non pode estar bloqueada, é dicir, considéranse dous movementos individuais e aplícanse as demais regras a cada movemento.
  • Non se pode mover unha ficha a una posición bloqueada, é dicir, onde se atopan dúas ou máis fichas contrarias. Se só existe unha ficha contraria, a ficha é "capturada" e colócase na barra vertical.
  • O xogador contrario ao que se lle capturou unha ficha está obrigado a introducila de novo no taboleiro na primeira ocasión posible. A posición de entrada corresponde ao valor obtido nun dos dados e se non for posible (porque a posición de entrada estea bloqueada), perde o turno.

Polo tanto, en xeral, inténtase ter dúas ou máis fichas propias en cada posición, para evitar que sexan capturadas.

Unha vez que todas as fichas do xogador están no cuadrante inferior dereito, vanse liberando segundo as xogadas de dados permitan que as fichas "saian" do taboleiro, sen ser necesario sacar o número xusto e polo tanto pódese quitar unha peza que estea a unha posición do final con calquera tirada de dados.

O xogador que libera antes todas as súas pezas gaña a partida e obtén un punto. Se o contrario non liberou ningunha peza obtense un punto adicional ("gammon") e se o contrario aínda ten fichas no taboleiro do gañador obtense outro punto adicional ("backgammon").

Regras xerais dos torneos backgammon

O enfrontamento individual entre os xogadores na rolda inicial define quen serán os competidores que pasarán á seguinte fase. Na fase clasificatoria enfróntanse as parellas nun número determinado de partidas. Logo de efectuadas estas, os xogadores con mellores resultados pasarán ao seguinte nivel do torneo. Os perdedores desta rolda clasificatoria non quedan fóra do certame, senón que irán a unha rolda de consolación onde se definirán os lugares menos importantes da táboa de posicións. En certos torneos de maior duración, como sucede co Campionato Mundial de Backgammon, poden desenvolverse alén dunha rolda consolación.

As partidas de campionato desenvólvense a unha cantidade de puntos que está determinada polos organizadores do torneo. Igual sucede coas roldas de consolación, pero neste caso, o número de puntos que hai que alcanzar é menor. Durante cada enfrontamento, o xogador que primeiro logre acadar a cantidade de puntos estipulada, considérase o gañador. Os puntos de xogo obtéñense de acordo ao regulamento internacional do backgammon, ou sexa, 1 punto por cada xogo simple, un "gammon" concede 2 puntos e o "backgammon" confire 3 puntos.

Nos torneos aplícase tamén a regra do cubo dobrador, o que permite ao participante elevar a cantidade de puntos obtidos en cada partida, xa que se multiplica o valor conseguido no cubo dobrador polos puntos gañados durante o xogo.

Case sempre nos torneos de backgammon a cantidade de puntos establecidos para gañar a partida é unha cifra impar e emprégase a "regra de Crawford" que propón que cando calquera dos dous xogadores se sitúa a só un punto de lograr o triunfo na partida, se prohibe a ambos facer a proposta de dobramento na seguinte xogada.

Unha vez transcorrida esta xogada, se aínda non se decidiu o xogo, restablécense as regras normais, é dicir, que é posible valerse novamente do cubo dobrador co que o xogador que marcha atrasado pode aproveitar esta oportunidade e converterse en vencedor. Por último, os xogadores non reciben bonificación por puntos adicionais alcanzados durante cada xogo, o importante é conseguir a vitoria e chegar á seguinte fase e polo tanto o número de puntos acumulados non é determinante.

O dado de apostas

O backgammon xógase por unha aposta acordada (ou un número de puntos nos xogos de torneo). Durante o transcurso do xogo, un xogador que cre ter a vantaxe suficiente pode propor duplicar as súas apostas. Só poderá facelo ao chegar a súa quenda e antes de tirar os dados. Un xogador ao que se ofreza dobrar, pode rexeitalo, pero, nese caso, dará por perdida a partida e pagará a aposta orixinal. A alternativa é aceptar o dobre e seguir xogando pola nova aposta máis alta. Un xogador que acepta un dobre convértese no propietario do dado e só el poderá realizar o seguinte dobre. Os dobres subseguintes nunha mesma partida chámanse redobres. Se un xogador rexeita un redobre, deberá pagar a aposta que estaba en xogo antes do redobre. Se non o rexeita, converterase no novo propietario do dado e o xogo continuará cunha aposta dobre á anterior. Os redobles poden aumentar a aposta orixinal ata en 64 veces.[1]

Software

Unha imaxe de GNU Backgammon, amosando unha avaliación e detallos dos posibles movementos.

Existen numerosos programas para analizar o xogo. Algúns deles son Snowie, Jellyfish e GNUBG entre outros. Algunhas das súas características é que podemos analizar a través do programa todos os posibles movementos co lanzamento que se obtivo e cal é o que asegura máis a nosa vitoria.

Variantes do backgammon

Hai moitas variantes das regras do backgammon normal. Algúns xóganse principalmente en determinadas rexións xeográficas e outros agregan tácticas novas elementais ao xogo:

  • Hypergammon: é unha variante do backgammon na que os dous xogadores só teñen 3 fichas no taboleiro, comezan cunha ficha no seu punto 24, 23 e 22 cada xogador.
  • Nackgammon: é unha variante inventada por Nick "Nack" Ballard coas mesmas regras que no backgammon normal agás na posición inicial, na que se comeza con dúas fichas nos puntos 1 e 2 de cada xogador, catro no punto 13, tres fichas no punto 8 e catro fichas no punto 6.
  • Tapa: variante macedonia do backgammon.

Notas

  1. play65.es "Reglas del backgammon." A ultima ves que se acedeu a ela foi o 2 de febreiro 2008.

Véxase tamén