Diferenzas entre revisións de «Lingua bengalí»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Cambios estética
m (→‎Véxase tamén: Arranxos varios)
m (Bot: Cambios estética)
}}
{{Contén texto bengalí}}
O '''bengalí''' é unha [[linguas indoeuropeas|lingua indoeuropea]] falada en [[Bangladesh]] e no estado [[India|indio]] veciño de [[Bengala Occidental]]. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en [[Asam]] (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e [[Bangladesh]]), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no [[Oriente Medio]]. O bengalí evoluiu do [[sánscrito]] e do [[prácrito]].
 
En bengalí a lingua chámase '''Bangla''' (বাঙলা). A tradicional área habitada polas poboacións bengalís chámase Bengala ('''Bongo''' en bengalí). A rexión está agora dividida en dúas partes: a parte occidental, Bengala Occidental (ou Poshchim-Bongo), que é un estado indio, e a parte oriental, [[Bangladesh]], un país independente.
 
== A loita polo bengalí en Bangladesh ==
Entre [[1947]]-[[1971]], cando Bengala Oriental (actualmente [[Bangladesh]]) era parte do [[Paquistán]], a lingua bengalí tornouse o foco e a base da identidade nacional do pobo de [[Bangladesh|Bengala Oriental]], levando creación do estado de [[Bangladesh]]. O bengalí é a lingua oficial de [[Bangladesh]] e o traballo administrativo e oficial desempéñase en bengalí.
 
Entre [[1950]]-[[1952|52]], a clase media emerxente de [[Bangladesh|Bengala Oriental]] levou a cabo un levantamento, coñecido máis tarde como o "Movemento da Lingua", sendo o día 21 de febreiro celebrado como o [[Dia dos Mártires da Lingua|Día dos Mártires da Lingua]], en memoria dos estudantes e activistas que no día [[21 de febreiro]] de [[1952]] se manifestaron desafiando os disparos dos militares, reivindicando que a lingua bengalí fose a lingua nacional ancestral do Paquistán. O bengalí é así, indiscutibelmente, unha das poucas linguas pola cal os seus falantes sacrificaron as súas vidas.
 
A [[UNESCO]] decidiu celebrar no [[21 de febreiro]] o [[Día Internacional da Lingua Materna]]. A Conferencia Xeral da UNESCO tomou decisión para ese efecto o [[17 de novembro]] de [[1999]] cando unanimemente adoptou o deseño dunha resolución sometida por Bangladesh, co-patrocinada e apoiada por 28 outros países.
[[Sharat Chandra Chattopadhyay]] foi autor extremadamente respectado e estilista complexo en bengalí e [[Bankim Chandra Chattopadhyay]] é máis famoso por ter escrito a canción nacional non oficial da India. "Bande Mataron" (pronunciado en hindi "Vande Mataron"). [[Jibanananda Das]] foi un poeta soberbo, notábel por tentar crear literatura que ficase fóra do estilo Tagore.
 
Traballos relixiosos seminais hindús en bengalí inclúen as moitas cancións de [[Ramprasad Sen]]. Os seus traballos do século XVII (cantados aínda hoxe en Bengala Occidental) cobren unha miríade de respostas emocionais á Mai [[Kali]], detallando afirmacións filosóficas complexas baseadas nos ensinos [[Vedanta]] e pronunciamentos máis viscerais do seu amor por [[Devi]]. Usando alegorías creativas, Ramprasad tiña 'diálogos' coa Nai-Deusa permeando toda súa poesía, ás veces repreendéndoa, adorándoa, celebrándoa como a Divindade Nai, descuidada consorte de [[Shiva]] e [[Shakti]] caprichosa do cosmos. Tamén hai as laudatorias da vida e ensinos do [[Vaishnava]] santo Shri Chaitanya Mahaprabhu (o ''Chaitanya Charitamrit'') e [[Devi]] [[Advaitist]] Shri Ramakrishna (o ''Ramakrishna Charitamrit'', traducido aproximadamente como Evanxeo de Ramakrishna).
 
O místico [[Baul]] do interior de Bengala, que pregaba a verdade espiritual sen fronteiras do ''Sahaj Path'' (o camiño simple, natural), e ''Maner Manush'' (O Home do Corazón) deseñou a filosofía vedántica para propor verdades transcendentais en forma de música, viaxando de vila en vila proclamando que non existían nada hindú, musulmán ou cristián, soamente ''maner manush''.
A [[fonética]] bengalí ten 45 fonemas esenciais e 5 non esenciais.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{InterWiki|code=bn}}
 
{{ORDENAR:Bengali}}
 
[[Categoría:Linguas indoarias]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Lingua e literatura)]]
393.002

edicións

Menú de navegación