Amor: Diferenzas entre revisións
m →Véxase tamén: {{Control de autoridades}} |
m →Outros artigos: Arranxos varios |
||
Liña 72: | Liña 72: | ||
{{Emocións}} |
{{Emocións}} |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Psicoloxía]] |
[[Categoría:Psicoloxía]] |
||
[[Categoría:Socioloxía]] |
[[Categoría:Socioloxía]] |
Revisión como estaba o 2 de outubro de 2016 ás 19:43
O amor é un concepto universal relativo á afinidade entre seres, definido de diversos xeitos segundo as diferentes ideoloxías e puntos de vista (artístico, científico, filosófico, relixioso). A miúdo, e fundamentalmente en Occidente, interprétase como un sentimento relacionado co afecto e o agarimo, e resultante e produtor dunha serie de actitudes, emocións e experiencias. No contexto filosófico, o amor é unha virtude que representa todo o afecto, a bondade e a compaixón do ser humano. Tamén se pode describir como accións dirixidas cara a outros e baseadas na compaixón, ou ben como accións dirixidas cara a outros (ou cara a un mesmo) e baseadas no afecto.[1]
En galego, a verba amor (do latín, amor, -ōris) abrangue unha gran cantidade de sentimentos diferentes, dende o desexo paixonal e de intimidade do amor romántico, proximidade emocional asexual do amor familiar e o amor platónico,[2] até a profunda devoción ou unidade do amor relixioso.[3] Neste último terreo, trascende do sentimento e pasa a considerarse a manifestación dun estado da alma ou da mente, identificada nalgunhas relixións con Deus mesmo ou coa forza que mantén unido o universo.
As emocións asociadas ó amor poden ser extremadamente poderosas, chegando acotío a ser irresistibles. O amor nas súas diversas formas actúa como importante facilitador das relacións interpersonais e, debido á súa importancia psicolóxica central, é un dos temas máis frecuentes nas artes creativas (cine, literatura, música).
Dende o punto de vista da ciencia, o que se coñece como amor semella ser un estado evolucionado do primitivo instinto de supervivencia, que mantiña ós seres humanos unidos e heroicos ante as ameazas e facía máis doado a continuación da especie mediante a reprodución.[4]
Consideracións con respecto ao amor
Nas relacións do ser humano co seu medio, o amor pode significar unha ou máis dunha das seguintes manifestacións do termo "amor":
- Amor entre familiares: nace dun sentimento profundo de gratitude e recoñecemento de que somos o que somos grazas a parte da nosa familia.
- Amor polos amigos: nace da necesidade do ser humano de socializarse.
- Amor romántico: nace na expectativa de atopar a alguén que nos proporcione satisfacción e produza verdadeira felicidade. Este sentimento idealiza en certo grao á persoa obxecto da nosa expectativa, definida na nosa psique.
- Amor sexual (desexo).
- Amor polo próximo: nace do uso da facultade da mente de empatizar.
- Amor polos animais: nace na necesidade que todos temos de sentirnos protectores de alguén máis indefenso que nós.
- Amor por algo abstracto ou inanimado: unha idea, unha meta, unha lingua, á patria (patriotismo) ou ao lugar de nacemento, á honra e á independencia (integridade).
- Amor por un deus ou unha deidade (devoción): nace na educación que desde pequenos se recibe. O anhelo que de adultos se sente polo sentimento infantil de sentirse protexidos produce apego á esa figura abstracta.
- Amor persoal. (Narcisismo)
- Amor propio. Nun sentido arcaico, é o amor no que non se ten en conta máis que a un a mesmo, egoistamente; egoísmo. Nun sentido usual actual é o sentimento da valía persoal e da propia dignidade.
Definicións segundo os filósofos
- Platón: "Todo desexo das cousas boas e de ser feliz é amor".
- Descartes: "O amor é unha emoción da alma causada polo movemento dos espíritos que incita a unirse de vontade aos obxectos que parecen ser convenientes"
- Spinoza: "O Amor non é outra cousa ca un gozo acompañado da idea dunha causa exterior, [..] o que ama esforzarase necesariamente en ter presente e en conservar a cousa que ama."
- Hegel: "Amor significa conciencia da miña unidade con outro, de tal maneira que non estou para min illado, senón que consigo a miña autoconciencia ao abandonar o ser para si e saberme como unidade do outro comigo."
- Unamuno: "Non hai verdadeiro amor senón na dor, e neste mundo hai que escoller entre o amor, que é a dor, ou a dita."
Amor platónico
Amor platónico é unha expresión que, no seu uso común, pretende referirse á visión filosófica que tivo Platón sobre o amor, aínda que a malinterpreta por completo[5]. Esta denominación popular ten como significado o amor non correspondido ou imposible que, por iso, persiste como un ideal, inalcanzable. Isto é radicalmente diferente da concepción platónica de eros ou amor, e constitúe unha vulgarización inaceptable da súa teoría.
Propiamente dito, e segundo a filosofía de Platón, tal como el se expresa na obra O banquete, o amor é a motivación, o impulso que leva ao coñecemento da Idea de Beleza, así como á contemplación da mesma. Esta orientación prodúcese nun proceso gradual que comeza coa apreciación da aparencia da beleza nunha persoa (a beleza puramente física), continúa coa beleza física en xeral, e logo avanza cara a apreciación da beleza espiritual (a do carácter, a da alma), a da beleza das leis e os costumes na sociedade, a que se atopa nas artes e nas ciencias etc. Todos estes pasos deben finalmente superarse ata alcanzar o punto cume do proceso: o coñecemento apaixonado, puro e desinteresado, da esencia da Beleza en si, que se mantén incorruptible e sempre igual a si mesma. O coñecemento da Idea da Beleza é o único que é fermoso en si mesmo e por si mesmo, en cuanto aquilo que é causa de que todo o fermoso sexa fermoso. Nisto consiste a "idealidade" do amor platónico: non en ter un amor inalcanzable, senón en amar as Formas ou Ideas eternas, intelixibles, e perfectas. No hai en absoluto elementos sexuais, sinxelamente porque o auténtico amor para Platón no é o que se dirixe a unha persoa senón o que se orienta cara á esencia transcendente da Beleza en si.
O concepto moderno do amor platónico foi desenvolvido nas investigacións que Marsilio Ficino levou a cabo ao sintetizar o platonismo na época Renacentista, por orden de Cósimo de Médici, gobernante de Florencia. «O seu 'neoplatonismo' baseouse en dúas ideas fundamentais: a xerarquía neoplatónica das substancias e a teoría do amor espiritual. A primeira postulaba a idea dunha xerarquía das substancias, ou dunha gran cadea de seres, desde a forma máis baixa da materia física (as plantas), ata o máis puro espírito (Demiurgo, o deus de Platón), na cal os humanos ocupaban unha posición central, ou intermedia. Eran o vínculo entre o mundo material e o mundo espiritual, e o seu supremo deber era ascender cara a unión co Demiurgo, a cal, constituía o verdadeiro fin da existencia humana. A teoría de Ficino respecto ao amor platónico, ou espiritual, afirmaba que, ao igual que a xente está unida na súa común humanidade grazas ao amor, desa mesma forma todas as partes do universo mantéñense unidas polos lazos do amor compasivo»[6].
Mitoloxía
As diferentes culturas identificaron o amor con deidades, comunmente tanto na forma masculina como na feminina.
- Tara Verde: identificada co amor maternal e a compaixón no budismo.
- Palden Lhamo: identificada co amor maternal e a compaixón no budismo tibetano.
- Áine: deusa da fertilidade e do amor apaixonado na mitoloxía irlandesa.
- Aengus: deus da beleza, mocidade e amor sensual na mitoloxía irlandesa.
- Afrodita: deusa da beleza e o amor apaixonado na mitoloxía grega.
- Eros: deus do amor apaixonado na mitoloxía grega.
- Cupido: deus do amor apaixonado na mitoloxía romana.
- Venus: deusa da beleza e o amor apaixonado na mitoloxía romana.
- Freia: deusa do amor na mitoloxía nórdica.
- Kamadeva: deusa do amor sensual na mitoloxía hindú.
- Rati: deusa do amor apaixonado na mitoloxía hindú.
- Radha: deusa do amor divino ideal na mitoloxía hindú.
- Lakshmi: deusa do amor e a fortuna na mitoloxía hindú.
- Xochipilli: deus do amor na mitoloxía azteca.
Notas
- ↑ Fromm, Eric; "The Art of Loving", Harper Perennial (1956), Original English Version, ISBN 0-06-095828-6, ISBN 978-0-06-095828-2
- ↑ Kristeller, Paul Oskar (1980). Renaissance Thought and the Arts: Collected Essays. Princeton University. ISBN 0-691-02010-8.
- ↑ Mascaró, Juan (2003). The Bhagavad Gita. Penguin Classics. ISBN 0-140-44918-3. (J. Mascaró, translator)
- ↑ Helen Fisher. Why we love: the nature and chemistry of romantic love. 2004.
- ↑ Ver O banquete.
- ↑ Spielvogel, 2003.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amor |
A Galicitas posúe citas sobre: Amor |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Amor |
Bibliografía
- Agustín García Calvo (1984), El amor y los 2 sexos. Del tiempo de amor y olvido. Editorial Lucina, Zamora. (2.ª ed. 1991).
- Carmen Martín Gaite Usos amorosos de la postguerra española. 1ª edición, 1987. 7ª edición, 1988. Anagrama. Barcelona. ISBN 84-339-0085-4.
- Conchita Ramón Delgado. Diccionario del amor. 1936. Gráficas "RECORT", Barcelona.