Krakatoa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: {{Control de autoridades}}
m Estreito de Sonda
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Map krakatau.gif|miniatura|Krakatoa.]]
[[Ficheiro:Map krakatau.gif|miniatura|Krakatoa.]]

'''Krakatoa''' (nome [[Indonesia|indonesio]] Krakatau) é un [[volcán]] cerca da [[illa]] indonesia de [[Rakata]] en [[Sunda Strait]]. Localización: 6° 6′ 27″ S 105° 25′ 3″ E. Estaba localizada cerca da rexión de subducción da [[placa indoaustraliana]] baixo a [[placa euroasiática]]. Ten entrado en [[erupción]] en repetidas ocasións, masivamente e con consecuencias desastrosas ao longo da historia. En [[maio]] de [[1883]] comezaron unha serie de erupcións, as cales continuaron até o [[27 de agosto]] de 1883, cando unha explosión cataclísmica voou a illa en pedazos.
'''Krakatoa''' (nome [[Indonesia|indonesio]] Krakatau) é un [[volcán]] cerca da [[illa]] indonesia de [[Rakata]] en [[estreito de Sonda]]. Localización: 6° 6′ 27″ S 105° 25′ 3″ E. Estaba localizada cerca da rexión de subducción da [[placa indoaustraliana]] baixo a [[placa euroasiática]]. Ten entrado en [[erupción]] en repetidas ocasións, masivamente e con consecuencias desastrosas ao longo da historia. En [[maio]] de [[1883]] comezaron unha serie de erupcións, as cales continuaron até o [[27 de agosto]] de 1883, cando unha explosión cataclísmica voou a illa en pedazos.

Pensábase anteriormente que as grandes explosións foron debidas a un vapor super quente, creado cando as paredes do volcán se fracturaron e permitiron a entrada de auga do océano dentro da cámara de magma; pero investigacións actuais desvelan que as primeiras erupcións baleiraron parcialmente a cámara de magma permitindo a entrada de novo magma a temperaturas moi superiores xerando gases que incrementaron a presión de maneira incontrolábel.

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2016 ás 17:44

Krakatoa.

Krakatoa (nome indonesio Krakatau) é un volcán cerca da illa indonesia de Rakata en estreito de Sonda. Localización: 6° 6′ 27″ S 105° 25′ 3″ E. Estaba localizada cerca da rexión de subducción da placa indoaustraliana baixo a placa euroasiática. Ten entrado en erupción en repetidas ocasións, masivamente e con consecuencias desastrosas ao longo da historia. En maio de 1883 comezaron unha serie de erupcións, as cales continuaron até o 27 de agosto de 1883, cando unha explosión cataclísmica voou a illa en pedazos.

Pensábase anteriormente que as grandes explosións foron debidas a un vapor super quente, creado cando as paredes do volcán se fracturaron e permitiron a entrada de auga do océano dentro da cámara de magma; pero investigacións actuais desvelan que as primeiras erupcións baleiraron parcialmente a cámara de magma permitindo a entrada de novo magma a temperaturas moi superiores xerando gases que incrementaron a presión de maneira incontrolábel.

A illa estoupou coa forza de 100 megatóns (a bomba de Hiroxima foi de aproximadamente 20 quilotóns). A explosión escoitouse até en Madagascar (a 2.200 millas de distancia). Os tsunamis despois da explosión alcanzaron até 131 pés de altura e destruíron 163 aldeas, ao largo da costa de Xava e Sumatra, e afogaron 36.000 persoas. A cinza da explosión alcanzou até 50 millas de altitude. Tres anos despois, os observadores de todo o mundo describían o crepúsculo e a alba de brillante colorido producidos pola refracción dos raios solares nesas partículas minúsculas.

En 1927 comezaron novas erupcións volcánicas no fondo do mar, das que xurdiu unha nova illa no mesmo lugar coñecida como Anak Krakatoa (fillo de Krakatoa). Esta illa sobrepasou a superficie do mar en 1928, e en 1973 xa alcanzaba unha altura de 190 metros. A illa está deshabitada. Algúns xeólogos agoiran que algún día o Anak Krakatoa rebentará quizais coa mesma forza que o volcán anterior.

Véxase tamén

Ligazóns externas