Alfred Russel Wallace: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
m →‎Ligazóns externas: {{Zooloxía}}
Liña 28: Liña 28:


{{Historia natural}}
{{Historia natural}}
{{Zooloxía}}

{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 2 de outubro de 2016 ás 12:12

Alfred Russel Wallace en 1895.

Alfred Russel Wallace, nado en Usk (Monmouthshire) o 8 de xaneiro de 1823 e finado en Broadstone (Dorset) o 7 de novembro de 1913, foi un xeógrafo e naturalista británico (galés). Wallace é coñecido sobre todo por alcanzar o concepto de selección natural, central na teoría biolóxica da evolución, independentemente de Charles Darwin.

Traxectoria

En 1855 Wallace publicou un artigo titulado "On the law which has regulated the introduction of new species" (Sobre a lei que regulou a introdución de novas especies) onde achega probas de que as especies orixínanse a partir doutras veciñas semellantes, cuestión que xa formulara anos atrás a partir das súas observacións dos monos suramericanos, pero que agora resolvía con multitude de probas na coñecida como lei de Sarawak por redactala nesa illa; un principio fundamental na nova ciencia da bioxeografía. A pesar disto, non se atreve aínda a propoñer ningún mecanismo que explique cómo as especies cambian. Sobre iso escribe tres anos máis tarde, nun novo ensaio, de Ternate ("On the tendency of varieties to depart indefinitely from the original type" -Sobre a tendencia das variedades a apartarse indefinidamente do tipo orixinal), no que destaca a "presión ambiental" como causa de que unicamente sobrevivan as "variedades superiores" baixo as "circunstancias favorables", mentres que as "feblemente organizadas" sufrirían a extinción[1]. A equivalencia co mecanismo explicativo da transmutación das especies nomeado "selección natural" por Darwin é evidente. Asemade, ambos autores empregan o termo "loita pola vida" e, aínda que con distinta profundidade, ambos comparan o mecanismo coa cría de animais domésticos. Wallace remitiu o artigo a Darwin para a súa revisión. Cando este o leu, atopouse co que cualificou de mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde facía máis de vinte anos. Tras consultar con Charles Lyell e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante a Linnean Society de Londres, acreditando a Wallace como codescubridor.

Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.

Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época. Na súa primeira viaxe acompañou ao seu coñecido Henry Bates á Amazonia. Henry Bates era un afeccionado á entomoloxía, e coñeceu a Wallace no 1844, cando se trasladara a Leicester para traballar coma profesor. Ambos viron a oportunidade de gañarse a vida mediante a venda de animais e plantas a institucións e coleccións privadas da época. Así no 1848 iniciaron o seu percorrido por Sudamerica, percorrendo o Río Amazonas e o Río Negro. Simultaneamente comezaba as súas observacións e traballos coma naturalista.

Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou por Insulindia (o arquipélago malaio) recollendo espécimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libro The Malay Archipelago[2][3], publicado en 1869. Unha achega sinalada e duradeira deste período é o estabelecemento da que logo se coñeceu como liña de Wallace, un límite bioxeográfico moi preciso que separa as rexións bioxeográficas Australiana e Oriental asiática, moi diferenciadas, e que pasa entre as illas da Sonda, Nova Guinea e as Célebes, por unha banda, e Xava, Borneo e Filipinas por outra. Wallace é considerado xustificadamente, como un dos principais fundadores da Bioxeografía.

Wallace desenvolveu co tempo unha tendencia mística que condicionou a súa interpretación do proceso evolutivo, sobre todo no referente á evolución humana, interesándose cada vez máis polo espiritismo. Así, a pesar dunha férrea defensa da selección natural, sen tantas concesións coma o propio Darwin, non compartía con este a idea da selección sexual por considerarse que xogara un importante papel na evolución humana e tampouco aceptaría que a selección natural afectase ao sistema nervioso central.

Notas

  1. Darwin, Charles R.; Wallace, Alfred R. (1858). On the tendency of species to form varieties; and on the perpetuation of varieties and species by natural means of selection. Journal of the Proceedings of the Linnean Society of London. Zoology 3 (20 August): 45-50. 
  2. Wallace, Alfred Russel (1869). Harper and Brothers, Publishers, ed. The Malay Archipelago [O Arquipélago Malaio] (en inglés). New York. Consultado o 31 de maio de 2013. 
  3. "Wallace Online". wallace-online.org. Consultado o 2015-11-24. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas