Cisxordania: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
engado notas
Liña 14: Liña 14:


A poboación no ano [[2001]] era de 2,1 millóns de habitantes, dos cales, 235.000 viven en [[Xerusalén]] oriental; 140.000 na cidade de [[Hebrón]]; e 116.000 en [[Nablús]]. Nos 19 campos de refuxiados de Cisxordania viven unhas 150.000 persoas. Nos asentamentos israelís viven uns 400.000 habitantes, a metade aproximadamente en Xerusalén Leste.
A poboación no ano [[2001]] era de 2,1 millóns de habitantes, dos cales, 235.000 viven en [[Xerusalén]] oriental; 140.000 na cidade de [[Hebrón]]; e 116.000 en [[Nablús]]. Nos 19 campos de refuxiados de Cisxordania viven unhas 150.000 persoas. Nos asentamentos israelís viven uns 400.000 habitantes, a metade aproximadamente en Xerusalén Leste.

== Notas ==
{{Listaref}}


[[Categoría:Cisxordania]]
[[Categoría:Cisxordania]]

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2016 ás 22:28

Cisxordania[1] (árabe: ضفة غربية ), así chamada por se atopar na marxe oeste do río Xordán) é o nome moderno para a parte central do antigo protectorado británico de Palestina que ficou baixo administración xordana tras o armisticio que puxo fin á guerra declarada a causa do establecemento do estado de Israel en 1948. Corresponde en termos xerais coas rexións bíblicas de Xudea e Samaria, aínda que o uso destes nomes na actualidade asóciase aos sectores isarelíes que aspiran á anexión dos territorios. Delimitada ao leste polo Xordán e mailo Mar Morto, e ao oeste pola chamada Liña Verde, que a separa do estado de Israel, Cisxordania, que tén entre 20 e 40 quilómetros de ancho, non pertence formalmente a ningún país na actualidade, e a ONU considéraa oficialmente "ocupada por Israel".

De acordo ao mandato de Nacións Unidas que dictaminou a partición de Palestina nun territorio xudeu e mais un árabe, Cisxordania estaba destinada a albergar este último; a cidade de Xerusalén e os poboados darredor quedarían baixo control internacional. Non obstante, durante a guerra Árabe-Israelí de 1948, o territorio ficou baixo control xordano, e en 1950 Xordania anunciou oficialmente o seu intención de anexalo, que non foi recoñecida internacionalmente. Xunto coa Faixa de Gaza, Cisxordania foi ocupada militarmente por Israel cando a Guerra dos seis días de 1967; o controvertido plan de colonización impulsado polo Likud levou á construción de numerosos asentamentos, comunicados entre sí por estradas de circunvalación (de uso exclusivo para colonos). O status da parte oriental de Xerusalén é aínda máis confuso; Israel non a recoñece como parte dos territorios ocupados, aínda que en principio esta estaba comprendida nas áreas suxeitas á Resolución 242 do Consello de Seguridade que puxo fin ao conflito de 1967.

Desde 1993 impídese a unha gran parte da poboación palestina de Cisxordania o acceso diario a Xerusalén Leste, reivindicada como capital de Cisxordania. Israel está rematando a construción dun muro que separará a Israel da Cisxordania. Este muro é moi controvertido, ao deixar partes da Cisxordania da banda israelí do muro, co cal significa unha anexión de facto. Ademais, este muro provoca o aillamento de milleiros de palestinos, incluso partindo pobos pola metade.

Tras os Acordos de Oslo a poboación palestina de Cisxordania tén acceso a un limitado autogoberno, encarnado na Autoridade Nacional Palestina. É en Cisxordania e na Faixa de Gaza onde se debería constituír o futuro estado palestino independente.

A principal cidade de Cisxordania é Xerusalén orental, sendo o seu centro xeográfico, cultural, relixioso, turístico, e principal mercado. Otras cidades son, ao sur, Belén e Hebrón; ao leste Xericó; ao norte está Ramallah; e Nablús, cidade monumental e centro industrial.

En Cisxordania existen máis de 200 asentamentos israelís. Tamén existen 9 campos de refuxados palestinos, resultado da súa expulsión doutras zonas de Israel polo estado xudeu.

A poboación no ano 2001 era de 2,1 millóns de habitantes, dos cales, 235.000 viven en Xerusalén oriental; 140.000 na cidade de Hebrón; e 116.000 en Nablús. Nos 19 campos de refuxiados de Cisxordania viven unhas 150.000 persoas. Nos asentamentos israelís viven uns 400.000 habitantes, a metade aproximadamente en Xerusalén Leste.

Notas

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.