Diferenzas entre revisións de «Tomás Fernández-Couto»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios + {{Control de autoridades}}
(Feijóo)
m (Arranxos varios + {{Control de autoridades}})
'''Tomás Fernández-Couto Juanas''', nado en [[Ferrol]] en [[1960]], é un enxeñeiro e político [[Galicia|galego]] do [[PPdeG]].
 
==Traxectoria==
Obtivo o título superior de [[enxeñería forestal]] na [[Universidade Politécnica de Madrid]] en [[1984]], e ao ano seguinte comezou xa a traballar na recén creada [[Xunta de Galicia]], onde acabaría integrándose no corpo de funcionarios e onde desenvolveu toda a súa carreira laboral.
 
Durante os primeiros meses desempeñou funcións de técnico nos servizos provinciais da [[Consellería de Medio Rural e Mar|consellería de Agricultura]] en [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] e [[Provincia de Lugo|Lugo]], ata que en setembro de [[1987]] foi designado director técnico da [[Reserva Nacional de Caza dos Ancares]]. En 1990 foi nomeado xefe provincial de [[Provincia de Lugo|Lugo]] da política contra-[[incendio forestal|incendios]], ata que en [[1992]] ascendeu ata ocupar ese mesmo posto pero nos servizos centrais da Xunta.
 
En [[1993]] comezou a traballar na área de proxectos da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e ao ano seguinte foi nomeado subdirector xeral de Medio Ambiente Natural. En [[1996]] foi designado director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da [[Consellería de Medio Rural e Mar|Consellería de Agricultura, Gandería e Montes]] no equipo de [[Tomás Pérez Vidal]]. Cando esta área pasa a pertencer á [[consellería de Medio Ambiente]], con [[Carlos del Álamo]], faise cargo da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, ao igual que baixo a responsabilidade de [[Xosé Manuel Barreiro]]. Tamén mantivo a dirección xeral durante uns meses mentres foi conselleiro [[Alfredo Suárez Canal]], ata que este o relevou a finais de [[2009]].
 
Despois de pasar catro anos como xefe de servizo na [[Consellería do Mar|consellería de Pesca e Asuntos Marítimos]], regresou á Dirección Xeral co goberno de [[Alberto Núñez Feijóo]], ás ordes de [[Samuel Juárez]]. En xaneiro de [[2012]] foi designado secretario xeral da recén creada [[Consellería de Medio Rural e Mar]].
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Fernandezcouto Juanas}}
 
{{ORDENAR:Fernandezcouto Juanas}}
[[Categoría:Políticos do PPdeG]]
[[Categoría:Nados en Ferrol]]
387.734

edicións

Menú de navegación