Manuel Martínez González: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Engadidos nomes do pai máis da nai. Referencia tirada de: http://www.aache.com/alcarrians/martinez_manuel.htm
m Arranxos varios, +{{Control de autoridades}}
Liña 4: Liña 4:
Manuel Martínez González era fillo dun [[garda civil]] natural de [[Somozas]], Juan Martínez, e mais dunha [[provincia de Salamanca|salmantina]], Sabina González. Aos seis anos comezou os estudos primarios en [[Santiago de Compostela]], onde fora destinado seu pai. Máis tarde pasou a cursar [[Dereito]] na mesma cidade, estudos que rematou en [[Madrid]] en [[1871]].

Posteriormente, Martínez fixo oposicións para [[notaría]], exercendo a profesión, sucesivamente, en [[Vigo]], [[Cangas]] e [[Padrón]].
Posteriormente, Martínez fixo oposicións para [[notaría]], exercendo a profesión, sucesivamente, en [[Vigo]], [[Cangas]] e [[Padrón]].

==Obra publicada==
==Obra publicada==
Liña 22: Liña 22:
*{{Cita libro |título= Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936|nome= Ricardo|apelidos= Carballo Calero|ligazónautor= Ricardo Carballo Calero|coautores= |ano= 1981|editor= Galaxia|localización= Vigo|isbn= 84-7154-390-7|páxina= |páxinas= 450-453}}

*{{Cita publicación periódica |nome= Francisco|apelidos= López Rodríguez|ano= 1981|título= Lembranza de Manuel Martínez González|revista= Grial|volume= |número= 71|páxinas= 76-79}}
*{{Cita publicación periódica |nome= Francisco|apelidos= López Rodríguez|ano= 1981|título= Lembranza de Manuel Martínez González|revista= Grial|volume= |número= 71|páxinas= 76-79}}

{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Martinez Gonzalez, Manuel}}
{{ORDENAR:Martinez Gonzalez, Manuel}}

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2016 ás 22:25

Manuel Martínez González, nado en Azuqueca de Henares (Guadalaxara) o 21 de abril de 1849 e falecido o 26 de abril de 1894, foi un poeta galego.

Traxectoria

Manuel Martínez González era fillo dun garda civil natural de Somozas, Juan Martínez, e mais dunha salmantina, Sabina González. Aos seis anos comezou os estudos primarios en Santiago de Compostela, onde fora destinado seu pai. Máis tarde pasou a cursar Dereito na mesma cidade, estudos que rematou en Madrid en 1871.

Posteriormente, Martínez fixo oposicións para notaría, exercendo a profesión, sucesivamente, en Vigo, Cangas e Padrón.

Obra publicada

Boa parte da súa obra poética está espallada por revistas e xornais da época. Só publicou un libro de poemas:

  • Poemas gallegos. Pontevedra. Tipografía de José M. Madrigal. 1883.

A pesar do seu título todas as poesías inclusas no libro están redactadas en galego, excepto precisamente, o poema introdutorio do libro: "A Galicia", que está escrito en castelán.

Temática

Os poemas incluídos no seu único libro son de temáticas variadas. Boa parte son de tipo social ou civil, e tratan de diversos aspectos da Galicia da época: "Oda a Alfonso XII" (epón ao monarca unha critica do caciquismo político), "O pobre" (sobre a emigración) ou "A Unión Ibérica", son mostras das preocupacións de Martínez González. Tal como fora corrente na poesía galaica decimonónica, non se esquece de incluír poemas costumistas: "A romería", "Bo consello". A imitación da primeira Rosalía aparece en títulos como "Cantares da aldea" e "Cantares gallegos", e non faltan poesías intimistas e de tipo romántico: "Rimas", "Na eternidá". Hai incluso composicións historicistas ("Rodrigo Gómez") e, un bon ramallete de poemas de circunstancias, adicados expresamente a amizades distintas ("A Don Benito Losada". "No album da señorita Dª Maruxiña León").

Lingua

A escrita de Martínez González é a usual no século XIX, con abundancia de apóstrofes. Utiliza o "y" con matiz arcaicista (rey, nay, ley) e con carácter antihiático (todo o manexa / y é quen o desfay; filliño d'a yalma). Substitúe con o -r- nos grupos con -l- (imposibre, puebro, groria). Usa o seseo de tipo implosivo (xues, arcás). Abundan no léxico os castelanismos popularizados xa na época (decir, puebro, carretera, gallego, diputado) e os vulgarismos (hestoria, auntamento, Madrí, eleutoral).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carballo Calero, Ricardo (1981). Galaxia, ed. Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo. pp. 450–453. ISBN 84-7154-390-7. 
  • López Rodríguez, Francisco (1981). "Lembranza de Manuel Martínez González". Grial (71): 76–79.