Tancredo de Hauteville: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29: Liña 29:
'''Tancredo de Hauteville''' (en [[latín]], ''Tancredus de Altavilla''; en [[lingua italiana|italiano]], ''Tancredi d'Altavilla''), nado contra finais do [[século X]] no Ducado de Normandía e finado contra [[1041]], foi un [[señorío|señor]] [[Normandos|normando]] da [[nobreza|baixa nobreza]], que pasou á posteridade por ser o pai dos irmáns Hauteville, que conquistaron a [[Italia]] meridional aos [[Imperio bizantino|bizantinos]] ([[1040]]-[[1071]]), de [[Sicilia]] ([[1061]]-[[1091]]) e da illa de [[Malta]] ([[1090]]) aos [[Islam|musulmáns]].
'''Tancredo de Hauteville''' (en [[latín]], ''Tancredus de Altavilla''; en [[lingua italiana|italiano]], ''Tancredi d'Altavilla''), nado contra finais do [[século X]] no Ducado de Normandía e finado contra [[1041]], foi un [[señorío|señor]] [[Normandos|normando]] da [[nobreza|baixa nobreza]], que pasou á posteridade por ser o pai dos irmáns Hauteville, que conquistaron a [[Italia]] meridional aos [[Imperio bizantino|bizantinos]] ([[1040]]-[[1071]]), de [[Sicilia]] ([[1061]]-[[1091]]) e da illa de [[Malta]] ([[1090]]) aos [[Islam|musulmáns]].


Gobernou un [[feudo]] cercano a [[Coutances]], no [[Cotentín]], na actual rexión da [[Baixa Normandía]].
Gobernou un [[feudo]] achegado a [[Coutances]], no [[Cotentín]], na actual rexión da [[Baixa Normandía]].


== Orixe da casa de Hauteville ==
== Orixe da casa de Hauteville ==

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2016 ás 15:32

Tancredo de Hauteville
Estatua talvez de Tancredo de Hauteville, que data de 1875 e substitúe a outra danada na Revolución francesa, na fachada norte da Catedral de Coutances.

Nacementofinais do século X (c. 980)
Ducado de Normandía
Falecementoc. 1041
Consorte
    • Murielle
    • Frédésende
  • DescendenciaVéxase #Matrimonios e descendencia
    Casa realCasa de Hauteville

    Escudo de Tancredo de Hauteville
    Escudo da familia Hauteville

    Tancredo de Hauteville (en latín, Tancredus de Altavilla; en italiano, Tancredi d'Altavilla), nado contra finais do século X no Ducado de Normandía e finado contra 1041, foi un señor normando da baixa nobreza, que pasou á posteridade por ser o pai dos irmáns Hauteville, que conquistaron a Italia meridional aos bizantinos (1040-1071), de Sicilia (1061-1091) e da illa de Malta (1090) aos musulmáns.

    Gobernou un feudo achegado a Coutances, no Cotentín, na actual rexión da Baixa Normandía.

    Orixe da casa de Hauteville

    A Casa de Hauteville, ou Altavilla, puido descender de Hiallt, un normando nacido en 920 que se asentou no Cotentín e fundou a vila chamada Hialtus Villa (Altavilla) do que a familia tomou o seu nombe.[1][2] Tancredo sería seu bisneto.[3]

    Matrimonios e descendencia

    Tancredo tivo 12 fillos das súas dous esposas (sobre as que se afima que ambas as dúas eran fillas do duque Ricardo I de Normandía, aínda que baseándose nunha testemuña tardía de dubidosa credibilidade.[4], así como un número indeterminado de fillas. Case todos os seus fillos deixaron Normandía e trasládaronse ao sur de Italia, conseguindo gran sona nese lugar.

    • Da súa primeira esposa, Muriella, morta prematuramente, naceron cinco fillos varóns:[5]

    Segundo Amatus de Montecassino, cronista italiano das conquistas normandas no sur de Italia, Tancredo fora un home dunha moralidade moi estrita, que non estaba disposto a manter unha relación en pecado, polo que casou novamente, ao non ser capaz de vivir en perfecto celibato.

    • Coa súa segunda esposa Fressenda (ou Fredesenda) tivo sete fillos varóns e polo menos unha filla:[6]

    Outro Tancredo de Hauteville

    Un bisneto de Tancredo, tamén chamado Tancredo de Hauteville, foi un dos líderes da Primeira Cruzada. Era neto de seu fillo, o duque Roberto Guiscardo. Despois da Cruzada, Tancredo foi príncipe de Antioquía.

    Notas

    1. Hill, James S. (1914): The place-names of Somerset. St. Stephen's printing work, Princeton Universityn p. 256.
    2. Revue de l'Avranchin et du pays de Granville, Volume 31, nº 174, Partes 3-4. Société d'archéologie, de littérature, sciences et arts d'Avranches, 1941. Avranches, France.
    3. Huges, David (2007): The British Chronicles, Volume 2, p. 527. Westminster, Maryland, USA: Heritage Books Inc. ISBN 978-0-1889-4491-3.
    4. Richard II, Duke of Normandy, 996-1026.
    5. Segundo Gaufredo Malaterra: ...Tancredus nomine, duxit uxorem, moribus et genere splendidam mulierem, nomine Moriellam, ex qua legali successione annorum quinque filios, postea futuros comites, suscepit: Willelmum videlicet cognomine Ferrea-brachia, Drogonem, Humfredum, Gaufredum et Serlonem.
    6. Segundo Gaufredo Malaterra: Ducta vero Frensendis vocabatur, generositate et moribus priore non inferior, quae legitimis terminis marito septem peperit filios, non minoris pretii vel dignitatis a praedictis fratribus, quorum nomina subtitulamus hic: primus Robertus, dictus a nativitate Guiscardus, postea totius Apuliae princeps et Calabriae dux, vir magni consilii, ingenii, largitatis et audaciae; secundus Malgerius, tertius Willelmus, quartus Alveredus, quintus Hubertus, sextus Tancredus, septimus Rogerius minor, postea Siciliae debellator et comes.

    Véxase tamén

    Outros artigos

    Ligazóns externas