Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Dolmen axeitos.JPG|miniatura|270px|Dolmen de Axeitos]]
[[Ficheiro:Dolmen axeitos.JPG|miniatura|270px|Dolmen de Axeitos]]
[[Ficheiro:Peliqueiros de Laza.jpg|miniatura|Peliqueiros de [[Laza]] no [[entroido]].]]
[[Ficheiro:Peliqueiros de Laza.jpg|miniatura|Peliqueiros de [[Laza]] no [[entroido]].]]
A '''Cultura de Galicia''' ten a súa orixe na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[pobos indoeuropeos|indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo Galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]]. Aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e tradicións e posiblemente a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta: Higinio Martins aborda o tema en profundidade no seu libro "As tribos Calaicas".
A '''Cultura de Galicia''' ten a súa orixe na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]].
Historia
Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[pobos indoeuropeos|indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo Galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]]. Aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e tradicións e posiblemente a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta: Higinio Martins aborda o tema en profundidade no seu libro "As tribos Calaicas".


Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[fenicios]].
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[fenicios]].

Revisión como estaba o 28 de setembro de 2016 ás 16:45

Dolmen de Axeitos
Peliqueiros de Laza no entroido.

A Cultura de Galicia ten a súa orixe na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa. Historia

Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo Galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos. Aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e tradicións e posiblemente a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta: Higinio Martins aborda o tema en profundidade no seu libro "As tribos Calaicas".

Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os suevos farán de Galicia o primeiro reino independente de Europa, máis adiante, este reino será anexionado polos visigodos. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a viquingos, bretóns e fenicios.

Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica, mediante incursións bélicas dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo. A repartición do antigo reino Visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Maghreb máis caucásico, así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o cristianismo faise un trazo diferenciador que dá forzas á reconquista.

Galicia, ao igual ca outros territorios da Península Ibérica, tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade xudía, principalmente na zona de Ribadavia e Ourense. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa, grazas ao camiño de Santiago.

Cultural e lingüisticamente as comarcas españolas do Bierzo (Castela e León) e o Eo-Navia (Asturias) son análogas a Galicia. Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindeiras portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións.

A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos europeos, que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia, coa cultura da poboación nativa.