María Antonia Dans: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Estableceuse ligazón interna a unha entrada de nova creación.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse a cita que se requiría e eliminouse o requirimento.
Liña 1: Liña 1:
'''María Antonia Dans Boado''', nada en [[1922]]{{Cómpre referencia}} en [[Oza dos Ríos]] ([[provincia da Coruña|A Coruña]]) e finada o [[17 de febreiro]] de [[1988]] en [[Madrid]],<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/Fallece/pintora/gallega/Maria/Antonia/Dans/elpepicul/19880217elpepicul_6/Tes/ ''El Pais, Fallece la pintora gallega María Antonia Dans'', 17 de febreiro de 1988 {{es}}.]</ref> foi unha pintora galega.
'''María Antonia Dans Boado''', nada en [[1922]] en [[Oza dos Ríos]] ([[provincia da Coruña|A Coruña]])<ref>"[http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=10 María Antonia Dans: unha pintora na busca do Naturalismo]". ''[[Consello da Cultura Galega]]''.</ref> e finada o [[17 de febreiro]] de [[1988]] en [[Madrid]],<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/Fallece/pintora/gallega/Maria/Antonia/Dans/elpepicul/19880217elpepicul_6/Tes/ ''El Pais, Fallece la pintora gallega María Antonia Dans'', 17 de febreiro de 1988 {{es}}.]</ref> foi unha pintora galega.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 28 de setembro de 2016 ás 11:02

María Antonia Dans Boado, nada en 1922 en Oza dos Ríos (A Coruña)[1] e finada o 17 de febreiro de 1988 en Madrid,[2] foi unha pintora galega.

Traxectoria

Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, a principios dos cincuenta trasládase a Madrid, onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando.

Comezou a expor en 1950 na Coruña; en Madrid fíxoo por primeira vez en 1953. Desde entón a súa obra percorreu toda España e numerosos países estranxeiros xa que a invitou o Goberno español a importantes mostras colectivas, especialmente a París, onde se lle concedeu a medalla da vila, e no museo de Arte Contemporánea obtivo esa máxima distinción.

Tamén acudiu ao premio da Fundación March, obtivo bolsas de viaxe dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Educación Nacional, así como premios e medallas das Deputacións e Concellos de Córdoba, Badaxoz, Alacant etc.

A súa obra esténdese por numerosos paradores de turismo e máis edificios oficiais e públicos. Está representada no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, en todos os de Galiza e nun bo número de provincias de España. A pintura de María Antonia Dans, ás veces cualificada de "naif" é, en realidade, un neoexpresionismo de raíz deliberadamente inxenuista, emparentable cos modos de bordado popular. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo, o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.

Vida persoal

Casou co xornalista Celso Collazo Lema en Madrid en 1952. É nai da actriz Rosalía Dans.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Areán, Carlos-Antonio: Joven figuración en España. Madrid, Publicaciones Españolas, 1964.
  • Campoy, A. M.: Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1973.
  • Bustamante, Juby: Mª Antonia Dans. Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia, 1974.
  • Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia 1987.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo 1981.
  • Moreno Galván, Jose María: Introducción a la pintura española actual. Madrid, Publicaciones españolas 1960.
  • Gaya Nuño, J. A.: La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1970.
  • Pablos, Francisco: Colección Adriano Marques de Magallanes. Vigo, Concello de Vigo, 1992.

Ligazóns externas