Sueste asiático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
brahmanas
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambiei "invasión" por "introdución" porque "invasión" ten un contido de "pola forza, prexudicial, sen permiso..." http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=invadir
Liña 10: Liña 10:
O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: [[China]] e [[India]]. Deles houbo influencias de tipo [[cultura]]l, [[Lingua|lingüístico]], [[Relixión|relixioso]] e [[Política|político]] que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.
O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: [[China]] e [[India]]. Deles houbo influencias de tipo [[cultura]]l, [[Lingua|lingüístico]], [[Relixión|relixioso]] e [[Política|político]] que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.


Cara ao [[século I]] toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos brahmanas. Tales pobos trouxeron consigo o [[hinduísmo]] e moldearon as linguas primitivas cun grande aporte do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o [[século XV]], cando na península [[Indochina|Indochinesa]] se introduciu o [[budismo]] de Theravada desde [[Sri Lanca]] e nas illas comezou a invasión do [[Islam]]. Os séculos [[XVII]] e [[XVIII]] viron tamén a chegada do [[colonialismo]]. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi [[Tailandia]] (antiga [[Siam]]).
Cara ao [[século I]] toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos brahmanas. Tales pobos trouxeron consigo o [[hinduísmo]] e moldearon as linguas primitivas cun grande aporte do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o [[século XV]], cando na península [[Indochina|Indochinesa]] se introduciu o [[budismo]] de Theravada desde [[Sri Lanca]] e nas illas comezou a introdución do [[Islam]]. Os séculos [[XVII]] e [[XVIII]] viron tamén a chegada do [[colonialismo]]. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi [[Tailandia]] (antiga [[Siam]]).


Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de [[Bali]], que formando parte do meirande país musulmán do mundo ([[Indonesia]]), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.
Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de [[Bali]], que formando parte do meirande país musulmán do mundo ([[Indonesia]]), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.

Revisión como estaba o 22 de setembro de 2016 ás 07:36

Sueste asiático

O sueste asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente, e entre os meridianos 30 e 17.

Características

O nome non se comezou a empregar ata o século XX. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas, Indochina e Insulindia, divididas en 11 estados que cobren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.

En total, a superficie do Sueste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano 2004 máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) na illa de Xava (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.

Historia

O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: China e India. Deles houbo influencias de tipo cultural, lingüístico, relixioso e político que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.

Cara ao século I toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos brahmanas. Tales pobos trouxeron consigo o hinduísmo e moldearon as linguas primitivas cun grande aporte do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o século XV, cando na península Indochinesa se introduciu o budismo de Theravada desde Sri Lanca e nas illas comezou a introdución do Islam. Os séculos XVII e XVIII viron tamén a chegada do colonialismo. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi Tailandia (antiga Siam).

Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de Bali, que formando parte do meirande país musulmán do mundo (Indonesia), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.

Véxase tamén

Outros artigos