Uagadugú: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m /* Clima /amaño ligazón
Liña 44: Liña 44:


== Clima ==
== Clima ==
O clima de Uagadugú é bastante cálido. A cidade forma parte da área [[Deserto do Sahel|saheliana]], cunha pluviosidade media de 750 mm anuais. A estación chuviosa abrangue de maio a outubro, cunha media de temperaturas de 30 °C. A estación fría vai de decembro a xaneiro, atinxíndose mínimas medias de temperatura de 19 °C. As máximas medias de temperatura danse durante a estación cálida, que vai de abril a maio, podéndose alcanzar os 45 °C. O [[harmattan]] (un vento seco) e máis o [[monzón]], son os factores principais que determinan o clima de Uagadugú.
O clima de Uagadugú é bastante cálido. A cidade forma parte da área [[Sahel|saheliana]], cunha pluviosidade media de 750 mm anuais. A estación chuviosa abrangue de maio a outubro, cunha media de temperaturas de 30 °C. A estación fría vai de decembro a xaneiro, atinxíndose mínimas medias de temperatura de 19 °C. As máximas medias de temperatura danse durante a estación cálida, que vai de abril a maio, podéndose alcanzar os 45 °C. O [[harmattan]] (un vento seco) e máis o [[monzón]], son os factores principais que determinan o clima de Uagadugú.


== Turismo ==
== Turismo ==

Revisión como estaba o 21 de setembro de 2016 ás 17:29

Coordenadas: 12°21′26″N 1°32′7″O / 12.35722, -1.53528 Modelo:Cidade

Uagadugú[1] ou Ouagadougou á maneira francesa, denominada coloquialmente Uagá ou Ouaga, é a capital de Burkina Faso, sendo á vez a maior cidade do país, cunha poboación de 1,2 millóns de habitantes (2005), e aínda o centro cultural, económico e administrativo. Os habitantes de Ouagadougou son os Ouagalais (máis ou menos uagalé) ou Ouagavillois (uagavilluá).

A denominación orixinaria da cidade é «Woogrtenga» e «Wogodogo», que significa «aló onde se recibe honra, respecto».

Historia

Place des Nations Unies no centro de Uagadugú.

Uagadugú era o nome dun Estado fundado no século XI, do cal era capital Kombemtinga. Esta mesma cidade foi a capital do reino Mossi en 1441, sendo a residencia permanente do Mogho Naba (rei ou emperador dos Mosse ou Mossi), que estaba no barrio de Samandin.

En 1919, durante a colonización francesa, o reino Mossi foi reagrupado con outros tres reinos, para formar a colonia do Alto Volta (Haute-Volta). Naquela altura a cidade de Kombemtinga foi rebautizada como Ouagadougou.

Tornouse capital da república do Alto Volta (Haute-Volta) en 1960, cando o país obtivo a independencia.

Clima

O clima de Uagadugú é bastante cálido. A cidade forma parte da área saheliana, cunha pluviosidade media de 750 mm anuais. A estación chuviosa abrangue de maio a outubro, cunha media de temperaturas de 30 °C. A estación fría vai de decembro a xaneiro, atinxíndose mínimas medias de temperatura de 19 °C. As máximas medias de temperatura danse durante a estación cálida, que vai de abril a maio, podéndose alcanzar os 45 °C. O harmattan (un vento seco) e máis o monzón, son os factores principais que determinan o clima de Uagadugú.

Turismo

Uagadugú dispón de ofertas culturais para nativos e visitantes. Cómpre destacar:

Museos

  • Museo de Kadiogo
  • Museo Etnográfico
  • Museo da Música

Monumentos de interese

  • Gran Mesquita
  • Catedral
  • Pazo dos Mogho Naba
  • Monumento dos Cineastas
  • Monumento aos Heroes Nacionais (en construción)

Comunicacións

Está unida ao porto de Abidjan, en Costa de Marfil, por ferrocarril. Posúe un aeroporto internacional.

Notas

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 

Véxase tamén

Ligazóns externas