Orde de Malta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *ordea e máis cousas
Liña 3: Liña 3:
[[Ficheiro:Insignia_Malta_Order_Sovereign_Military_Order_of_Malta.svg|miniatura|Orde de Malta]]
[[Ficheiro:Insignia_Malta_Order_Sovereign_Military_Order_of_Malta.svg|miniatura|Orde de Malta]]
[[Ficheiro:Hospital de Portomarin.JPG|miniatura|250px|Inscrición fundacional, en galego, do hospital da orde de San Xoán de [[Portomarín]] ([[1521]]).]]
[[Ficheiro:Hospital de Portomarin.JPG|miniatura|250px|Inscrición fundacional, en galego, do hospital da orde de San Xoán de [[Portomarín]] ([[1521]]).]]
A '''Orde de Malta''', tamén coñecida como '''Orde de San Xoán de Xerusalén''' ou '''Orde dos Hospitalarios''', oficialmente '''Soberana Militar Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta''' é unha orde [[catolicismo|católica]] que reclama soberanía nacional e que ten status de observador permanente na [[ONU]] e considérase sucesora directa da orde medival dos Cabaleiros Hospitalarios. A Orde de Malta mantén relacións diplomáticas formais con 94 estados e ten a súa sede en [[Roma]] baixo a dirección dun [[Gran Mestre]].
A '''Orde de Malta''', tamén coñecida como '''Orde de San Xoán de Xerusalén''' ou '''Orde dos Hospitalarios''', oficialmente '''Soberana Militar Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta''', é unha orde [[catolicismo|católica]] que reclama soberanía nacional e que ten status de observador permanente na [[ONU]] e considérase sucesora directa da orde medieval dos Cabaleiros Hospitalarios. A Orde de Malta mantén relacións diplomáticas formais con 94 estados e ten a súa sede en [[Roma]] baixo a dirección dun [[Gran Mestre]].


== Historia ==
== Historia ==
A orixe da orde está no permiso que lle deron as autoridades musulmás de [[Palestina]] para que os comerciantes de [[Amalfi]] puideran reconstruír un antigo hospicio en [[Xerusalén]] para albergar peregrinos cristiáns, tras a primeira cruzada, o reitor do hospital, de nome Xerardo concibiu o establecemento dunha institución que se encargase da defensa dos peregrinos. O papa [[Pascual II]] recoñeceu a orde como irmandade hospitalaria en [[1113]], construíuse o primeiro hospital preto da [[Igrexa do Santo Sepulcro]] e comezou a dar escolta armada ao peregrinos, que medrou ata converterse nunha auténtica forza militar.
A orixe da orde está no permiso que lle deron as autoridades musulmás de [[Palestina]] para que os comerciantes de [[Amalfi]] puideran reconstruír un antigo hospital en [[Xerusalén]] para albergar peregrinos cristiáns. Tras a primeira cruzada, o reitor do hospital, de nome Xerardo, concibiu o establecemento dunha institución que se encargase da defensa dos peregrinos. O papa [[Pascual II]] recoñeceu a orde como irmandade hospitalaria en [[1113]], construíuse o primeiro hospital preto da [[Igrexa do Santo Sepulcro]] e comezou a dar escolta armada ao peregrinos, medrando ata converterse nunha auténtica forza militar.

Tralas derrotas fronte a Saladino O reino cristián de Xerusalén a orde embarca cara Europa, onde recibiu doazóns de cabaleiros devotos, aínda que finalmente acantoa os seus efectivos militares en Rodas, alí no século XIV o Papa prohibe a Orde dos Templarios e na mesma bula ordea que os seus bens sexan para a Orde dos Hospitalarios. Nembargantes o Imperio Otomán acaba expulsándoos de Rodas no XV e acabarán residindo en Malta ao ser este arquipélago entregado polo [[Imperio Español]] a esta orde católica xa que é importante a nivel táctico para o control do Mediterráneo contra o perigo otomán e os piratas berberiscos, fronte aos cales a Orde imporá a defensa da illa e fortificando a súa capital de tal forma que resistiu o sitio de Malta no século XVI, ata que [[Napoleón Bonaparte]] a tomou por sorpresa. Coa perda sa súa sede principal o lider vai para Italia para acabar pondo embaixada no [[Vaticano]],xa que apesares das promesas do [[Imperio Británico]] este finalmnete non entregou a illa á orde.
Tralas derrotas fronte a [[Saladino]], a orde embarca cara Europa, onde recibiu doazóns de cabaleiros devotos, aínda que finalmente acantoa os seus efectivos militares en Rodas. Alí, no século XIV, o [[Clemente V, papa|Papa Clemente V]], prohibe a [[Orde do Temple|Orde dos templarios]] e na mesma bula ordena que os seus bens sexan para a Orde dos Hospitalarios. Non obstante, o Imperio Otomán acaba expulsándoos de Rodas no XV e acabarán residindo en [[Malta]] ao ser este arquipélago entregado polo [[Imperio Español]] a esta orde católica, xa que é importante a nivel táctico para o control do [[Mediterráneo]] contra o perigo otomán e os piratas berberiscos, fronte aos cales a Orde imporá a defensa da illa fortificando a súa capital de tal forma que resistiu o sitio de Malta no século XVI, ata que [[Napoleón Bonaparte]] a tomou por sorpresa. Coa perda sa súa sede principal o líder foi a [[Italia]] para acabar pondo embaixada no [[Vaticano]] xa que, a pesar das promesas do [[Imperio Británico]], este finalmente non entregou a illa á orde.
==A orde dos cabaleiros hospitalarios en Galicia==

Esta orde entrou en Galicia no século XIII, obtivo ao pouco tódalas terras e membros da [[Orde dos Templarios]] ao seren prohibidos, así recibiu as terras de [[Carballeda de Avia]](onde o cruceiro fronte á igrexa ten unha cruz de Malta baixo o crucificado) e [[Pazos de Arenteiro]]. Fundaron varios hospitais ao longo do país nos que aínda se conserva o topónimo de [[O Hospital]] onde fornecían de coidados a peregrinos do Camiño de Santiago (tanto no camiño francés coma nos outros camiños) e cobraban a srendas qe lles correspondían como señores feudais do lugar.
==A Orde dos cabaleiros hospitalarios en Galicia==
A Orde entrou en [[Galicia]] no século XIII e obtivo ao pouco tódalas terras e membros da [[Orde dos Templarios]] ao seren prohibidos. Así recibiu as terras de [[Carballeda de Avia]] (onde o [[cruceiro]] fronte á igrexa ten unha cruz de Malta baixo o crucificado) e [[Pazos de Arenteiro]]. Fundaron varios hospitais ao longo do país nos que aínda se conserva o topónimo de [[O Hospital]], onde fornecían de coidados a peregrinos do [[Camiño de Santiago]] (tanto no [[Camiño francés]] coma nos outros Camiños) e cobraban as rendas qu lles correspondían como señores feudais do lugar.


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===

Revisión como estaba o 21 de setembro de 2016 ás 12:44

Orde de Malta
Inscrición fundacional, en galego, do hospital da orde de San Xoán de Portomarín (1521).

A Orde de Malta, tamén coñecida como Orde de San Xoán de Xerusalén ou Orde dos Hospitalarios, oficialmente Soberana Militar Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta, é unha orde católica que reclama soberanía nacional e que ten status de observador permanente na ONU e considérase sucesora directa da orde medieval dos Cabaleiros Hospitalarios. A Orde de Malta mantén relacións diplomáticas formais con 94 estados e ten a súa sede en Roma baixo a dirección dun Gran Mestre.

Historia

A orixe da orde está no permiso que lle deron as autoridades musulmás de Palestina para que os comerciantes de Amalfi puideran reconstruír un antigo hospital en Xerusalén para albergar peregrinos cristiáns. Tras a primeira cruzada, o reitor do hospital, de nome Xerardo, concibiu o establecemento dunha institución que se encargase da defensa dos peregrinos. O papa Pascual II recoñeceu a orde como irmandade hospitalaria en 1113, construíuse o primeiro hospital preto da Igrexa do Santo Sepulcro e comezou a dar escolta armada ao peregrinos, medrando ata converterse nunha auténtica forza militar.

Tralas derrotas fronte a Saladino, a orde embarca cara Europa, onde recibiu doazóns de cabaleiros devotos, aínda que finalmente acantoa os seus efectivos militares en Rodas. Alí, no século XIV, o Papa Clemente V, prohibe a Orde dos templarios e na mesma bula ordena que os seus bens sexan para a Orde dos Hospitalarios. Non obstante, o Imperio Otomán acaba expulsándoos de Rodas no XV e acabarán residindo en Malta ao ser este arquipélago entregado polo Imperio Español a esta orde católica, xa que é importante a nivel táctico para o control do Mediterráneo contra o perigo otomán e os piratas berberiscos, fronte aos cales a Orde imporá a defensa da illa fortificando a súa capital de tal forma que resistiu o sitio de Malta no século XVI, ata que Napoleón Bonaparte a tomou por sorpresa. Coa perda sa súa sede principal o líder foi a Italia para acabar pondo embaixada no Vaticano xa que, a pesar das promesas do Imperio Británico, este finalmente non entregou a illa á orde.

A Orde dos cabaleiros hospitalarios en Galicia

A Orde entrou en Galicia no século XIII e obtivo ao pouco tódalas terras e membros da Orde dos Templarios ao seren prohibidos. Así recibiu as terras de Carballeda de Avia (onde o cruceiro fronte á igrexa ten unha cruz de Malta baixo o crucificado) e Pazos de Arenteiro. Fundaron varios hospitais ao longo do país nos que aínda se conserva o topónimo de O Hospital, onde fornecían de coidados a peregrinos do Camiño de Santiago (tanto no Camiño francés coma nos outros Camiños) e cobraban as rendas qu lles correspondían como señores feudais do lugar.

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.