Osama bin Laden: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
m elimino a Categoría:Asasinatos mediante HotCat
Liña 18: Liña 18:
[[Categoría:Nados en 1957]]
[[Categoría:Nados en 1957]]
[[Categoría:Finados en 2011]]
[[Categoría:Finados en 2011]]
[[Categoría:Asasinatos]]

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2016 ás 22:27

Ficheiro:Latest portrait of Osama bin Laden-2.jpg
Osama bin Laden.

Osama bin Mohammed bin Awad bin Laden (en árabe, أسامة بن محمد بن عوض بن لادن, ʾUsāmah bin Muḥammad bin ʿAwaḍ bin Lādin), nado o 10 de marzo de 1957 en Riad e falecido o 2 de maio[1][2] de 2011 en Abbottabad (Paquistán), coñecido como Osama bin Laden, foi un multimillonario saudí considerado o fundador e a cabeza de al Qaida, unha organización terrorista islamista sunní que está involucrada en ataques contra obxectivos civís e militares en todo o mundo. O goberno dos Estados Unidos indicou a bin Laden o planificador dos ataques do 11 de setembro de 2001.

Procedía dunha rica familia saudita orixinaria do Iemen. En 1984 creou Maktab al-Khadamat, unha organización que posibelmente contou coa axuda financeira dos Estados Unidos, Arabia Saudita e Paquistán durante a guerra fría para loitar contra dos soviéticos en Afganistán. En 1988 organiza al-Qaeda, e tras a invasión de Quvait por Iraq en 1990 ofreceu axuda a Arabia Saudita para a súa defensa. Ao se negar o goberno saudita, bin Laden denuncia a presenza norteamericana e pide a saída das tropas estranxeiras do país.

O 2 de maio de 2011 o presidente dos EE.UU. Barack Obama anunciou que o líder de Al Qaida Osama bin Laden morrera nunha operación militar realizada por forzas especiais do exército dos EE.UU. nun luxoso complexo residencial preto da cidade de Abbottabad onde estaba agachado coa súa familia.

Notas