Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
*Os artigos deben basearse en [[Fonte secundaria|fontes secundarias]] de ser posible. Por exemplo, un artigo de crítica, monográfico ou libro de texto é mellor que un artigo de investigación primario. Cando se empreguen fontes primarias debe terse moito coidado. Os wikipedistas non deben interpretar o contido das fontes primarias por si mesmos. Véxase [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria]] e [[Wikipedia:Punto de vista neutral]].
* Os materiais de tipo artigo, libro, monográfico ou investigación, que estean aprobados pola comunidade académica, considéranse fontes fiables, cando o material estea publicado por fontes reputables e revisadas, ou por imprentas académicas ben consideradas.
*As disertacións completas ou teses escritas, dispoñibles publicamente, poden empregarse pero con precaución, xa que moitas delas adoitan ser, totalmente ou en parte, fontes primarias. Algunhas destas terán pasado un proceso de revisión académica, de distintos niveles de rigor, pero outras non. De ser posible empregueemprega teses que teñan sido citadas por outras fontes, supervisadas por especialistas recoñecidos no campo en cuestión, ou revisadas por terceiras partes. As disertacións que se atopen en progreso non están revisadas e non se consideran publicadas, polo que por norma non constitúen fontes fiables por norma. Algunhas teses publícanse posteriormente en forma de monográficos académicos ou artigos revisados, e de estar dispoñibles son preferibles ás mesmas teses orixinais coma fontes.
*Pode confirmarse a validez dentro do discurso académico dunha fonte revisando as citacións académicas que teña recibido, mediante os [[índice de citacións|índices de citación]]. Coma corolario disto, as publicacións non incluídas en índices de citacións, especialmente en campos ben cubertos por ditos índices, deben empregarse con precaución, sempre dependendo do contexto particular.
*Os estudios illados considéranse xeralmente tentativos e poden variar tras posterior investigación académica. Se o estudio illado é unha fonte primaria, non debería empregarse se existen fontes secundarias que traten o mesmo contido. A fiabilidade dun estudio individual depende do propio campo de estudio. Os estudios en campos complexos, coma por exemplo a [[medicina]], adoitan ser menos definitivos e deberían evitarse na medida do posible. As fontes secundarias, coma meta-análises, libros publicados e artigos revisados academicamente son sempre opcións preferentes ás investigacións primarias.
*TeñaCómpre ter precaución con publicacións de intención promocional para certos puntos de vista. Unha declaración de ter recibido revisión académica non sempre é indicación de que a publicación sexa respectada. As publicacións non revisadas polo conxunto da comunidade académica non se consideran fontes fiables, agás para amosar os puntos de vista dos grupos representados por ditas publicacións.
 
*Algunhas publicacións poden semellar fiables máis non son de calidade e non realizan revisións de contido. Existen publicacións que inclúen calquera material recibido sempre que o autor estea disposto a pagar unha tarifa, ou publicacións de dubidosa reputación que imitan os nomes doutras xa establecidas e fiables.<ref>{{Cita web|url=http://scholarlyoa.com/2012/11/30/criteria-for-determining-predatory-open-access-publishers-2nd-edition/|título=Criteria for Determining Predatory Open-Access Publishers|edición=2ª|páxina-web=Scholarly Open Access|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título=Who's afraid of peer review?|revista=Science|data=4 de outubro de 2013|volume=342|número=6154|páxinas=60&ndash;65|doi=10.1126/science.342.6154.60|lingua=en}}</ref> A calidade dunha publicación pode comprobarse revisando as acreditacións da súa xunta editorial e confirmando a súa inclusión nos índices de citacións relevantes.

Menú de navegación