Vea cava superior: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
m →‎top: Arranxos varios, replaced: tiroidea → tiroide
Liña 21: Liña 21:
* Veas xugulares anteriores
* Veas xugulares anteriores
* Veas mamarias internas. A estas chegan as veas xugulares externas
* Veas mamarias internas. A estas chegan as veas xugulares externas
* Veas tiroideas inferiores
* Veas tiroides inferiores
* Veas vertebrais
* Veas vertebrais



Revisión como estaba o 19 de setembro de 2016 ás 22:05

Vea cava superior
Vea cava superior (na parte superior)
Veas
Latín vena cava superior (TA)
Sitio(s) drenado(s) cabeza
pescozo
membros superiores
tórax (excepto pulmóns e corazón)
Orixe vea braquiocefálica dereita
vea braquiocefálica esquerda
Drena en aurícula dereita
Precursor common cardinal veins
MeSH A07.231.908.949.815

A vea cava superior é unha vea humana curta, pero moi grosa. Fórmase pola unión dos troncos braquiocefálicos venosos esquerdo e dereito. O seu traxecto é curto e pronto chega ao corazón, máis concretamente á aurícula dereita. Porta o sangue do pescozo, cabeza e membros superiores, que provén dos troncos braquiocefálicos e das súas tributarias. Ademais de recibir o sangue das zonas superiores, recibe o sangue da vea ácigos, que recolle o sangue do hemitórax esquerdo. Esta vea ten a particularidade de facer un arco antes de desembocar na cava superior. Tamén pode chegarlle sangue venoso do hemitórax esquerdo, a través da vea hemiácigos. Esta última conexión é inconstante, xa que a hemiácigos pode non aparecer ou pode desembocar noutras veas.

En definitiva, a cava superior recolle o sangue de:

  • Veas xugulares internas
  • Veas xugulares anteriores
  • Veas mamarias internas. A estas chegan as veas xugulares externas
  • Veas tiroides inferiores
  • Veas vertebrais

Relacións da cava superior

Véxase tamén

Outros artigos