Flèche: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Realización: Pé (anatomía)
m →‎Notas: Véxase tamén
Liña 12: Liña 12:
==Notas==
==Notas==
{{Listaref}}
{{Listaref}}
==Véxase tamén==

{{Commonscat}}

[[Categoría:Esgrima]]
[[Categoría:Esgrima]]

Revisión como estaba o 19 de setembro de 2016 ás 02:22

Rubén Limardo ataca a Ulrich Robeiri (esquerda) cunha flèche (2012)
Fabian Kauter (dereita) toca a Diego Confalonieri (esquerda) cun ataque de flèche (2012)

En esgrima denomínase flèche (frecha) a unha técnica de ataque agresiva que implica velocidade e un elemento de sopresa. Só se permite en espada e florete, estando prohibida en sabre.

Realización

Nunha flèche, o tirador transfire o seu peso cara á parte dianteira dos seus pés e asemade comeza a estirar o seu brazo armado. Coa perna estendida iníciase o ataque pero é o metatarso do pé máis preto do opoñente co que se dá o pulo explosivo preciso para achegar o tirador ao seu opoñente.[1] De seguido lévase a arma, o brazo e o ombreiro cara a adiante, levantando o pé traseiro ao tempo que se cruza a perna de adiante aterrando o outro pé coa perna flexionada por diante, é xusto no intre que están as dúas pernas no aire que se ha realizar o toque. En florete, o ataque considérase rematado cando o pé traseiro aterra, e o opoñente pode responder iniciando un ataque.

Despois de intentar o toque, o tirador continúa a moverse cara a adiante, facendo retroceder ao seu opoñente para evita a riposte ou un contraataque. Se o tirador é o suficientemente rápido o opoñente xeralmente só ten unha oportunidade para tocalo. As regras impiden o contacto corporal co opoñente en florete, a infracción desa regra pode levar a un aviso, a concesión dun toque ao opoñente e/ou a expulsión da competición.[2] En espada, o contacto tan só resulta nunha parada da competición sen penalización, agás que se realizara con empurramento, brutalidade ou para impedir o toque.

Notas

  1. Garret, Maxwell R. and Mary Heinecke Poulson. Foil Fencing. University Park: Pennsylvania State UP, 1981, p. 49.
  2. Garret, ob.cit. 1981

Véxase tamén