Diada de Cataluña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Liña 14: Liña 14:
e no artigo 8.3, que establece:
e no artigo 8.3, que establece:


{{Cita|''A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro''}}.
{{Cita|''A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro.''}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2016 ás 07:45

Ofrendas durante a Diada

A Diada Nacional de Cataluña ou Diada do Once de Setembro (en catalán: Diada de l'Onze de Setembre) é a festa nacional de Cataluña, que ten lugar cada 11 de setembro.

Historia

Este día conmemórase a caída de Barcelona despois de meses de asedio en 1714 perante o duque de Berwick durante a Guerra de Sucesión na que os Borbón, co seu candidato, o futuro Filipe V, e a casa dos Austrias, co arquiduque Carlos, loitaban para se faceren coa coroa de España.

Coa vitoria da dinastía dos Borbón, implántase un sistema político uniforme, derrogándose os privilexios nobiliarios e os sistemas legais provenientes dos diferentes reinos medievais que formaban a España da época. Por iso, o 11 de setembro tamén se lembra a conseguinte abolición das institucións catalás rexidas pola dinastía dos Austrias.

Institucionalización

O Parlamento de Cataluña, no ano 1980, declarou institucionalmente o 11 de setembro como festa nacional de Cataluña. Así fica recollido no artigo 8.1 do Estatuto de Autonomía de 2006, onde se declara:

Cataluña, definida como nacionalidade no artigo 1, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno.

e no artigo 8.3, que establece:

A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro.

Véxase tamén

Ligazóns externas