Modesto Brocos: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
| datanacemento = 9 de febreiro de 1852 |
| datanacemento = 9 de febreiro de 1852 |
||
| lugarnacemento= [[Santiago de Compostela]] |
| lugarnacemento= [[Santiago de Compostela]] |
||
| datamorte = 28 de novembro de 1936 |
| datamorte = 28 de novembro de 1936 <sup>84 anos</sup> |
||
| lugarmorte = [[Río de Janeiro]] |
| lugarmorte = [[Río de Janeiro]] |
||
| nacionalidade = |
| nacionalidade = |
Revisión como estaba o 15 de setembro de 2016 ás 21:18
Modesto Brocos Gómez | |
---|---|
Autorretrato. | |
Nacemento | 9 de febreiro de 1852 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 28 de novembro de 1936 |
Río de Xaneiro | |
Nacionalidade | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1852 e finado en Río de Janeiro o 28 de novembro de 1936, foi un pintor galego-brasileiro.
Traxectoria
Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba en Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.
En 1875, inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.
De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.
Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Modesto Brocos y Gómez.
-
Olevano, 1899. Pinacoteca do Estado de São Paulo.
-
Camponesa. Pinacoteca do Estado de São Paulo.
-
Gravado do emperador Pedro II do Brasil
-
Retrato de Rosalía.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Modesto Brocos |
Bibliografía
- José Roberto Teixeira Leite: Pintores espanhois no Brasil, São Paulo, Espaço Cultural Sérgio Barcellos, 1996 (en portugués).